Reciclaxe e reutilización
SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR
Hoxe no colexio recibimos a campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" da Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Sogama, Ecoembres e os SIG de pilas.
Con esta campaña aprendemos e recordamos cousas moi importantes para o medio ambiente como a regra das 3 R: Reduce, Reutiliza e Recicla; e os residuos que se deben depositar en cada colector:
- COLECTORES AMARELOS: envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas, aerosois...) e briks. Nembargantes hai que ter coidado con residuos que aínda que poderíamos pensar que son deste colector, non o son: xoguetes, cubos ou cepillos de dentes.
- IGLÚS VERDES: estes iglús son os do vidro pero non hai que depositar as tapas nin os vasos que son de cristal, non de vidro.
- COLECTOR AZUL: o colector azul é para o papel e os cartóns pero sempre que non teñan restos de comida, tampouco servilletas nin panos usados xa que estes restos non son aptos para o reciclado.
O NOSO RÍO
Último día de entroido no colexio!
Este ano o Programa Voz Natura está adicado ao coidado dos ríos e do mar. Por iso, aproveitando o traballo que estamos a facer desde o centro para concienciar aos nosos alumnos da importancia de coidar os nosos ríos e a súa auga; quixemos que este tema fose o protagonista do noso desfile.
Para iso, os nenos e nenas do PAI, os de Educación Infantil e os de 1º ciclo, foron o noso río:
Para iso luciron os peixes e anguías que fixeramos cos briks de leite:
Os nenos de 2º e 3º ciclo foron os pescadores
E as profes unhas grandes troitas:
Aínda que fixo unha mañá bastante fría, atrevémosnos a baixar desfilando ata o Concello onde nos deron unhas chuches para todos os participantes e ademais bailamos a Canción do río que podedes escoitar no seguinte enlace:
De volta no colexio, os nosos pescadores explicáronnos moitas cousas: a importancia da auga, de onde viña a auga dos ríos, o ciclo da auga e ademais moitas cousas sobre os ríos da nosa comarca.
E tras estas marabillosas explicacións, chega a hora de comer pero non sen antes deixarvos unha foto dos nenos do cole:
O entroido remata no centro pola tarde co momento do disfraz libre cando o colexio se enche de princesas, piratas, guerreiros, pallasos... un sin fin de personaxes que poñen o punto final ao noso entroido.
XOVES DE ENTROIDO
Parece mentira que rápido pasa o tempo...
Os nosos alumnos e alumnas parecían raparigos cheos de vida fai uns días e agora...mirádeos!
Están feitos uns velliños que nin sequera poden poñerse dereitos...
MÉRCORES DE ENTROIDO
Outro día de entroido!!
Con este tempo que temos, os nosos velliños e velliñas tiñan moito frío estes días.
Que mellor que unhas toquillas e uns chalecos para abrigarse?
Por certo, o noso estudiante misterioso de onte demostrounos que ademais de saber moito inglés tamén se lle da moi ben a ortografía e se non o credes, mirade que ben lle saíu este ditado que colgou no seu chaleco:
MARTES DE ENTROIDO
Seguimos de entroido!
Hoxe engadímoslle aos nosos disfraces os mandiles e polainas.
Ademais mirade que apañadiños son os nosos alumnos e alumnas, que fixeron os seus complementos con materiais de refugallo.
Vistedes algunha vez unha flor de mondas de patata?
Pois fixádevos a ver si a vedes no mandil dalgunha velliña.
Encontrástedes a flor pataqueira?
Aquí tedes outro misterio:
Quen será o neno que sabe tanto inglés?
Seguro que a profe Montse está moi orgullosa do seu alumno.
VAIA INVERNO!!
Vaia inverno que temos este ano!
Se non queremos coller un catarriño, mellor será que nos abriguemos ben e poñamos unhas boas botas coma os nenos tan bonitos que fixemos para decorar o corredor do colexio agora que estamos en inverno.
