2020/2021
DÍA DA PAZ E DA ILUSTRACIÓN (29 - 01- 2021)
O 30 de xaneiro, conmemóranse dúas datas importantes: o Día Escolar da Paz e a Non Violencia e o Día da Ilustración en Galicia; unha conmemoración que entronca directamente co obxectivo 16 da Axenda 2030.
Leopoldo, o pequeno monstro |
A manchas ou a raias? |
AS NOSAS XEOSFERAS (3º de 4º Primaria)
Para coñecer un pouco mellor a composición do noso planeta, propuxémoslle ao alumnado de 3º e 4º curso que elaborara unhas maquetas das capas da xeosfera e das unidades de relevo do noso país.
Deste modo, non soamente aprendemos un pouco máis sobre os contidos que estabamos a estudar en Ciencias Sociais senón que tamén, descubrimos que podemos divertirnos e ser creativos mentres repasamos os contidos vistos na clase.
Premede nas iconas para poder visualizar como quedaron os traballos ou, mellor dito, as obras de arte que fixeron. Son verdadeir@s xeni@s!
Esperamos que vos gusten moito!
NEVE ARTIFICIAL
Xa que estamos en inverno e a borrasca Filomena non deixou neve por esta zona, decidimos fabricar a nosa propia neve na biblioteca.
A receita da nosa neve recollémola no seguinte enlace ¿Cómo hacer nieve artificial? escollendo a primeira opción porque tamén nos permite traballar coas matemáticas.
Necesitamos soamente 2 ingredientes: BICARBONATO DE SODIO e AUGA.
Nun prato mestura 2 partes de bicarbonato sódico cunha parte de auga e xa podes comezar a xogar!
Se queres variar as cantidades para conseguir máis neve recorda que sempre tes que botar o DOBRE de bicarbonato que de auga, é dicir MULTIPLICA POR DOUS A CANTIDADE DE BICARBONATO.
Despois fixemos un boneco de neve que se convertiu no protagonista duns relatos escritos polo alumnado e que podedes escoitar nos seguintes enlaces de Radiouvín:
OS BONECOS IRMÁNS (Mencía Fernández Rodríguez)
LECTUVÍN E COPIÑO (Germán González Quiroga)
UN NOVO AMIGO (Cristian Dourado Rodríguez)
AS AVENTURAS DE COPITO E LECTUVÍN (Valeria Ledo Doval)
O BONEQUIÑO DE NEVE (Darío Fernández González)
O NOSO AMIGO DE NEVE (Libertad Fernández Piñeiro)
SOMOS AMIGOS (Gareth Vila Rodríguez)
AGASALLOS DE REIS
Parece que os nenos e nenas deste cole se portaron moi ben porque ao chegar das vacacións de Nadal atopamos uns agasallos que os Reis Magos deixaron para as bibliotecas de aula.
Por mor da situación actual só uns representantes de cada aula foron os encargados de abrir os paquetes e levalos ás súas aulas
FELICES LECTURAS!!
ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME DE NADAL
El Progreso, 10-01-2021 |
La Voz de Galicia, 11-01-2021 |
FELICITACIÓN DE NADAL 2020
Cos nosos mellores desexos para estas festas tan atípicas e desexando que o próximo ano poidamos olvidarnos desta pandemia, o Equipo de Biblioteca e toda a Comunidade Educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme; elaboramos unha felicitación coa panxoliña CHEGOU O NADAL de Iván Vale.
DESPEDIDA DXS ALUMNXS DE 6º
Debido ao final de curso tan excepcional que tivemos en xuño, tiñamos pendente despedirnos dxs alumnxs de 6º que xa están no instituto.
Estivemos esperando a ver se esta pandemia nos daba un respiro e podiamos facer un acto de despedida cos seus familiares, pero como xa case chegamos ao Nadal e a situación non mellora; decidimos facer un acto ao que so asistisen eles e os mestres que lle deramos clase.
Durante este acto, visionamos unha recompilación de imaxes do seu paso polo colexio dende o curso 2011/2012 ata marzo do curso pasado.
E aínda sen poder abrazalos nin achegarnos moito a eles, fixémoslle entrega das súas orlas, dun agasallo do colexio, da mochila e do diploma de biblioaxudantes e dun doce de Nadal.
DÍA DOS DEREITOS HUMANOS (10-12-2021)
O Día dos Dereitos Humanos conmemórase o 10 de decembro, día no que en 1948, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Deritos Humanos.
Neste documento proclámanse os dereitos que corresponden a cada persoa como ser humano, independentemente da súa raza, relixión, idioma, ideoloxía, orixe, posición económica ou calquera outra condición.
No seguinte genially feito polo alumnado de 1º e 2º de Primaria, poderedes acceder a máis información sobre que son, cales son e algúns deles.
E neste documento podedes acceder á edición ilustrada publicada polas Nacións Unidas para coñecer os 30 artigos nos que se recollen estes dereitos:
Nós quixemos traballar co noso alumnado a figura dos refuxiados como un dos colectivos de persoas que máis vulnerados teñen os seus dereitos. Para iso utilizamos o libro ¿Qué es un refugiado? de Elise Gravel co que entenderemos mellor que é un refuxiado e coñeceremos algúns refuxiados famosos.
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Este día foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 con fin de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade e concienciar sobre a súa situación.
Tamén é un dos obxectivos recollidos na Axenda 2030: Obxectivo 10: Redución das desigualdades.
E por outro lado participamos na proposta recibida desde o CEE Infanta Elena que é o centro de Educación Especial da nosa zona. Eles propuxéronnos elaborar un mural representativo do lema “Alguén fixo un círculo para deixarme fóra, eu fixen un máis grande para incluirnos a todos”. Para isto cada nenx debuxouse a si mesmo sobre unha silueta en branco e escribiu unha característica positiva súa, despois con todas as caras fixemos un círculo grande no que cabemos todos os membros da comunidade educativa coas nosas similutes pero tamén coas nosas diferenzas.
SEMANA DA MÚSICA 2020: O TROMBÓN
Con motivo de Santa Icía, patroa da música, a semana pasada celebramos por oitavo ano consecutivo a Semana da Música.