Música
EXCURSIÓN A SANTIAGO (30 / 10 / 2017)
A nosa excursión comezou coa asistencia á ópera Guillermo Tell de Rossini adaptada para o público infantil, unha adaptación da compañía La baldulfa.
Este concerto enmárcase dentro das Actividades Didácticas propostas polo Concello de Santiago no Auditorio de Galicia para centros escolares de toda Galicia. Nesta ocasión coincidimos con 18 centros máis polo que o Auditorio estaba tan cheo que algúns dos nosos alumnos tiveron a sorte de ver a representación desde os palcos.
Despois da ópera, foi o tempo de comer e xogar un pouco no parque da Universidade antes de dirixirnos ao Parlamento de Galicia. Alí, no Salón dos Reis, recibiunos Raquel Arias, veciña nosa e Secretaria da Mesa do Parlamento.
Despois percorrimos o resto do edificio visitando as súas bibliotecas
as salas dos diferentes grupos parlamentarios que compoñen o goberno de Galicia
a sala das Letras Galegas
e, como non, o hemiciclo onde o noso alumnado puido sentarse no sitio dos
Deputados e Deputadas do goberno; incluso Raquel, que voltou a despedirnos, cedeunos o seu sitio.
Ao rematar a visita, cada neno recibiu un libro do Parlamento e un despegable para que non nos olvidemos de todo o aprendido nesta visita; e para a biblioteca tamén uns exemplares dos discursos parlamentarios dalgúns dos presidentes de Galicia
Queremos agradecer a Raquel o seu interese constante polo noso centro e mandarlle unha aperta moi forte!
ESTAMOS NO VERÁN - Xoan Cuiriel (14/6/2017)
CONCERTO DIDÁCTICO DA ESCOLA E DA BANDA DE MÚSICA (12/5/2017)
Despois deste concerto, o noso centro recibiu a visita do CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón que quedou a comer con nós e compartir un tempo de lecer.
MI TAMBOR - Canción infantil (3/4/2017)
INSTRUMENTOS DE PEQUENA PERCUSIÓN
DE QUE CHE VALE? - DÍA DA PAZ 2017
A música non pode faltar na nosa Biblioteca escolar: territorio das artes. Por iso, acabamos de ter nela un encontro con Jesús Pareja, mestre de música do CEIP San Xoán de Filgueira de Ferrol, Musicólogo, compositor e Director do Coro da Universidade Sénior de Ferrol onde tamén é mestre de Linguaxe Musical.
Neste encontro, o compositor explicoulle ao noso alumnado moitos aspectos relacionados coa música e a composición de obras tanto para nenos como pop ou máis clásicas, e eles puideron preguntarlle as súas dúbidas ao respecto.
dos ensaios, do encontro e da gravación do vídeo
INSTRUMENTOS DE VENTO
El laboratorio de los instrumentos de viento está completamente desordenado y necesita que un buen especialista vuelva a reunir cada instrumento con su sonido. Solo así podremos oír cómo suena un quinteto de viento.
Este recurso educativo creado por Obra Social "La Caixa" nos permite conocer mejor los principales instrumentos de viento de la orquesta.
¿Te atreves? Clicka en el enlace
FESTIVAL DE NADAL - 2016
Xa podedes gozar das actuacións do festival que os nenos e as nenas do cole prepararon para este Nadal.
Só tedes que premer no vídeo que queirades ver e desfrutar da panxoliña correspondente.
Na GALERÍA DE IMAXES, podes ver varias fotografías que
recollen diferentes momentos das actuacións.