2023 / 2024

DÍA DA NARRACIÓN ORAL (20/03/2024)

    O Día Internacional da Narración Oral é unha celebración mundial que se celebra o 20 de marzo. Un dos obxectivos deste día é poñer en valor a acción de contar historias e por iso, algúns nenos e nenas de 1º e 2º contáronlle aos seus compañeiros tres lendas diferentes.

  

Comezaron Teo e Aroa, contándonos a lenda de A Torre de Hércules.

   

A continuación Brais e Lucas contáronnos a lenda de O monstro do lago Ness

 

Despois Estrela e Alicia remataron contándonos A lenda da Lúa e do Sol:

 

CARTAS DENDE A RÍA (IV)

  Xa temos unha nova entrega do proxecto Cartas dende a ría. Nesta ocasión foron os nenos e as nenas do CEIP de Seara (Moaña) os que recibiron as nosas cartas.

No seguinte enlace podedes ver un vídeo que fixeron cando as recibiron, parece que lles gustaron moito!!
 
 
 
 

BAILAMOS TOD@S (11/03/2024)

  Dentro da conmemoración do Día da Muller, realizamos na biblioteca a actividade BAILAMOS TOD@S organizada pola ANPA a través de FACAPEL co grupo TROUPELEAR.


   
A finalidade deste obradoiro esta desterrar roles de xénero a través de xogos bailados da nosa tradición dándolles unha perspectiva diferente para achegalos aos nosos días.

 

    Así xs nosxs alumnxs cantaron, percutiron e realizaron diferentes bailes que lles axudaron a tomar conciencia dos seus corpos e dos corpos dos demais e a  interaccionar entre eles.

 

MOITAS  GRAZAS á ANPA por organizar esta actividade tan interesante e divertida coa que seguir creando conciencia de xénero.

 
 
 

PROXECTO "OS PINGÜÍNS" (III) - 09-03-2024

    Durante o transcurso do proxecto o alumnado de Primaria fixo unha videoconferencia coa Base Antártica Española "Gabriel de Castilla" e desde alí ofrecéronnos a posibilidade de que as aulas apadriñaran un pingüín. 
 
    As crianzas quedaron alucinadas de que puideran poñerlle nome que quixeran a un pingüín de verdade e comezaron a pensar en como lles gustaría que se chamara.
 
    Así xurdiu un proceso de elección no que cada un deu un nome e logo votaron ao que máis lles gustaba. Ao final quedaron soamente tres, entre o que saiu o gañador: SALTARÍN!!!

 

Que ledicia levaron cando chegou o diploma do "seu" pingüín!

 

   Aproveitando todo o traballo que levaban feito sobre este tema, para conmemorar o Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, coñeceron a figura de Josefina Castellví.
 
    Josefina, ou Pepita como lle gustaba que lle chamaran, foi unha das primeiras mulleres en participar nunha expedición internacional na Antártida e a primeira muller en dirixir a Base Antártica española Juan Carlos I.
 
  Primeiro elaboraron entre todos un gran mural de Josefina empregando diferentes técnicas e materiais, que agora decora o corredor das aulas de infantil e logo, cada neno fixo unha ficha individual para leval de recordo para a casa.
 
 
 

8M: MULLERES E XOGOS OLÍMPICOS (08-03-2024)

   Seguimos co proxecto dos Xogos Olímpicos e para o Día da Muller quixemos investigar sobre o papel das mulleres nestes xogos ao longo da historia.

  Comezamos esta investigación pola Antiga Grecia onde as mulleres non podían participar; pero descubrimos que existían os xogos Hereos que eran xogos na honra da deusa Heras, esposa de Zeus nos que as mulleres competían en problas atléticas.

 
  Despois investigamos sobre a primeira vez que as mulleres puideron participar nos Xogos Olímpicos e descubrimos que foi en 1900 en París nas disciplinas de golf, tenis e tiro con arco e tamén descubrimos que a primeira vez que unha española se clasificou para participar nuns xogos foi en 1920, a desportista Lili Álvarez que era tenista, xogadora de billar, piloto de coche de carreiras... pero por lesión non puido participar ata 1924.
 
    Tamén nos xurdiu a dúbida de cales serían as primeiras mulleres en acadar unha medalla a nivel mundial e cal a primeira española.

 

   A continuación quixemos saber cales eran as con máis medallas e descubrimos que o ranking mundial o encabezan mulleres como Larisa Latynina (ximnasta da Unión Soviética, 18 medallas), Birgit Fischer (piragüista alemá, 12 medallas), Jenny Thompson (nadadora estadounidense, 12 medallas) ou Věra Čáslavská (ximnasta, 11 medallas)

   E que as primeiras mulleres do medalleiro olímpico español son Mireia Belmonte (natación, 4 medallas), Andrea Fuentes (natación sincronizada, 4 medallas) e Arantxa Sánchez Vicario (tenis, 4 medallas).

 

   Despois elaboramos un mural que nos serviu de base para compartir toda esta información co resto do alumnado do colexio.

 

 

  E fixemos unha reflexión sobre a muller á que nos lle daríamos a medalla de ouro das nosas vidas.

 

  Esperamos que todo o falado hoxe sirva para que o noso alumnado reflexione sobre a importancia da igualdade de xénero en todos os ámbitos da vida.

 

 

 

SEMANA DA PRENSA 2024

 
     Durante a semana do 4 ao 8 de marzo celébrase nos colexios a Semana da Prensa, e o alumnado de Educación Infantil levou a cabo varias actividades con xornais. 
 
    Unha das propostas foi unha instalación artística coas páxinas dos xornais e rolos de cartón, onde se deu paso ao xogo libre para manipular, tocar, experimentar, facer e desfacer, rasgar, cortar, romper...
   
 

Outra actividade foi a búsqueda nos xornais das letras que compoñen os nosos nomes.

 
 

E por último, empregaron o papel dos xornais como lienzo para facer uns fermosos debuxos que logo as crianzas levaron para as súas casas.

 

 

CAMPAÑA ANTÁRTICA ESPAÑOLA (01-03-2024)

   O noso centro tivo a oportunidade de participar nunha videoconferencia coa Base Antártica Española "Gabriel de Castilla" de Illa Decepción para coñecer de primeira man o seu labor e as actividades que están realizando alí.

 
   Durante esta conferencia un dos científicos que está na base e o Capitán de Transmisións, Pablo Álvarez Balsa, faláronnos sobre aspectos moi diversos da súa campaña.
 
   Primeiro empezamos coñecendo a Antártida como continente: a súa xeografía, o clima, a súa historia e o tratado Antártico que permite estas investigacións.
 
 
    Despois explicáronnos as diferentes especies animais que viven alí e que a única flora que hai son musgos. Así coñecemos a diferentes especies de pingüíns, ás focas, aos leóns mariños, a aves como o petrel e tamén ao krill, que é un pequeno crustáceo do que se alimentan moitos dos demais animais.
 
 
 
    Na seguinte parte da videoconferencia explicáronnos algúns dos proxectos científicos que están realizando, como é a base onde viven, que fan e cales son as funcións que teñen alí.
 

 

     Para rematar a actividade abriuse unha queda de preguntas na que o noso alumnado e o alumnado dos outros centros participantes pudieron falar directamente cos nosos interlocutores.
 
    Ao final, o alumnado recibiu un saúdo especial de Pablo Álvarez xa que ten raíces en Sober e foi membro da Banda de Música do noso Cocenllo durante varios anos.
 
 
     E despois da videoconferencia aínda tivemos outra sorpresa: chegaron os diplomas que acreditan o apadriñamento dun pingüín por parte de cada clase puidendo ver na foto correspondente os seus pingüíns apadriñados: Marcelino, Josito, Tomi e Saltarín.

  Con este diploma comprometémonos a coidar o medio ambiente para que os pingüíns residentes na Antártida poidan seguir vivindo alí durante moito tempo.
 

MOITAS  GRAZAS  AOS  RESPONSABLES  DA  CAMPAÑA  POR  PERMITIR  QUE  O NOSO  CENTRO  FOSE  UN  DOS  PARTICIPANTES  NAS  VIDEOCONFERENCIAS  DESTE ANO!!
 
Se queredes ampliar a información sobre esta campaña podedes facelo directamente na súa páxina web:
 
 
 
 

DÍA DE ROSALÍA - 2024

   O 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro porque é o aniversario do seu nacemento.

 
 
   Este ano a AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) mandou aos centros de ensino unha proposta que consistía en ilustrar uns versos de Rosalía de Castro e despois elaborar un collage con eles. Nós fixemos unha variación e cambiamos o collage por uns pequenos vídeos.  Esperamos que vos gusten!!

