Música
A LINGUA A P(L)ACER
No marco das actividades realizadas para conmemorar o Día do Libro contamos no centro coa compañía de teatro infantil 'A trastenda dos contos' que representou 'A lingua a p(l)hacer'.
Esta actividade chega dende o ciclo Cultura no Camiño, que patrocina nun 50% a Xunta de Galicia a través do AGADIC, e no outro 50 % o Concello de Sober.
Nesta actividade, Caxoto, o gran director da Orquestra Poli-afónica de Santiago de Con-pistolas contounos a historia de Sabela; unha nena que quería aprender a tocar un instrumento pero non sabía cal. A través desta nena e deste conto; puidemos coñecer moitos instrumentos musicais.
Esta actividade, foi noticia nos xornais da nosa comarca:
A VOZ DE GALICIA:
O PROGRESO
A continuación podedes ver varios momentos desta sesión nos seguintes vídeos:
1. A orquestra poli-afónica formada polos nosos nenos:
2. A saia da Carolina interpretada con diferentes instrumentos:
- O birimbao:
- A ocarina:
- A frauta de nariz
3. Aquí tedes un par de vídeos sobre as castañolas:
4. Escoitamos un novo instrumento: a gaita
Máis vídeos estarán dispoñibles proximamente
CANTOS ANIMALES - Susa Herrera
Achégase o día do libro, e para celebralo teremos varias actividades na biblioteca.
A primeira é a presentación do libro "Cantos animales" de Susa Herrera.
Tivemos a sorte de contar nesta presentación coa presenza da autora á que os nosos nenos e nenas puideron preguntar todo o que quixeron. Ademais ela ensinounos algunhas das cancións que compuxo para este libro de animais.
Ao final da sesión Susa Herrera adicounos os seus libros.
A súa visita foi recollida no xornal O Progreso do día 23/04/14
Se queredes comprobar o ben que o pasamos e recordar as cancións aprendidas, podedes ver os seguintes vídeos:
O CROCODILO
O GATIÑO
THE PONY
O ELEFANTE
A XOANIÑA
O OSO PANDA
O CANGREXO
CONCERTO DIDÁCTICO DE PIANO
Hoxe 22 de novembro é Santa Cecilia, patroa dos músicos. Para conmmemorar esta data asistimos a un concerto didáctico de piano.
Neste concerto, aprendemos moitas cousas sobre o piano e a súa historia que queremos compartir con vós:
- O piano tal como o coñecemos hoxe en día foi inventado máis ou menos no ano 1700 por Cristofori. O estilo musical correspondente a aqueles anos era o Barroco.
- É un instrumento de corda percutida que consta aproximadamente de 88 teclas (36 negras e 52 brancas) e de 170 cordas de metal.
- As cordas percútense a través dun mecanismo que se acciona ao tocar as teclas. Este mecanismo consta de dúas partes: unha é a que acciona os macillos que golpean as cordas e outra retira os apagadores que impiden que as cordas vibren.
- O piano consta con tres pedais:
1. Celesta: é o pedal da esquerda, ao pulsalo o sonido é máis suave xa que acerca os macillos ás cordas.
2. Sordina ou pedal de estudio: é o pedal central. Ao accionalo, baixa unha tela de fieltro entre as cordas e os macillos para conseguir un sonido moi suave.
3. Pedal de resonancia: é o pedal da dereita. Retira todos os apagadores para que as cordas poidan soar libremente.
Ademais tódolos alumnos puidemos converternos en aprendices de pianistas por un ratiño:
ODAIKO NAS ESCOLAS (XUÑO 2013)
Este venres, todos os nenos e nenas do colexio asistimos ao Concerto Didáctico: Odaiko nas escolas; patrocinado polo Concello de Sober. A este concerto tamén estaban invitados outros centros escolares:
- PAI Sober
- CEIP Monte Baliño (Ferreira de Pantón)
- CEIP Rosalía de Castro (Bóveda)
- CPI Dr. López Suárez (O Saviñao)
- IES Daviña Rey
- Escola de Hostelería de Rosende.
Foi un concerto moi divertido no que os nenos puideron aprender moitas cousas da evolución da música e dos instrumentos de percusión desde a prehistoria ata a actualidade.
Se queres voltar a ver e escoitar o concerto preme nas imaxes:
E se queres ver as imaxes do concerto preme aquí:
Este concerto tamén foi noticia nos periódicos do día seguinte:
ANTIFACES MUSICAIS
Esta é a semana do entroido e a clase de música quere unirse a esta celebración elaborando cos máis cativos uns antifaces musicais.
Os antifaces teñen como protagonista á tuba, un instrumento de vento-metal pouco coñecido que é o máis grave da súa familia.
Se queres saber máis sobre este instrumento preme aquí e se queres escoitalo para saber como soa podes ver este vídeo dun cuarteto musical moi famoso MELTON TUBA QUARTETT interpretando un fragmento da obra Guillermo Tell composta por Rossini. Ademáis neste cuarteto aparece o bombardino, outro instrumento da familia de vento - metal pouco coñecido.
RASCADORES
Cunhas pinzas da roupa, unhas botellas de plástico e un pouco de imaxinación para decoralas, facemos uns rascadores que nos servirán para acompañar pequenas obras na clase de Música.
ÓPERA "LA CENICIENTA"
Os nenos de 2º e 3º ciclo acudiron, xunto a varios centenares de nenos de toda Galicia, ao Auditorio de Santiago de Compostela para gozar da ópera La Cenicienta (Rossini) nunha divertida versión adaptada da compañía Els Comediants.
Despois da ópera, aproveitamos para visitar a exposición fotográfica do cubano Alberto Korda
Deixamos o Auditorio para comer uns apetitosos bocadillos e xogar un pouco antes de voltar a Sober.
HOME ORQUESTRA
Hoxe tivemos no colexio a actuación de Cé Orquestra Pantasma.
Este home orquestra é un vigués que se chama César Freiría. Se mirades as fotos veredes o ben que o pasamos no colexio coa súa actuación: cancións, baile, mímica...
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5