Escornabots
FORMAS E CORES
Imos reforzar as formas xeométricas e as cores no alumnado de Infantil A.
Primeiro, elaboramos un taboleiro no que aparecen as formas xeométricas combinadas coas cores que queremos traballar e dous dados; un coas formas e outro coas cores
Esta actividade consiste en combinar formas e cores ao azar, tirando os dados específicos. Así que por quendas, dous nenos tiran cada un o seu dado.
O xogador ao que lle toca dirixir o escornabot deberá atopar a combinación dos dados no taboleiro e dirixir a ela o robot.
DÁNDOLLE VOLTAS ÁS LETRAS 3D
Do curso de formación en impresión 3D que fixemos os profesores, quedáronnos as letras que forman o nome do noso colexio.
Agora os nenos e nenas de Educación Infantil aproveitánnas para darlle voltas as cabeciñas e formar novas palabras.
Cun pouco de concentración xa empezan a sair palabras e como somos un centro plurilingüe tanto saen en castelán como en galego ou inglés.
CURSO: Alfabetización en linguaxes de programación (31/1/2017)
Seguindo co curso do PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) que estamos a desenvolver no centro; esta xornada de formación está adicada á impresión 3D: programación, funcionamento e uso didáctico.
Nesta última sesión, coñecemos de primeira man o traballo cunha impresora en 3D. Unha ferramenta moi interesante para o futuro.
Clickando na seguinte imaxe podes ver un vídeo resumo da impresión dunha peza para os carritos do supermercado.
Ademáis, desta sesión de traballo quedáronnos de recordo as letras que forman o nome do noso centro.
CREANDO HISTORIAS CO ESCORNABOT (24/01/2017)
Esta actividade é unha das que nos propuxeron no curso de escornabots en Santiago.
Ten como base un taboleiro específico con casillas de personaxe, lugar, acción ou obxecto ademais de dúas especiais: unha para comezar a historia "Érase unha vez..." e outra para rematar "E colorín, colorado, esté conto está rematado".
Os xogadores van tirando os dados e inventando unha historia utilizando as palabras que lles toquen nas tarxetas correspondentes ata que un consegue rematar a historia levando o escornabot ata a casilla final. POÑEDE O MAXÍN A FUNCIONAR!!
SUMAS E RESTAS CO ESCORNABOT
Para practicar as sumas e restas en 1º e 2º de Primaria, temos unhas cartas matemáticas con estas operacións; pero agora queremos ir un paso máis aló e utilizar tamén os escornabots.
Necesitaremos un taboleiro cos números do 1 ao 9 posibles resultados destas operacións, un dado cos signos de sumar e restar, as cartas matemáticas, o escornabot e varios escornapuntos.
Despois de determinar o número de roldas que terá o xogo; o alumno/a co turno tira o dado de operacións e según a operación que salga colle unha carta do montón correspondente.
Despois de facer a operación ten que dirixir o escornabot ao número que represente a solución. Se o fai ben gaña un escornapunto.
Gaña o xogo aquel alumno/a que ao terminar as roldas acordadas teña máis escornapuntos.
PRACTICANDO A LECTURA (17/01/2017)
Unha forma divertida de mellorar a lectura é xogar cos Escornabot.
Neste xogo o que hai que facer é tirar os dados e programar o escornabot con tantos movementos como puntos conseguidos.
En cada casilla hai unha palabra con certa dificultade lectora, como por exemplo sílabas trabadas.
Se o xogador ou xogadora le correctamente a palabra, quédase con ela a modo de punto e colócase unha nova; se non, pasa o turno ao seguinte xogador/a.
Gaña o xogador/a; que ao final do xogo teña máis palabras no seu poder.