Entroido

Entroido

XOVES DE ENTROIDO (27-2-2019)

HOXE  REMATAN  AS  COMANDAS  DO  MECO  2019!!

  SE  QUEREDES  DESCARGAR  AS  VOSAS  FOTOS,

PODEDES  ACCEDER  A  ELAS  NO  SEGUINTE  ENLACE

GALERÍA  DE  FOTOS

LUNS DE ENTROIDO (25/2/2019)

Comeza a semana do entroido!!

 

COMANDAS DO MECO - 2019

25/02/2019 20:20
01/03/2019 20:20
Europe/Madrid

CERTAME DE CONTOS SOBRE ENTROIDOS TRADICIONAIS GALEGOS (Entroido 2018)

    Como sabedes, gústanos organizar certames de redacción e escritura de contos para que o noso alumnado mellore a expresión escrita.
 
   Neste certame o alumnado tiña que inventar un conto que estivese basado nalgún dos entroidos máis característicos de Galicia para o que tiñan que investigar primeiro sobre ese entroido.
 
    Hoxe, os contos gañadores foron lidos polos seus autores e, por suposto, non faltaron peliqueiros de Laza, pantallas de Verín, o oso de Salcedo e un montón de protagonistas máis...
 
 
NORABOA  AOS  AUTORES  QUE  ADEMAIS  LEVARON  COMO  AGASALLO
UN  PUNTO  DE  LECTURA  DE  LECTUVÍN!!

RADIUVÍN: Programa de entroido (9/02/2018)

Aquí tedes o enlace ao programa radiofónico de hoxe. En breve poñeremos tamén as fotos do desfile deste ano.

RADIO: ENTROIDO (9/2/2018)

    Con esta comparsa adicada á radio, quixemos dar a coñecer a toda a xente de Sober que o noso cole conta cunha emisora de radio a través do proxecto Radio na Biblio.
 
    Para iso, todo o alumnado do centro e o do PAI fixemos difraces relacionados con Radiuvín.
   Os nenos e nenas do PAI e o alumnado de Infantil foron os nosos reporteirose para iso fixeron pases de prensa e micrófonos reutilizando envases de iogures bebibles e tubos de cartón.
 
 

   Todo reporteiro necesita un micrófono para facer oír a súa voz. Neste caso, os micrófonos foron os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria.

 
  Para escoitar o que os reporteiros e xornalistas nos queren transmitir, tamén se necesitan aparellos de radio. O alumnado de 5º e 6º de Primaria, fixo un traballo de investigación sobre a evolución destes aparellos e disfrazáronse de radios de todos os tempos.

   E como o fin último da radio é chegar a alguén, necesitabamos ouvintes. Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, aos que lle fai moita ilusión que os seus avós e avoas os poidan escoitar a través das ondas, caracterizáronse de velliños e velliñas cos seus transistores que fixeron reutilizando caixas de cartóns.
 
  Cos nosos disfraces fixemos un desfile no que o alcalde regaloulles aos nenos unhas bolsas de chuches. Podesde ver todas as imaxes do desfile no seguinte enlace:
 
    Pola tarde foi o momento do disfraz libre, os nenos que quieron trouxeron disfraces da súa casa para seguir disfrutando do entroido.
 
   

OS BIBLIOAXUDANTES CONTAN: ENTROIDO (9/2/2018)

Comezamos o día grande do entroido como non podía ser doutro xeito: lendo na biblioteca!

  Varios biblioaxudantes prepararon a lectura Urco e Teucro viven o entroido do libro O entroido do Colectivo "Ollo de sapo" na que os habitantes "dun país onde de pronto a xente que vivía aló esqueceuse de rir e non había nada que lle puidese dar risa" descobren o entroido que se celebra en Galicia.

 
Distribuir contido