2021/2022

ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA (25-03-2022)

    Como cada ano, participamos nos Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia celebrados no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela para formarnos sobre temas tan interesantes como o futuro das bibliotecas, o poder TRANSformador da biblioteca na educación do S. XXI, a inclusión de videoxogos como un recurso máis da biblio, os libros de non-ficción e a plataforma ELBE.2 da que vos falaremos en breve.

   Ademais tivemos un momentiño para coñecernos e sacarnos unha fotografía case todos os responsables das bibliotecas escolares da provincia de Lugo.

APRENDER A ESTUDIAR e COMPRENDO O QUE LEO (24-03-2022)

     Nesta nova sesión da actividade Aprender a estudiar e Comprendo o que leo organizada pola ANPA, o alumnado segue a practicar con textos para aprender a subliñar e elaborar diferentes tipos de esquemas a partir da información obtida.

     O alumnado de 1º e 2º de Primaria, estivo traballando conceptos como nome común e nome propio, campo semántico, campo léxico...

DÍA DA POESÍA - MES DO AMANDI (23-03-2022)

 Seguimos celebrando o Día da Poesía e o Mes do Amandi recitando novos poemas do libro Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas. 

   Nesta ocasión escoitaremos Saga do río pándigo (poema dedicado ao Río Sil) nas voces de Mencía, Susana, Naím, Iria, Valeria, Gissela y Gareth .

    Tamén podedes escoitar o poema Festas. Folión de vran publicado n'A Nosa Terra en 1931 co título Folión de Santiago.  Encárganse de recitalo Pau, Hugo, Pilar, Lola, Lucía e Lucas Rodríguez.
 
Estade atentos/as as seguintes publicacións porque aínda quedan máis poemas por escoitar!!
 
ANIMAIS FANTÁSTICOS E ONDE ATOPALOS (22-03-2022)

    O alumnado de 3º e 4º de educación primaria estivo a traballar nun proxecto titulado "Animais fantásticos e onde atopalos" en base ao libro da autora británica J.K. Rowling, publicado en 2001, sobre criaturas máxicas de Harry Potter. 

    Como en ciencias naturais estivemos aprendendo todo o relacionado co reino animal, planeamos xuntar este mundo con outro que nos apaixona: A MAXIA. Pois ben, dende a Academia Máxica (aula de 3º-4º) o alumnado tivo que inventarse o seu propio animal fantástico. Primeiro, cubriron un ficha de investigación na que tiveron que poñer o datos e características principais da súa creación: tipo de alimentación, grupo e subgrupo, tipo de reprodución, lugar de procedencia... Todas as fichas, agrupáronse e creamos o noso propio libro que pasou a formar parte da Maxiteca e da Biblioteca do Centro. 
 
    Ademais, desta tarefa o alumnado tamén elaborou as maquetas dos seus animais. Botádelle una ollada ao seguinte vídeo e poderedes admirar as súas obras. 
 
Agora, xa sabedes onde se atopan os animais fantásticos? Shhhhhh...Gardade o segredo!

DÍA DA POESÍA - MES DO AMANDI (21-03-2022)

      O 21 de marzo é o Día da Poesía e ademais en Sober estase celebrando tamén o Mes do Amandi no que o Concello organiza actividades culturais arredor da XLII Feira do Viño de Amandi que é un dos eventos máis importantes que se celebran aquí.

    Unha destas actividades culturais programadas era un recital poético polo Día da Poesía basado no libro Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas. 
 
    Este libro de poesía ten como protagonistas principais as viñas e o viño aínda que tamén ten poemas dedicados ás árbores, ás plantas, á paisaxe...
 
   Ao final non puidemos ir ao Salón de Actos da Casa da Cultura para o recitado pero gravamos os poemas para compartilos con todos/as os/as que os queirades escoitar.
 
    Hoxe comezamos co poema Cantiga da vindima, unha actividade vinícola que o noso alumnado coñece moi ben xa que a maioría das familias do colexio teñen viñas de consumo propio ou como actividade económica. Está recitado por Carlota, Nayara, Javier, Lara, Pablo, Candela, Diego, Antía e Ada.
 
   Continuamos con Aí vén o Maio recitado por Pablo, Daniela, Martín, Germán, Cristian, Darío, Libertad, Yanira e Lucas Fernández.