Para que se teñan de pé utilizamos as botellas de auga baleiras do comedor:
A ver se chega pronto a primavera e deixa de chover!
POSTAIS DE NADAL
O pasado venres, os nenos e nenas do colexio que acudiron á Biblioteca Municipal, recolleron un premio pola súa participación no certame de postais de Nadal.
Estas postais foron elaboradas dentro do programa Voz Natura con materiais de refugallo e reutilización.
As postais de Infantil foron elaboradas con restos de papeis de cores, botes de iogur e plastilina que estaba mesturada. Con estes materiais fixéronse unhas árbores de Nadal nas que os nenos escribiron as súas mensaxes. Por estas postais recibiron un xogo de pezas.
As postais de 1º ciclo foron feitas con botóns que os nenos e nenas trouxeron das súas casas. Como premio levaron un xogo de parchís xigante.
Por último, as postais de dos nenos e nenas de 2º ciclo que foron elaboradas con restos de papeis de cores troquelados en forma de círculo. Con estes círculos fixéronse as árbores de Nadal que adornaban as postais. O seu agasallo foi un puzzle.
ÁRBORE DE NADAL
Chega o Nadal e como cada ano queremos adornaremos a nosa árbore con adornos feitos por nós mesmos con materiais de refugallo: rollos de papel.
O primeiro é pintar os nosos rollos de cores diferentes e moita purpurina para que brilen.
Despois recortar, pegar, unir... en fin, todo o necesario para facer os nosos adornos que quedaron así de bonitos:
Este é o resultado final:
HALLOWEEN - SAMAÍN 2013
Como cada ano, convocamos un certame de cabazas e outros obxectos terroríficos entre @s nos@ alumn@s e como podedes ver, tivo moito éxito. Nestas imaxes veredes como se foi enchendo tanto o espacio que tiñamos adicado as cabazas que tivemos que amplialo.
Se queredes ver cada neno ca súa cabaza (e merece a pena porque algunhas son espectaculares) podedes facer click na seguinte imaxe e verédelas todas
Ademais este ano Halloween estivo adicado ás arañas. Para facer as nosas arañas necesitamos o seguinte material: bolas de porexpán, esponxas de baño, ollos, limpapipas vermello e unhas luvas usados.
Das esponxas fixemos as patiñas pintándoas de cor negra; e coa media bóla de porexpán tamén pintada de negro, as cabezas cos seus olliños e a súa boquiña. Despois pegámolo todo na luva e xa temos unha terrorífica araña de Halloween.
Pola tarde, fixemos unhas actuacións con estas arañas:
- @s nen@s de Infantil cantáronnos a canción de Wincy Wincy araña;
- Os de 1º ciclo dramatizaron unha adaptación de La araña Cucufata,
- Os de 2º ciclo fixeron a través da biblioteca un certame de historias terroríficas de arañas; e dramatizamos un par delas que realmente daban moito medo, La mansión encantada (Manuel, Aroa e Paula) e Imos de voda (Lisbeth e Laura R.)
- E os do 3º ciclo tamén a través da biblioteca fixeron un traballo de investigación sobre as arañas que logo nos expuxeron na biblioteca a través das marionetas e co que @s nen@s do cole aprenderon moito. Vos sabíades que as arañas se distinguen dos insectos por exemplo no número de patas? Pois podedes aprender isto e moito máis lendo a súa investigación no arquivo adxunto
HAPPY HALLOWEEN
E
FELIZ SAMAÍN
MARCOS DE CD´S
Para aproveitar os CD's que están raiados ou estropeados, queremos facer con eles uns estupendos marcos para fotografías.
O primeiro paso é pintalos pola parte de atrás:
Despois troquelamos diversas formas en anacos de restos de cartolinas e empezamos a decorar o noso CD:
Cando o CD xa está adornado, colocámoslle un lazo para que se poida colgar:
Algúns nenos deciden regalarllo ás súas nais polo Día da Nai, así que engaden unha dedicatoria na parte traseira:
E xa están listos os nosos marcos para fotos feitos con CD´s: