2023 / 2024
É TEMPO DE ENTROIDO (09-02-2024)
O entroido é sempre unha época do ano moi divertida; pero non é algo novo senón que é unha festa popular con personaxes tradicionais e diferenciados dependendo da zona de Galicia onde estemos.
Para coñecer algúns destes personaxes que as crianzas do noso colexio nunca viron, os biblioaxudantes Germán e Martín leron o libro É tempo de entroido de de Ramón D. Veiga.
Peliqueiros de Laza, cigarróns de Verín, madamas... todos se queren xuntar para facer unha comida na que non faltará ningún ingrediente do cocido nin filloas nin orellas.
De entre todos eles, hoxe quedámonos cos peliqueiros de Laza. Cada neno e nena do cole decorou a súa máscara que consta dunha carauta igual para todos e unha parte superior que se pinta con animais ou símbolos. Este personaxe recorre as rúas de Laza cunhas chocas colgadas do cinto e un látego na man.
Podedes escoitar o libro no seguinte podcast gravado por Germán e Martín.
DÍA DA PAZ 2024: EKECHEIRIA ou TREGUA OLÍMPICA
O 30 de xaneiro conmemórase o Día Escolar da Paz e da Non Violencia e para facelo, como estamos inmersos no proxecto XOGOS OLÍMPICOS, queremos falarvos sobre a EKECHEIRIA ou TREGUA OLÍMPICA.
TREGUA OLÍMPICA de Biblioteca VIRXE DO CARME
Unha vez que xa sabiamos que a EKECHEIRIA era un período no que as guerras e os conflitos entre as cidades e os reinos se suspendían para que se puidesen realizar as olimpíadas, puidemos reflexionar sobre palabras e conceptos relacionados co deporte e a paz que despois recortamos para poñer no noso mural: XUSTIZA, XOGO LIMPO, CONVIVENCIA, SOLIDARIEDADE, DIÁLOGO, RESPECTO, TOLERANCIA...
Como imaxe central decidimos utilizar o símbolo da Tregua Olímpica que é unha pomba da paz cunha rama de olivo que voa sobre os aros olímpicos coa chama olímpica de fondo formada por diferentes cores que representan a persoas de todas as razas.
Ás chamas démoslle cor coas pegadas dixitais de todo o alumnado do centro e do PAI de Sober e aos aros coas mans do alumnado de infantil.
Podedes ver o resultado final na seguinte imaxe:
Para rematar as actividades deste día, quixemos tamén conmemorar o Día da Ilustración que se celebra na mesma data polo que xuntando as dúas efemérides, todos os nenos e nenas do colexio, ilustraron un dorsal intentando replicar os iconos dos deportes olímpicos baixo o lema XOGANDO LIMPO TAMÉN CONSTRUÍMOS A PAZ (non facendo trampa, respectando as regras, sabendo perder e sabendo gañar, xogando con todos sen deixar a ninguén de lado...)
“Os Xogos Olímpicos mostran ao mundo como competir pacíficamente.
Ensínannos que, a pesar de todas as nosas diferenzas, é posible que a humanidade viva xunta en paz, respecto e armonía.”
CARTAS DENDE A RÍA (III)
NOVAS CARTAS DENDE O CEIP DE SEARA!!
Acabamos de recibir novas cartas do CEIP de Seara dentro do proxecto CARTAS DENDE A RÍA!
E como podedes ver nas seguintes imaxes, fixéronnos tanta ilusión como as primeiras!
MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS CARTAS E OS VOSOS AGASALLOS!
GUSTÁRONNOS MOITÍSIMO!!
PROXECTO "OS PINGÜÍNS" (I) - 26/01/2024
PROXECTO "OS PINGÜÍNS" (II) - 22/02/2024
PROGRAMANDO PARA APRENDER - FORMACIÓN B. CREATIVA (16-01-2024)
Pertencer ao PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares), permítenos seguir participando no ProxectoBIBLIOTECA CREATIVA e esta participación permítenos contar con formación no centro para o noso alumnado.
