2016/2017

DÍA DA MULLER - 8/03/2017

     Para conmemorar esta data, os nenos e nenas do centro participaron en varias actividades:

    -  Acto conmemorativo do “8 de marzo, Día Internacional da Muller” na Praza de España: o alumnado de 5º e 6º de Primaria participoun nun acto no que a Concelleira de igualdade de Monforte de Lemos, Marina Douton Rajo: procedeu á lectura dun manifesto pola igualdade. Cada un dos participantes, levaba un cartel na man con lemas a favor da igualdade.
 
 
 
- Entrega do libro "Lola de Penelas. Unha muller para o 8 de marzo": o CIM entregou varios exemplares deste libro elaborado no obradoiro do mesmo nome que se levou a cabo nos centros escolares de comarca. Neste obradoiro, o alumnado fixo un traballo de reflexión dobre a vida das mulleres artesás galegas e plasmaron en imaxes esta reflexión a través da súa vida.

 
- Debate e reflexión sobre a igualdade entre sexos: este ano no colexio quixemos traballar a igualdade entre sexos como base fundamental na educación entre nenos e nenas. Igualdade legal en dereitos e deberes, igualdade cultural e igualdade social.

    Tamén convocamos ás familias para que lles fagan fotos aos seus fillos /as facendo algo que tradicionalmentes se asocie ao sexo contrario: tarefas da casa, tarefas na horta, oficios, xogos infantís...para elaborar unha presentación e que eles sexan conscientes de que todos e todas podemos facer de todo.

 
- Visionado do conto "Lola de Penelas. Unha muller para o 8 de marzo": rematamos os actos deste día co visionado deste conto; no que a xornalista Manola Porto puxo voz ao texto ilustrado polos nenos e nenas da comarca.
 

BIBLIOTECA ESCOLAR TERRITORIO DAS ARTES - Entroido 2017 (24/02/2017)

    Este ano quixemos dedicar o desfile escolar de entroido ao mundo da arte, convertendo o colexio nun gran museo pero tamén descubrindo e compartindo obras artísticas tanto contemporáneas como doutros tempos.
   Baixo o lema deste ano: Biblioteca Escolar, territorio das artes, o PLAMBE proponnos espertar o interese por achegarse aos produtos artísticos e aprecialos e tamén experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura e as artes visuais.
    Para isto, cada unha das clases do noso centro investigou sobre unha arte diferente (en que consiste, obras representativas, autores recoñecidos...) e plasmouna nos seus disfraces que por diante levaban a obra escollida por cada alumno/a e por tras o lema da biblioteca e un cartel identificando dita arte:
      - INFANTIL A: Música
      - INFANTIL B: Cine
      - 1º e 2º: Arquitectura
      - 3º e 4º: Escultura
      - 5º e 6º: Pintura
      - AS PROFES: Literatura
 
   Ademais estivemos acompañados polas compañeiras e os nenos e nenas do PAI de Sober que representaban aos artistas.
 
   A continuación podedes ver un pequeno resumo neste vídeo
  
    Podes ver todas as imaxes deste desfile no seguinte enlace: GALERÍA  DE   FOTOS

TALLER DE POESÍA (10/02/2017)

    O alumnado de 3º e 4º de Primaria ven de realizar un taller de poesía coa súa profesora de Lingua Castelá. 
 
  O resultado deste taller son uns fermosos poemas que hoxe recitaron para todo o alumnado na biblioteca do centro cos biblioaxudantes como mestres de cerimonia.
     
 
   
 
 
 
   
 
    
 
 

VOLTAMOS ÁS CLASES (6/02/2017)

 
    A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reparou durante a fin de semana os danos que o temporal de chuvia e vento provocou no noso centro co fin de retomar hoxe as clases con normalidade.
 
    Ao longo do día de hoxe a empresa encargada das obras revisará a zona afectada e medirá os remates perimetrais e canlóns para proceder á súa instalación tan pronto como estea seca.
 
EL PROGRESO
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/658532/regresan-clase-con-normalidad-los-alumnos-del-colegio-de-sober     

CONCELLO  DE  SOBER

PRENSA E INFORMATIVOS FIXÉRONSE ECO DOS DESTROZOS DO TEMPORAL (6/02/2017)

Para acceder ás noticias e aos vídeos, só tedes que facer click na imaxe correspondente

CONCELLO  DE  SOBER
 

LA  VOZ  DE  GALICIA (Prensa escrita e vídeo informativo)

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/sober/2017/02/02/suspenden-dos-dias-clases-colegio-sober-levantar-viento-parte-tejado/00031486034488034798770.htm

 

EL  PROGRESO
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/656829/caida-de-arboles-carteles-y-pancartas-las-incidencias-mas-repetidas-en-galicia-por-el

 

TELECINCO. INFORMATIVOS MEDIODÍA (02/02/2017) - Minuto 26
http://www.telecinco.es/informativos/informativo_15_horas/Informativo_Mediodia_2_2317905121.html

 

 
TVE: INFORMATIVO TERRIRORIAL(3/2/2017)
 
