Radio

VISITA AO PASADO (9-10-2020)

   O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria asistiu onte a unha visita didáctica ás escavacións arqueolóxicas que se están facendo na parroquia de Proendos, a antiga Proentia.

  Alí xs alumnxs coñeceron da man de Fran Alonso, arqueólogo director do proxecto, os achados que realizaron nas 5 sondaxes abertas nos puntos establecidos nos estudos previos realizados cun xeorradar.

 
   Entre os vestixios descubertos puidemos ver a ábsida dunha gran construción, 
 
un hipocausto que é un sistema de calefacción que quizais sexa o precursor da calefacción radiante xa que contaba cunha cámara de aire por debaixo da estancia con canalizacións polas que circulaba aire quente, 

 

unha estancia que puidera ser máis tarde utilizada para o traballo con metais xa que se encontraron moitas escouras, que son como pequenas pedras que se forma cos restos e as impurezas que resultan de traballar o metal,

 

a estrutura dun hórreo formado por varios muros paralelos cun oco entre eles sobre os que se colocarían táboas de madeira para poder utilizalo como celeiro ou depósito de cereais


 

e uns muros que parecen peches de fincas xa que xunto a eles apareceu un tramo de pavimento dun posible camiño.

 

   Ademais de todo isto puidemos ver varias das accións que realizan os arqueólogos durante o desenvolvemento do proxecto: escavación, identificación, rexistro e conservación dos restos atopados. Precisamente por isto ultimo, as sondaxes serán tapadas hoxe ou mañá para evitar que as estruturas achadas se deterioren.

 

 Unha saída moi interesante e didáctica que se completou hoxe coa visita do director do proxecto ás instalacións de Radiuvín para gravar o primeiro programa deste curso. Nesta emisión Brais e Zaira puideron falar con el sobre todo o achado ata agora e as posibilidades de descubrimentos futuros.

 

   Moitas grazas ao concello por facilitar esta visita e a Fran Alonso polo tempo que nos adicou e polas súas verbas.

"Un pracer reinaugurar o ciclo de Radiuvín nestes tempos de pandemia que quedarán para a posteridade como os vestixios de Proendos"
 

ESPERAMOS  COMPARTIR  PRONTO  NOVOS  DESCUBRIMENTOS!!! 

 

 

TOKIO 2020 - XOGOS OLÍMPICOS III (15/06/2020)

     Hoxe emitimos o terceiro e último programa especial Xogos Olímpicos no que seguiremos achegándonos a deporte olímpicos para dar a coñecer todo o que aprendemos cos nosos traballo de investigación.
 
 
    Neste último programa coñeceremos moitos datos sobre o balomnán con Senén, aprederemos sobre a maratón con Valentina, con Zaira achegrámonos ao waterpolo e remtaremos con Xoán falaremos sobre baloncesto.
 
       
 

 

 

 

TOKIO 2020 - XOGOS OLÍMPICOS II (05/06/2020)

      Hoxe emitimos un novo programa especial Xogos Olímpicos no que través das investigacións que fixemos sobre varios deportes olímpicos estades a coñecer moitas cousas acerca deles: orixe, normas de xogo, deportistas destacados...
 
 
 
   Neste segundo programa escoitaremos a Jorge facendo unha pequena introdución;a Laura, falando de voleibol; a Lucía de Ximnasia Rítmica e a Pablo de Fútbol.
 
 
 

TOKIO 2020 - XOGOS OLÍMPICOS I (03/06/2020)

    Como sabedes este ano ía a ser ano olímpico ata que chegou o confinamento e esta situación de alerta sanitaria mundial que fixo que se suspendesen os Xogos Olímpicos de Tokio 2020algo que só sucedera anteriormente en 3 ocasións e por 3 Guerras Mundiais.
 

   Pero antes do confintamento, o noso alumnado estaba investigando sobre diferentes deportes olímpicos: orixe, normas de xogo, deportistas destacados... 

 
 
   Algúns compañeiros tiveron tempo de compartir os seus traballos co resto do alumnado na biblioteca...
 
 
 pero a maioría non... por iso, quixemos emitir en Radiuvín uns programas especiais XOGOS OLÍMPICOS nos que poderedes escoitar todo o que descubriron sobre estes deportes.
 
 
 
    Neste primeiro programa escoitaremos a Adrián falándonos do tenis, Brais de Judo, César de Bádminton e Gareth de Taewkondo.
 

 

DESDE A MIÑA VENTÁ...

  Hoxe rematamos coas creacións dos alumnos de primaria para a actividade Desde a miña ventá... compartindo as poesías de Candela (1º Primaria) e Mencía (3º Primaria).

 
 


 
 
MOITAS  GRAZAS  A  TODOS  POR  PARTICIPAR!!!!
 

DESDE A MIÑA VENTÁ...

  Hoxe retomamos as creacións dos alumnos de primaria para a actividade Desde a miña ventá...

  Compartimos un conto de Valeria (3º Primaria) e as poesías de Brais (5º Primaria) e Laura (6º Primaria).

 
 

 
 
 

 

DESDE A MIÑA VENTÁ.... (Abril 2020)

  Seguimos coas creacións dos alumnos de primaria para a actividade Desde a miña ventá...

  Hoxe compartimos as poesías de Ada (1º Primaria) e Cristian Dourado (3º Primaria).

 

DESDE A MIÑA VENTÁ.... (Abril 2020)

  Hoxe comezamos coas aportacións dos alumnos de primaria para a actividade Desde a miña ventá...

 Nesta publicación poderedes ler e escoitar o que ven desde as súas ventás Pablo (1º Primaria) e o seu irmán Hugo (4º Primaria).

 

 

DESDE A MIÑA VENTÁ.... (Abril 2020)

  Hoxe comezamos coas aportacións dos alumnos de primaria para a actividade Desde a miña ventá...

 Nesta publicación poderedes ler e escoitar o que ven desde as súas ventás Pablo (1º Primaria) e o seu irmán Hugo (4º Primaria).

 

 

DÍA DA MULLER - 4º PROGRAMA (12/3/2020)

Hoxe realizamos a terceira actividade para conmemorar o Día da Muller 2020 e a Semana da Prensa deste ano.
  Na cuarta emisión o alumnado de 4º falounos sobre a vida e os logros acadados por outras catro mulleres da historia:
 

Pilar presentounos a Madonna,

Lucía expuxo a súa investigación sobre Coy Mathis,

Lucas presentounos ás Black Mammas

e Hugo escolleu á galega Rosalía de Castro.

 

   Para coñecer todo o que investigaron sobre a interesante vida destas mulleres podedes escoitar a cuarta emisión do programa DÍA  DA  MULLER 2020.

 

 

Distribuir contido