Entroido

Entroido

COMANDAS DO MECO - XOVES (8/2/2018)

O xoves xa está aquí,

e un soño podes cumprir:

podes vir ao cole con roupa de durmir!

 

 

  

 

COMANDAS DO MECO - MÉRCORES DE ENTROIDO (7/2/2018)

Xa está aquí o entroido

e o meco non pode faltar

cumpre as miñas ordes,

se ben o queres pasar.

 

O mércores chegou,

presta moita atención:

traer algo na cabeza será o mellor.

  

 

 

COMANDAS DO MECO - MARTES DE MAQUILLAXE (6/2/2018)

Xa está aquí o entroido

 e o meco non pode faltar

 cumpre as miñas ordes,

 se ben o queres pasar.

 

Martes de maquillaxe,

 hoxe podes escoller:

 como queres decorar a túa pel?

   

 

 

COMANDAS DO MECO - LUNS DE ENTROIDO (5/2/2018)

Xa está aquí o entroido

e o meco non pode faltar

cumpre as miñas ordes,

se ben o queres pasar.

 

O luns comezamos

e atención debes poñer,

todo o que traias debe vir ao revés.

 

 

COMANDAS DO MECO - ENTROIDO 2018

05/02/2018 16:13
09/02/2018 16:13
Europe/Madrid

Xa está aquí o entroido

e o meco non pode faltar

cumpre as miñas ordes,

se ben o queres pasar.

 

O luns comezamos

e atención debes poñer,

todo o que traias debe vir ao revés.

 

Martes de maquillaxe,

hoxe podes escoller:

como queres decorar a túa pel?

 

O mércores chegou,

presta moita atención:

traer algo na cabeza será o mellor.

 

O xoves xa está aquí,

e un soño podes cumprir:

podes vir ao cole con roupa de durmir!

 

O VENRES É O GRAN DÍA

O COLE É UNHA RADIO!!

 

Ouvintes, micrófonos e reporteiros;

tamén radios de todos os tempos.

 

ÁS 12:00 VINDE TODOS AO COLEXIO

QUE SAÍMOS DE PASEO

BIBLIOTECA ESCOLAR TERRITORIO DAS ARTES - Entroido 2017 (24/02/2017)

    Este ano quixemos dedicar o desfile escolar de entroido ao mundo da arte, convertendo o colexio nun gran museo pero tamén descubrindo e compartindo obras artísticas tanto contemporáneas como doutros tempos.
   Baixo o lema deste ano: Biblioteca Escolar, territorio das artes, o PLAMBE proponnos espertar o interese por achegarse aos produtos artísticos e aprecialos e tamén experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura e as artes visuais.
    Para isto, cada unha das clases do noso centro investigou sobre unha arte diferente (en que consiste, obras representativas, autores recoñecidos...) e plasmouna nos seus disfraces que por diante levaban a obra escollida por cada alumno/a e por tras o lema da biblioteca e un cartel identificando dita arte:
      - INFANTIL A: Música
      - INFANTIL B: Cine
      - 1º e 2º: Arquitectura
      - 3º e 4º: Escultura
      - 5º e 6º: Pintura
      - AS PROFES: Literatura
 
   Ademais estivemos acompañados polas compañeiras e os nenos e nenas do PAI de Sober que representaban aos artistas.
 
   A continuación podedes ver un pequeno resumo neste vídeo
  
    Podes ver todas as imaxes deste desfile no seguinte enlace: GALERÍA  DE   FOTOS
Distribuir contido