TVG. INFORMATIVOS
http://www.crtvg.es/informativos/o-112-atendeu-356-incidencias-ata-as-seis-da-tarde-2684782

 

http://www.crtvg.es/informativos/sen-clases-dous-dias-no-colexio-de-sober-porque-o-vento-levou-parte-do-tellado-2696183
 
 
http://www.crtvg.es/informativos/en-sober-volou-parte-do-tellado-do-cip-virxe-do-carme-2687085

 

http://www.crtvg.es/informativos/o-temporal-levanta-parte-do-tellado-dun-colexio-de-sober-2687294

 

RISCOS NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS (31/02/2017)

    Dentro do PLAN  DIRECTOR  PARA  A  CONVIVENCIA  E  A MELLORA  DE  SEGURIDADE  NOS  CENTROS  EDUCATIVOS  E  NOS  SEUS  CONTORNOS, contamos no centro coa presenza dun membro da Garda civil experto nos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.

    Os temas abordados nesta sesión foron moi interesantes, actuais e axeitados ás inquedanzas do noso alumnado; algúns deles foron:

   - CIBERBULLYNG: acoso escolar a través das redes sociais agravados con aspectos racistas ou xenófobos.

    - SEXTING e SEXTORSIÓN: os perigos da difusión de contidos de carácter sexual; tanto propios (imaxes, vídeos...) como alleos.

    -VIOLENCIA DE XÉNERO: en canto ao acoso e control que un membro de parella pode exercer sobre as actividades na rede ou o móbil do outro membro.

    - GROOMING: cando un adulto se fai pasar por un menor mediante un falso perfil para establecer relacións con outro menor.

   - XOGOS EN REDE: xogos para adultos moi violentos ou de contidos sexuais extendidos entre adolescentes e preadolescentes.

  - CONTRASINAIS: métodos para a construción de contrasinais seguros, dobres contrasinais... para evitar os roubos de datos nas contas de internet así como para evitar que algún pirata informático poida acceder ao noso historial de busca, ás fotos, a cámara do portátil, tablet ou móbil...

   Unha charla moi produtiva que esperamos que o noso alumnado teña en conta cando vaia a facer uso de internet e das redes sociais

DE QUE CHE VALE? - DÍA DA PAZ 2017

    A música non pode faltar na nosa Biblioteca escolar: territorio das artes. Por iso, acabamos de ter nela un encontro con Jesús Pareja, mestre de música do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol, Musicólogo, compositor e Director do Coro da Universidade Sénior de Ferrol onde tamén é mestre de Linguaxe Musical.

Neste encontro, o compositor explicoulle ao noso alumnado moitos aspectos relacionados coa música e a composición de obras tanto para nenos como pop ou máis clásicas, e eles puideron preguntarlle as súas dúbidas ao respecto.

   A continuación, puidemos gravar con él a súa canción De que che vale? coa que queremos conmemorar o Día da Paz; porque tamén se pode traballar pola paz dende a música; así que como di o retrouso:
Cantemos unidos pola paz,
tiremos do mundo pola paz,
coidemos da vida pola paz,
fagámolo xuntos pola paz.
 
    Ademais neste retrouso, poñemos en práctica as ensinanzas de Lingua de Signos; nel pódese ver como o alumnado de Primaria signa a primeira parte de cada verso; e o de infantil a parte final "pola paz"
 
    Queremos agradecerlle ao autor a súa presenza desinteresada no centro e as súas verbas tan agarimosas.
 
Na GALERÍA  DE  FOTOS podedes ver imaxes da preparación do mural,
dos ensaios, do encontro e da gravación do vídeo

LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA (19/01/2017)

  A lingua de signos española (LSE) é a lingua xestual que utilizan principalmente os sordos españois e personas que viven ou se relacionan con eles.
 
  Hoxe achegouse ao noso centro Jessica, unha intérprete de signos, que nos ensinou un pouco desta lingua: algúns dos seus xestos e algunhas curiosidades e características.
 
 -Sabías que a Lingua de signos non é universal?
 
- E que está recoñecida como unha lingua máis de España como o castelán, o galego, o catalán ou o vasco?
 
- Por que os intérpretes de signos visten con roupa escura?
 
 
 
 
    Moitas grazas a Jessica; quen antes de marchar deixounos unha dedicatoria no libro da biblioteca e unha mensaxe en LSE:
 
 
    No seguinte enlace, podes seguir aprendendo lingua de signos mentres disfrutas do signo - conto "La ratita presumida"
 
 

PREMIOS CERTAME DE NADAL - 2016

  O día 4 de xaneiro,  foi a entrega dos premios correspondentes ao Certame de Beléns e de Postais da Biblioteca Municipal do noso  Concello.

 
  O acto comezou coa actuación de O trícole, grupo que interpretou varios Cantos de Reis.

    A continuación, o alcalde de Sober fixo entrega dos premios. Varios alumnos e alumnas, foron os encargados de recoller o premio á participación que recibiu o colexio polas postais que fixemos.

 

 

 

 

Distribuir contido