2022/2023

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO (2022): 2º PRIMARIA

Seguimos cos experimentos realizados durante Novembro, o mes da ciencia na biblioteca. 

 

 

 

Nesta ocasión compartimos os que realizarons os alumnos e as alumnas de 2º de Primaria. 

Eles experimentaron coa a refracción da luz, con papel que non se molla e con fluido non newtoniano. 

Esperamos que aprendades moito vendo este vídeo

 

 

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO (2022): 1º PRIMARIA

   Novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas; por esta razón, o noso alumnado estivo facento durante este mes experimentos e outras experienciasn científicas que lles axudaron a ampliar o seu coñecemento sobre o mundo que nos rodea.

 

    Hoxe, compartimos os experimentos do alumnado de 1º de primaria.

   BOLSA  MÁXICA: Comenzaron comprobando se é posible facerlle buratos a unha bolsa de plástico e que non verta.  Estade atentos...

 

 

     MINI  BOMBA: neste experimento fixeron unha mini bomba con bicarbonato e vinagre... COIDADO  QUE  ESTOUPA!!

 

 

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO (2022): 4º E 5º de Ed. Infantil

   Os máis pequenos e as máis pequenas do colexio fixeron tamén o seu propio experimento en Novembro, mes da ciencia en galego.

 

    O alumnado desta clase quixo facer o seu propio arco da vella sen choiva e sen sol, serían capaces?

 

 

X SEMANA DA MÚSICA (20 a 25/11/2022)

    Con motivo de Santa Icía, patroa da música, celebramos por décimo ano consecutivo a Semana da Música do noso colexio.

 

       Durante toda a semana, ían aparecendo na entrada da biblioteca diferentes probas para que o alumnado investigara e averiguara moitas cousas sobre a familia de instrumentos á que se lle adicou este ano a semana musical: A FAMILIA  DE  VENTO  MADEIRA.

 

 

     Para completar a actividade, o venres achegáronse ao centro Laura Rodríguez e Luis Fernández, nai e pai das nosas compañeiras Mencía e Candela, ámbolos dous mestres de clarinete.

 

    Con eles coñecemos moitas cousas sobre estes instrumentos: as súas partes, a súa historia, as cualidades do seu son e outros instrumentos da familia como o requinto ou o clarinete baixo.

 
   Outra cousa que aprendemos foi a importancia da respiración para tocar un instrumento de vento así que fixemos algúns exercicios para practicar a respiración profunda e intentamos tocar cunhas palliñas.

 

   A actividade tamén contou coas alumnas do colexio que tocan instrumentos de vento-madeira (Yanira, Libertad, Iria, Mencía, Candela e Silvia), entre todos ofrecéronnos un concerto durante o que interpretaron varias obras.

 

 
 
 
    Para rematar, Laura e Luis foron os encargados de facer entrega dos agasallos aos participantes no certame de investigación e os premios aos que mellor o fixeron.

 

 
Moitas grazas Laura, por este tempo e por todas as túas explicacións tan didácticas!
 
Moitas grazas Luis, por sacar un ratiño da alcaldía para estar con nós!
 
Moitas grazas compañeiras, por compartir a vosa arte cos demais nenos e nenas do cole!
 

 

 

O CLUB DA MAXIA (25/11/2022)

Un curso máis, a Academia máxica abre as súas portas para recibir aos seus aprendices de 4º de primaria!

Antes de poñernos a traballar, debemos saber a que "casa" da Escola Hogwarts de maxia e feitizaría pertencemos cada un de nós. Nas seguintes fotografías podedes ver a que nos tocou, co noso escudo correspondente de fondo:

GRYFFINDOR: Nayara e Antía

 


 
HUFFLEPUFF: Itzae, Ada e Martín
 


 
RAVENCLAW: Pablo e Daniela
 
 
 
SLYTHERIN: Lara, Xavier e Candela
 
 
Ademais, cada un de nós asumiu un rol dentro do equipo (secretarix, portavoz...) para así, organizar mellor o noso traballo á hora de ir superando as diferentes tarefas propostas. Para identificarnos, cada vez que estamos a traballar en tarefas do Club da Maxia levamos colgados os carteis cas nosas responsabilidades. Xa temos o primeiro reto da Academia nas nosas mans!!
 
Seguiremos informando!
 
SAÚDOS MÁXICOS!
 

 

25 N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2022

     O 25 de novembro é o Día contra a violencia de xénero. Para loitar contra ela e sensibilizar ao noso alumnado, preparamos dúas actividades na biblioteca: a primeira sobre o libro O chuvasqueiro de Aurora de María Márquez e a segunda un abecedario contra o machismo.

    Para comezar vimos unha proxección do libro O chuvasqueiro de Aurora elaborada polo alumnado de 5º e 6º de Primaria.

 

 
   Partindo desta visualización reflexionamos sobre a violencia que afecta a Aurora e á súa nai para aclarar varios porqué: por que Aurora se ten que agochar debaixo da cama? por que leva gafas de sol a súa nai? por que perden a cor os botóns do chuvasqueiro? que pasa cando o monstro roza a Aurora? Como se libran as dúas dese medo e volven a ser felices? que podemos facer nós ante este tipo de violencia ou ante a violencia en xeral?
 

 

    Despois pintamos unhas mans de cor morada para o chuvasqueiro de Aurora porque decidimos que quen o necesite pode contar coas nosas mans para loitar pola igualdade e que cada un/unha de nós vai a facer o posible para que a igualdade sexa unha realidade no noso cole.
 

 

 
   Para rematar a actividade fixemos un pequeno taller de costura co alumnado de 5º e 6º de primaria que foi o encargado de coser os botóns de cores para o chuvasqueiro de Aurora.

  

Ao final, o chuvasqueiro quedou así de bonito

 

   A outra actividade que realizamos foi un abecedario contra o machismo, para iso tiñamos un mural dividido en dúas partes: o que queremos e o que non, e entre todos e todas tiñamos que atopar palabras con cada letra do abecedario para cada unha das dúas columnas.

 

  

Despois escribimos e pegamos cada unha das palabras no seu lugar para completar este abecedario.

 

  Ao final lemos todas e deixamos o mural nun sitio ben visible xunto o de Aurora para que non se nos olvide todo o que falamos hoxe porque estas aprendizaxes non son cousa dun día se non que as temos que ter presentes durante todo o curso.

 

 
 
 

TIK - TOK - TAC... A CONCIENCIA! (24/11/2022)

    A través da ANPA tivemos na biblioteca do colexio esta actividade con Branca Villares que consistiu nun obradoiro de danzas, teatro e vídeos con conciencia para o alumnado de Primaria.

 
 

 

   Tiktok e outras plataformas similares poñen de manifesto o moito que nos gusta bailar, repetir secuencias de movementos ao compás dunha melodía, teatralizar pequenas escenas, executar música en directo... habilidades a priori, estupendas para a rapazada; pero o problema xorde cando atopamos bailes hipersexualizados e chistes e bromas machistas ou sexistas.

   Neste obradoiro o alumnado fixo actividades para reflexionar sobre a normalización destes contidos e utilizar unha mirada crítica cos videos que visualizan. Para iso artellaron propostas estéticas atractivas que potencian outro tipo de valores.

 

 

 

INMARCESIBLES (23/11/2022)

      Ata a nosa biblioteca achegouse Patricia González, Traballadora Social do Concello de Sober, para presentarnos o proxecto INMARCESIBLES que levou a cabo con Ana De La Torre Alvaredo. 

   

 

 

    Con este proxecto tratan de facer reflexionar sobre o canon e os estándares de beleza socialmente recoñecidos partindo da pregunta: existe un físico ideal feminino?

 

  A través de imaxes das redes sociais, da publicidade ou de prensa; o alumnado de 4º, 5º e 6º foi analizando a existencia dese canon e algunhas das súas consecuencias: presión sobre o corpo feminino, problemas de autoestima, falta de confianza, problemas de saúde, problemas de relación coas demáis persoas, ansiedade, depresión...

 
  Tamén vimos como a linguaxe, sen decatarnos, fai fincapé no aspecto físico das mulleres: quen non escoitou (por desgracia) algunha vez frases coma estas?
 
    Para rematar Patricia ensionunos algunhas fotos que forman parte da exposición Inmarcesibles feitas a mulleres de Sober moi diferentes coas que queren poñer de manifesto a beleza real feminina, tal como elas son, sen filtros nin retoques, para axudar a superar algúns dos "complexos físicos" que a sociedade ve como defectos: estrías, celulitis, cicatrices, marcas, o peso, a talla...
 
Moitas grazas a Patricia e ao Concello de Sober por levar a cabo este tipo de proxectos e por vir ao cole a presentalo!!

 

   Esperamos que a educación sexa unha das armas que nos permita acabar con estes estereotipos.

 

GALERÍA DE IMAXES

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA (21/11/2022)

   O 20 de novembro conmemórase o Día Internacional da Infancia porque o día 20 de novembro de 1989 se firmou a Convención sobre os Dereitos dos nenos e das nenas; un texto no que se recollen os dereitos da infancia, as medidas de protección e os coidados que necesitan xs menores de 18 anos.

   Este ano, no colexio traballamos co libro Teño dereitos de Miguel Robledo que nos leron os biblioaxudantes Susana e Lucas.

 

 

Despois fixemos unhas esferas co material de @aprofecris que recollen os principais dereitos.

 

   

Ao final colgamos as esferas no noso espazo creativo para non esquecernos de todo o que aprendemos.

 
 

GALERÍA  DE  IMAXES

 

 

CIENCIA EN MOVEMENTO (15 E 16/11/2022)

   A través da modalidade CP INNOVA dos Contratos programa achegáronse á nosa biblioteca un científico e unha científica de Ciencia en Movemento para realizar un obradoiro de NATUREZApara todo o colexio no que falamos de ciencia, experimentos e natureza.

 

      De maneira moi amena e divertida o alumnado puido facer os seguintes experimentos:

 - O paxaro equilibrista: un paxaro que só suxeitaba polo piquiño e por máis que o moveras nunca caía.

 

 

- Panal de abellas: comparamos a superficie do hexágono e a do cadrado e descubrimos de forma práctica o motivo polo que as abellas utilizan celas hexagonais para os seus panais.

 

 

- Pompas de xabón: e falando de formas xeométricas... por que as pompas de xabón son redondas se o burato polo que saen é un óvalo? Cantas formas redondas hai na natureza?
 

 

- O pau da verdade: serviunos para saber que materiais conducen electricidade. Dúas persoas suxeitaban o pau cada unha por seu lado e despois cerraban o circuíto tocándose, facendo un corro, tocando madeira, plástico ou metal, metendo as mans en auga... se o pau se encendía entón eran condutores de electricidade e se non se acendía, non o eran.

 

- Flores que se abren na auga: con este experimento puidemos comprobar que as fibras do papel absorben a auga e ao mollarse enderézanse e abren (capilaridade)

 
 
- Fractais de cores: un fractal é un obxecto no que se repite un patrón a diferentes escalas, como as pólas das árbores que se van multipiclando, as plumas dun pavo real, o sistema circulatorio... O noso alumnado puido elaborar fractais con leite, colorante e xabón.

 

  Podedes ver todas as imaxes dos experimentos no seguinte enlace:
 
 
Distribuir contido