 

 

 

    Ademais das ilustracións tamén fixemos un certame de investigación no que o alumnado de primaria tiña que investigar sobre a biografía e as obras de Rosalía de Castro e cubrir unhas fichas elaboradas por varios centros educativos de A Coruña que eles mesmos compartiron con nós a través do e-mail.

 

    Hoxe despois do visionado das montaxes dos videopoemas, entregamos os agasallos ao alumnado que participou neste certame porque o fixo moi ben!!

 
 

 

 
FELIZ  DÍA  DE  ROSALÍA!!

 

 

PLAN DIRECTOR (21-02-2024)

     Dentro do PLAN  DIRECTOR  PARA  A  CONVIVENCIA  E  A MELLORA  DE  SEGURIDADE  NOS  CENTROS  EDUCATIVOS  E  NOS  SEUS  CONTORNOS, contamos no centro coa presenza de Ramón Peña, membro da Garda Civil experto nos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.


   Durante esta sesión tratáronse temas importantes para o alumnado xa que, queiramos ou non, internet e plataformas como wassapp, youtube, tiktok... están presentes na súa vida diaria.


   Ademais de falar sobre o bo uso desas plataformas tamén falamos de cyberbulling, grooming, roubo de datos persoais, estafas, xogos en rede e da importancia de manter unha boa seguridade nas nosas redes sociais utilizando métodos como a dobre autentificación que se poden activar facilmente desde axustes e nos dan un extra de seguridade se nos chegan a hackear o contrasinal.


  Outros dous aspectos nos que Ramón fixo fincapé foi en evitar dar datos persoais nos nosos perfís públicos (ano de nacemento, gustos, lugar de residencia...) e non aceptar solicitudes de persoas que non coñezamos físicamente.

 

    Se queredes saber máis de todo o que falamos hoxe,  podedes escoitar a entrevista que lle fixeron Germáne e Carlotaen Radiuvín.

 

 

   Para rematar queremos dar as grazas a Ramón Peña e a este plan da Garda Civil que tan necesario nos parece eante calquera problema que teñades, FALADE CUN ADULTO.


 

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA - (16-02-2024)

   Mentres estivemos de entroido conmemorouse o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia. Un día que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas celebra o 11 de febreiro coa intención de visibilizar "o labor das científicas, promover a realización de actividades e fomentar vocacións científicas que axuden a pechar a brecha de xénero na ciencia".

 
   No colexio sumámonos a esta iniciativa invitando cada ano á biblioteca a mulleres de Ciencia relacionadas coa nosa comunidade educativa. Nesta ocasión tivemos con nós a Alejandra Losada Novoa, compañeira do mestre Marco e que, entre outras cousas, estudou Desenvolvemento de aplicacións web.
 

 

   Ela explicounos o seu traballo e que era iso de programar: que se programa? onde atopamos programación na nosa vida cotiá? que é necesario para programar? onde se almacenan as aplicacións?
 
 
 

 

   Ademais falounos da evolución dos ordenadores desde o primeiro ENIAC (Electronic Numerical Integrator and Computer) de 1947 que xa estaba operado por mulleres ata un Raspberry que é un pequeno ordenador do tamaño dunha man.

 

 

   Tamén nos falou da evolución doutros dispositivos tecnolóxicos que coñecen ou manexan os nosos alumnos e alumnas: móbiles, tablets, consolas... e mostrounos unha das primeiras consolas que utilizaban casettes.

 
 

     

 

  Despois pasamos á parte práctica da intervención. Primeiro un pouco de programación scratch e despois Alejandra desmontou un dos vellos ordenadores que temos no almacén do colexio para ensinarnos os seus compoñentes e comparalos cos actuais e cun escornabot.
 

 
      Así o noso alumnado puido ver de cerca como é un ordenador por dentro.
 
 
 
    Para saber moitas máis cousas sobre programación e sobre o traballo de Alejandra podedes escoitar o seguinte podcast no que ela responde ás preguntas de Martín, Lara e Candela.
 
 
 
MOITAS  GRAZAS  POR  DEDICARNOS ESTA MAÑÁ!!
 
ESPERAMOS  QUE  CON  ACTIVIDADES  COMO  ESTAS  AS  CRIANZAS COMPRENDAN  QUE  NO  FUTURO  PODEN  SER  O  QUE  QUEIRAN  SER.
 
 
Distribuir contido