2016/2017
FELICITACIÓN NAVIDEÑA
LA NAVIDAD DE LOS NÚMEROS - BIBLIOAXUDANTES 2016
O equipo de Biblioaxudantes deste curso, ven de representar para o resto de alumnado de Primaria a obra de teatro "La navidad de los números".
Unha obra moi divertida que aos alumnos e alumnas lles encantou.
Podedes ver algunhas imaxes desta actuación na
POSTAIS DE NADAL
ÁRBORE DE NADAL
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25/11/2016)
Desde o Equipo de Biblioteca, cremos que a nosa biblioteca non pode ignorar esta problemática; por iso quixemos loitar contra ela implicando ao alumnado nun desafío moi actual.
VII XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA (17 e 18 - Novembro)
Este ano, a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia contou co noso centro para a organización dunha ponencia nas VII Xornadas de Bibliotecas Escolares; concretamente na parte referida a Experiencias salientables no tratamento de distintos ámbitos de actuación na Biblioteca Escolar.
Nestas xornadas, que foron inauguradas conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, participaron máis dun milleiro de mestres.
Para nós é un orgullo esta elección xa que recoñece a nosa labor e o noso traballo durante os últimos anos; unha labor que está dando froitos tanto no ámbito académico onde o alumnado está a obter mellores resultados; como noutros ámbitos externos ao centro onde os alumnos e alumnas acadaron varios premios a nivel provinvial e nacional.
Para min, como mestra encargada do Equipo de Biblioteca, foi unha honra representar ao colexio e compartir o noso traballo ante mestres de toda Galicia.
A biblioteca día a día: actividades e recursos foi o título da ponencia. Podedes ver a presentación que serviu de guión no seguinte prezi.
Para rematar, desde o Equipo queremos dar grazas a todas as persoas que colaboraron con nós na posta en marcha e no funcionamento deste proxecto de biblioteca:
- aos mestres e mestras provisionais e itinerantes que pasaron polo noso colexio nestes cursos;
- ás familias e á ANPA que sempre que lles pedimos axuda e colaboración, nola conceden;
- ao Concello de Sober sempre disposto a apoiarnos,
- a Julia Fernández Garza, bibiotecaria da BPM de Sober pola súa axuda e polo seu ánimo en momentos de desconcerto
- e as mestras encargadas das Bibliotecas Escolares da nosa zona que levaban máis tempo no PLAMBE e que colaboraron con nós para que a nosa biblioteca formara parte desta rede; destacando o apoio de Celsa Varela e Dora Fernández.
LIBROS QUE VAN E VEÑEN
As mochilas da campaña de Infantil Libros que veñen e van, xa comezaron a viaxar.
Dentro delas, un libro de lectura, un libro viaxeiro e a súa mascota Sonrisitas que tamén viaxa ás casas para aprender cousas novas.
BOA VIAXE!!
XORNADA DE CONVIVENCIA CO CEIP A GÁNDARA E ACTUACIÓN CORO BEREA (17/11/16)
Hoxe tivemos unha visita especial: os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria do CEIP A Gándara coas súas profes.
Viñan de visitar a Rectoral de Gundivós na que Elías lles explicou os segredos da olería e a Escola de Hostelería de Rosende.
Foi un xantar moi divertido no que se puideron coñecer e compartir momentos de xogo.
Despois do xantar, para conmemorar o Día de Santa Cecilia, patroa da música; todos asistimos a un concerto do Coro Berea onde o pasamos de marabilla.
Desde aquí queremos agradecerlle a todos os seus membros así como á súa directora esta actuación desinteresada.
Outros vídeos:
Antes de dar por rematada esta convivencia, foi tempo para o intercambio de agasallos entre as bibliotecas.
O noso alumnado tiña preparado uns marcapáxinas conmemorativos desta data:
E os nenos e nenas de A Gándara trouxéronnos varios xoguetes elaborados con materiais de refugallo e uns libros nos que nos falan sobre eles.
MOITAS GRAZAS POLA VISITA!!
ESTAMOS DESEXANDO QUE SE REPITA, pero mentras tanto
podes recordar todas as imaxes deste día no seguinte enlace
CIENCIA NA BIBLIOTECA (7/11/2016)
Para conmemorar que novembro é o mes da Ciencia na Biblioteca, da man da ANPA puido vir unha científica de Imaxinatia e tivemos unhas sesións de Ciencia na Biblioteca nas que puidemos facer varios experimentos.
Tomamos dúas medidas de fariña
e unha medida de crema corporal.
Amasamos cunhas gotas de colorante alimentario
e xa temos lista a plastilina!!
Botamos leite nun prato ata cubrir o fondo e engadimos 3 gotas de colorante alimentario de diferentes cores.
A continuación, empapamos un bastoncillo das orellas en xabón líquido de fregar os pratos
e tocamos con el as gotas de cores. Que lles pasa? Por que escapan?
Botamos vinagre nunha botella (un pouco menos da metade),
botamos un pouco de bicarbonato dentro dun globo e poñémolo na boca da botella,
deixamos caer o bicarbonato dentro da botella e collemos o globo para que non saia disparado
mentres se produce a reacción e os gases resultantes o inflan.
Pola mesma reacción que no experimento anterior, podemos facer este volcán de lava.
Botan auga, xabó, bicarbonato e colorante nunha botella; cando añadas o vinagre verás como o volcán entra en erupción
SAMAÍN / HALLOWEEN NA BIBLIOTECA (28/10/2016)
Para conmemorar esta festividade, desde a biblioteca propoñemos varias actividades: