Excursións
MOVE FICHA POLA RIBEIRA SACRA: Excursión (30/5/2017)
Os nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria, participaron nas escursións organizadas polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra dentro da campaña "Move ficha pola Ribeira Sacra".
Os colexios pertencentes ao Río Miño, visitaron o Sil; e os do Sil, visitaron a zona do Miño. Por isto, o noso colexio, compartindo excursión co CEIP A Pobra de Brollón visitaron Santa María de Pesqueiras, o pobo de Belesar, o Dolmen de Abuime, o Concello de O Saviñao e a súa biblioteca.
EXCURSIÓN A SANTIAGO (28/4/2017)
Santiago de Compostela é unha cidade que ofrece moitas posibilidades para o alumnado.
Unha destas actividades son os Concertos Didácticos organizados no Auditorio de Galicia anualmente pola Real Filarmonía de Galicia.
O concerto ao que asistimos este curso foi Pedro e o Lobo, unha sinfonía musical para nenos escrita por Serguéi Prokofiev en 1936 por encargo do Centro de Teatro Infantil de Moscú coa intención de divulgar a cultura musical nos nenos.
Esta pequena sinfonía conta a historia dun neno chamado Pedro, que vive nun pobo de Rusia onde están atemorizados por un lobo do bosque. Se queres saber máis desta historia, aquí deixamos a versión do programa "El Conciertazo"
Pola tarde, visitamos o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela; onde puidemos averiguar moito dos seres vivos e dos seus ecosistemas.
Tamén nos ensinaron moitas cousa relacionadas cos minerais e as rcohas.
Para rematar, puidemos xegar unha partida á oca científica na que repasamos todo o aprendido neste Museo
Para ver todas as imaxes desta excursión, preme na GALERÍA DE IMAXES
EXCURSIÓN FIN DE CURSO - A CORUÑA (17/06/2016)
Este ano na excursión de fin de curso fomos A Coruña e aínda que o tempo non nos acompañou como para ir á praia; puidemos facer moitas cousiñas interesantes.
O primeiro unha parada para coller forzas tras a longa viaxe en autobús
Despois visitamos o Museo de Ciencia Y Tecnología (MUNCYT) onde nos recibiron uns robots e onde puidemos ver moitos inventos abraiantes: o primeiro ordenador que houbo en España, a lámpada do faro da Torre de Hércules, unha locomotora a vapor, un jumbo de Iberia...
Tras xantar; a seguinte parada foi o Aquarium Finisterrae. Alí aprendemos moito cunhas guías que nos foron explicando todas as especies e curiosidades deste acuario; incluso que entre todos os nenos e nenas que fomos non chegamos a ser tan grandes como o bebé balea representado con luces de neón.
Para rematar a excursión, unha merenda ao pé da Torre de Hércules
VISITA IES A PINGUELA (15/06/2016)
Os nosos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria foron a visitar o IES A Pinguela, que será o seu centro nun futuro. Foron con aqueles que serán os seus compañeiros: o alumnado de 5º e 6º do CEIP Monte Baliño.
Ademais, tamén visitaron o planetario Matías Vázquez da man do propio Matías que lles explicou a orixe do universo, o futuro do Sistema Solar, coñecementos básicos de meteroloxía...
EXCURSIÓN A MONFORTE DE LEMOS (26 - 05 - 2016)
Hoxe fomo de excursión a Monforte; unha saída na que tiñamos programadas moitas actividades.
Para empezar unha visita ás instalacións de Onda Cero Monforte de Lemos, a emisora que está emitindo os poemas que gravaron os nosos nenos e nenas do poeta Manuel María para conmemorar o Día das Letras Galegas.
E mentres uns grupos visitaban estas instalacións; outros xogaban na Praza de España
A continuación fomos a ver o musical "El libro de la selva" baseado no libro de Rudyard Kipling. Tamén no Edificio Multiusos había unha exposición adicada a Cervantes na que algunhas nenas se fotografaron coas meninas.
A seguinte parada foi na panadería para facer un taller de pan; onde nos explicaron todo o proceso de elaboración este alimento.