Este ano Almu Alonso e Elena C. Insua, especialistas en tecnoloxía esucativa, foron as encargadas de desenvolver o obradoiro Programando para aprender: iniciación á programación por Bloques en contexto.
Con este obradoiro prentendíase que o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria descubrise e explorase as posibilidades da programación enfrontándose a diferentes retos.
O primeiro consistiu en facer "aparecer" os aros dos xogos olímpicos no encerado dixital sendo capaces de conectar circuítos.
A continuación tiveron que facer pequenas programacións con scratch para conseguir que o seu sprite (gato, rato, animal mariño...) superase algunhas probas olímpicas: 100 m lisos, 400 m...
A seguinte proba consistía en elaborar un mural interactivo para o que debían facer en scratch a programación correcta coa placa makey - makey e conectala co mural feito con plastilina, papel de aluminio...
Aínda que os resultados non foron tan bos como esperabamos xa que non nos deu tempo de rematar o traballo, algúns murais xa empezaban a funcionar.
A segunda parte do obradoiro centrouse nos ESCORNABOTS; sobre todo, en intentar arranxar os escornabots que non funcionaban ben.
Unha mañá moi productiva coa que nos quedou moi claro que aínda temos moito que aprender!
CERTAME DE POSTAIS DE NADAL DO CONCELLO DE SOBER (2023)
Mentres estabamos de vacacións de Nadal, no Concello de Sober entregáronse os Premios do Certame de Nadal da Biblioteca Pública Municipal de Sober, un certame no que sempre participamos enviando unhas fermosas postais de Nadal feitas por todo o alumnado do colexio.
As crianzas de infantil fixeron unhas postais moi bonitas cos seus dediños e unha estrela impresa en 3D.
O alumnado de Primaria tamén participou cunhas postais moi coloridas e alegres.
Ademais de darlle cor a nosa biblioteca, as postais tamén puideron verse durante todas as vacacións de Nadal na BPM xa que estiveron expostas na Casa da Cultura do Concello.
Pola participación neste Certame, a Biblioteca Pública Municipal agasoullos cun diploma que recolleu a mestra Antía e unha sorpresa que o alumnado poderá disfrutar na nosa biblioteca!
MOITAS GRAZAS!!
CLUB DE LECTURA (4 / 2023 - 2024)
Hoxe celebramos unha nova sesión do club de lectura Viaxando polas letras na biblioteca do colexio cun invitado especial: Alfonso Campos, membro da Asociación O Colado do vento, ex-alumno do centro e pai dos nosos compañeiros Noé e Estrela.
Invitamos a Alfonso a participar no noso club de lectura porque estivemos lendo o libro Mitos e lendas da Ribeira Sacra e el é un gran coñecedor da sabedoría popular do noso concello.
Foi unha actividade moi interesante porque ademais de contarnos varias lendas, ilustrounos as mesmas con imaxes dos lugares onde se sitúan: un marco arredor do que están soterrados dous namorados, a desembocadura do Cabe no Sil, diferentes pedras e penedos... de xeito que os nenos e as nenas do club ían identificando as lendas con lugares que eles coñecían.
Nesta sesión Alfonso falounos de lendas de mouros, de santos, relacionadas coa agua, coas orixes dos pobos, cos petroglifos... e tamén compartiu con nós un par de lendas escritas como cantares de cego, unha lida por el e outra na que participaron os membros do club.
Despois o noso invitado estivo nos estudos de Radiuvín onde lles contou a Daniela e a Nayara moitas máis cousas sobre as lendas e a súa importancia.
MOITAS GRAZAS ALFONSO POR DEDICARNOS ESTE RATIÑO E POR SEMENTAR NO ALUMNADO O INTERESE POLA TRADICIÓN ORAL DA NOSO CONCELLO.
CARTAS DENDE A RÍA (II) - 15/12/2023
O proxecto Cartas dende a ría continúa e esta semana os nenos e as nenas do CEIP de Seara (Moaña) recibiron as nosas primeiras cartas.
No seguinte enlace podedes ver a publicación que fixeron no seu blog cando as recibiron,
parece que lles fixeron moita ilusión!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »