Premios

XA RECIBIMOS O NOSO PREMIO

HOXE   RECIBIMOS  O  PREMIO  DO  CONCURSO  DE  CONTOS!!

Mirade que contentos os nenos co seu agasallo:

Na nosa tablet nova xa podemos disfrutar do conto premiado:

 

Aquí tedes aos gañadores coa tarxeta agasallo de 1.500,00 €

 

 

 MOITAS  GRAZAS  A  RECICLÓN!!

 

CERTAME DE DEBUXO E NARRACIÓN: LETRAS GALEGAS

    Este venres fíxose entrega na Biblioteca Municipal de Sober dos premios aos participantes no Certame de Debuxo e narración convocado pola Biblioteca Nodal de Lugo para conmemorar o Día das Letras Galegas.
 
    Esperamos que estes premiados teñan tamén sorte no concurso provincial

RECOÑECEMENTO AOS MELLORES LECTORES

   Os mellores lectores, ou polo menos, os que máis libros en préstamo levaron da nosa biblioteca; recibiron un agasallo.

   Aquí están recollendo os seus premios. Esperamos que o próximo ano sigades lendo tanto ou máis!!!

UN DÍA EN EL BOSQUE

Pues aquí tenemos el resultado del concurso Un bosque de cuento!!!

 
     Orgullosísima de los alumnos de 1º y 2º  y agradecida a todos los que nos habéis votado y dado vuestro apoyo!!

     Agradecida también al jurado que ha decidido que nuestro cuento fuese el ganador del concurso!!

 
 
    De nuevo os dejamos el enlace para que podáis leer el cuento con el que han ganado:  
Un día en el bosque (1º y 2º de Primaria)

 

UN DÍA EN EL BOSQUE

CERTAME DE DEBUXO INFANTIL XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI: ENTREGA DE PREMIOS

    Hoxe, na Casa da Cultura de Sober foi o acto de entrega de premios do Certame de Debuxo Infantil da XXXV Feira do Viño de Sober.

    Neste certame participaron case todos os alumnos e alumnas do noso centro e alumnos e alumnas do CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón.

 

 

   Todos os participantes que recibiron como agasallo unha meleira da alfarería de Gundivós:

 

  
 
 

      Recordamos que a gañadora foi Lisbeth Sánchez Díaz que recolle no seu debuxo o traballo realizado nunha viña durante todo o ano desde a plantación ata a Feira do Viño:

 

 

     O resto dos debuxos podedes recordalos no libro dixital adxunto e na foto tedes os debuxos dos alumnos e alumnas de Ferreira de Pantón.

 XXXV FEIRA DO VIÑO 

 

 

 

 

CERTAME DE DEBUXO INFANTIL XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

27/03/2015 12:06
Europe/Madrid

Entrega dos premios do Certame de Debuxo Infantil da XXXV Feira do Viño de Sober.

 

HORA: 12:00 horas

LUGAR: Casa da Cultura de Sober

CERTAME DE DEBUXO INFANTIL XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

COMPARTIMOS  A  NOTICIA  DO  CONCELLO  DE  SOBER:   

     A soberina Lisbeth Sánchez Díaz é a gañadora do I Certame de Debuxo Infantil da XXXV Feira do Viño de Amandi cun traballo sobre "O cultivo da vide na Ribeira Sacra".

    O Concello de Sober empregará a imaxe para imprimir 10.000 adhesivos que entregará a fin de semana da Feira.

     A gañadora ten 11 anos, é de Soutonovo, Anllo Santo Estevo, e estuda no CEIP Virxe do Carme de Sober.

PARABÉNS  PARA  A  NOSA  ALUMNA!!

 

El Progreso, 7/03/2015

La Voz de Galicia, 7/03/2015

II CERTAME MULLERES DE LEMOS: MARÍA CASTAÑA

Para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; organiza por segundo ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
 
O Certame deste ano estará dedicado a María Castaña como líder da revolta medieval que se produciu en Cereixa (A Pobra de Brollón) para protestar polos impostos que demandaba a Igrexa aos campesiños.
 
 
As actividades que levaremos a cabo serán as seguintes:
 
 
-      O obradoiro “María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo” nos centros educativos públicos e concertados da nosa comarca. Esta actividade desenvolverase en colaboración co CIM (Centro de Información á Muller) de Monforte de Lemos e constará por unha banda, nun traballo de reflexión sobre a vida das mulleres no século XIV: os roles que tiñan e a falta de dereitos que padecían simplemente por ser mulleres e, por outra banda, na elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión a través da vida de María Castaña.
 
 
-     II Certame Mulleres de Lemos modalidade Banda Deseñada. Para a poboación de Secundaria e Bacharelato (de 12 a 18 anos) na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e creativo en branco e negro que plasme a historia de María Castaña (extensión de 2 a 4 páxinas).
 
 

       -      II Certame Mulleres de Lemos modalidade Divulgación. Esta modalidade está destinada a maiores de 18 anos que en calquera xénero literario presenten un traballo sobre a protagonista do certame (extensión de 10 a 25 páxinas a dobre espazo, tamaño de letra 12).

CERTAME DE DEBUXO INFANTIL XXXV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

    Xa están presentados na Biblioteca Municipal de Sober os debuxos que os alumnos e alumnas fixeron para participar no Certame de Debuxo da XXXV Feira do Viño de Sober.

    Facendo clicl no seguinte libro dixital podedes ver o nome do alumnado participante e comprobar o fermosos que son os seus debuxos.

MOITA  SORTE  PARA  TODOS!!

XXXV FEIRA DO VIÑO

Distribuir contido