Ademais os nenos e nenas tamén tiveron tempo de elaborar o seu propio boliño recheo de chocolate e probar algúns produtos.
Como aos boliños lles leva un tempo cocerse; aproveitamos para comer no parque e xogar un pouco antes de ir a recollelos e voltar ao colexio.
ACÁBATE LA SOPA E VISITA Á CASA DO PATRÓN (28 - 10 - 2015)
Os nenos e nenas de Primaria do noso centro, vimos de asistir ao Concerto Didáctico Acábate la sopa que se celebrou no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
Durante o concerto vimos que ás veces non é fácil acabarse a sopa, e mentres o intentas, a imaxinación voa e voa...e lévache a outros mundos onde os personaxes aparecen onde menos o esperas e a música soa ao redor transformando a cociña nun espazo fantástico onde todo é posible. Da man de catro músicos e unha bailarina, aproximámonos a compositores como Shostakovitch, P. Glass ou The Beatles.
Despois visitamos o museo etnográfico de Lalín: A casa do Patrón, onde puidemos aprender moitas cousas da nosa cultura: oficios, tarefas do campo como a malla ou o proceso do liño e a da lá, cómo era unha escola de mediados do século XX, ou unha casa tradicional galega... en fin... moitas cousiñas que hoxe están a desaparecer
Tamén fixemos un taller no que aprendemos a elaborar o queixo, en 4 pasos que non nos pareceron moi difíciles.
1º) Quentar o leite a 35º ou 36º. Neste caso utilizamos 15 litros de leite de vaca.
2º) Engadimos sal e o callo e deixamos repousar ata que está callado.
3º) Distribuímos o leite callado en pequenos recipientes para escorrelos manualmente e extraerlle o suero.
4º) Distribuímos en moldes (neste caso uns vasiños de plástico) e xa temos o noso queixo listo
Hoxe, o xornal La Voz de Galicia fíxose eco desta noticia:
Nestre outro recorte de prensa do día 9-11-2015 de El Progreso, tamén se fan eco da noticia pero cambiannos de localidade e dicen que somos de Portomarín: unha errata!!
Para ver todas as fotos desta excursión, preme no enlace
ACÁBATE LA SOPA
Enviado por floragrande o Mar, 13/10/2015 - 15:48Como en anos anteriores, o noso centro foi seleccionado para participar nos concertos do Auditorio de Santiago de Compostela dentro do programa Compostela, capital cultural.
Este ano a obra á que asistiremos os alumnos de Primaria o día 28 de outubro é Acábate la sopa.
EXCURSIÓN FIN DE CURSO: PRAIA E ZOO
Este ano fomos de excursión de fin de curso á praia e ao zoo de Vigo.
Tivemos un día estupendo e os nenos pasárono moi ben.
Podes ver todas as imaxes da escursión premendo no enlace
CONCERTO DIDÁCTICO E XANTAR DE CONFRATERNIDADE
O venres día 8 de maio, asistimos ao Concerto Didáctico que nos ofreceu a Escola de Música Municipal de Sober.
Compartimos auditorio co CEIP Monte Baliño (Pantón), CEIP Rosalía de Castro (Bóveda), Fundación Terra de Lemos (Monforte) e os nenos do PAI.
Durante o concerto pudiemos aprender moitas cousas sobre todas as familias de instrumentos da banda:
VENTO MADEIRA: frauta traveseira, clarinete e saxofón.
VENTO METAL: trompeta, trompa, trombón e tuba.
PERCUSIÓN
Tamén recibimos sorpresas coas aparicións inesperadas de diferentes personaxes mentres escoitabamos as súas bandas sonoras: as princesas de Frozen, a Pantera Rosa, os Picapedra, Abellas Maya, Bela e Lisa Simpson
E así, entre obra e obra e tantos personaxes chegou o final do concerto do que todos marchamos encantados.
Despois deste concerto, os alumnos e alumnas do CEIP Rosaía de Castro de Bóveda, quedaron a xantar con nós. Compartindo comida e xogos, coñecémonos e fixemos novos amigos.