Estade atentos/as o resto da semana que iremos publicando os seguintes!!
 
IlustrarNÓS: Os nosos ilustres instrumentos

   Esta semana o alumnado de 3º e 4º de Primaria participou no obradoiro OS  NOSOS  ILUSTRES  INSTRUMENTOS  dentro da campaña  IlustrarNÓS organizada pola Deputación de Lugo e solicitada pola ANPA.

   Juan A. Álvarez  foi o encargado de presentarnos un montón de instrumentos tradicionais galegos de percusión uns máis coñecidos como o tamboril, o pandeiro ou a pandeireta e outros máis descoñecidos como a pandeira ou o charrasco. Tamén nos amosou como facer música con obxectos que non son instrumentos como as piñas ou as cunhas

   Pola súa banda, a ilustradora Laura Romero ensinounos a darlle vida aos instrumentos poñéndolles rostro e corpo.

  Na segunda parte do obradoiro, deixamos os instrumentos de percusión e coñecemos o pícolo, a gaita e a zanfona.

   E rematamos volvendo a debuxar, desta volta convertemos a gaita nun parrulo seguindo o exemplo de Laura; así nas nosas ilustracións podedes ver un  instrumento de percusión escollido polo alumnado e a gaita.

MOITAS  GRAZAS  POLA  ORGANIZACIÓN  DESTAS A CTIVIDADES  TAN  INTERESANTES!!

INEIN: PROXECTOS DE IMPRESIÓN 3D

Dende a materia de INEIN o alumnado de 6º curso estivo aprendendo todo o relacionado coa impresora 3D. Comenzamos con un pouco de teoría sobre o funcionamento da mesma. A continuación, estivemos a traballar no programa en liña gratuíto de modelado 3D  TinkerCad, onde cada un deles puido deseñar o seu propio proxecto. 

A tarea consistiu en elixir un país e facer algún obxecto característico do mesmo. De este modo, non só traballamos a competencia dixital senón tamén, outras competencias como a de aprender a aprender ou a de conciencia e expresións culturais. Eliximos este tema debido a que ao longo do curso o alumanado de 5º e 6ª está a traballar o proxecto "Viaxando polo mundo". 

Nas seguintes fotografías podedes observar as súas creacións:

Lucas Rodríguez Freire
 
Pilar Vence Álvarez

Lucía Rodríguez González
 
Pau Bech Bocanegra

Hugo Fernández Prada

Esperamos que vos gusten!

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: A PITA XEFA (8-03-2022)

   O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller.

   Desde o colexio, este ano quixemos facer fincapé na loita contra os estereotipos partindo do libro  A pita xefa  de Marta Lado que foi o gañador do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021).

   Varios biblioaxudantes foron os que leron esta historia na que coñecemos a Coro, a galiña protagonista que ten grandes sonos e quere chegar a ser xefa do galiñeiro sen entender que o señor Quiríaco, só por ser galo, teña que ser o que mande; estaba farta de oír aquel refrán antigo que sempre funcionara no galiñeiro: "Os galos mandan, e as galiñas apandan"

     Tamén coñeceremos a galiñas que fan cousas moi diversas: malabares con ovos, partir leña facendo kárate, bailar claqué, deseñar prototipos...

   Ao longo da historia, vemos como o resto das galiñas do galiñeiro van comenzando a pensar que igual Coro ten razón e que ao mellor unha pita pode ser xefa.

  Pouco a pouco decátanse de que as galiñas poden facer o que queiran así que, para que Coro poida voar tan alto como o galo e convertirse na xefa do galiñeiro; a galiña enxeñeira deseña unha estrutura que todas as demais enchen coas súas propias plumas de xeito que ao final Coro pode voar ao alto do poleiro e cantar o seu ulululúúúú.

    Para rematar, a través da unión de todas, acadarán o seu obxectivo: cambiar as normas do galiñeiro! E para iso fundaron un Consello de anciáns no que incluían ao señor Quiríaco e tamén unha comisión de innovación. 

 Despois de ler o libro quixemos recrear a súa portada con plumas pintadas por cada un dos nenos e das nenas do colexio para axudar a Coro a voar, pois tanto os nenos como as nenas temos que loitar para acadar unha ruptura real dos estereotipos de xénero.

   E  agora un pequeno exercicio para rematar:

1º) Pensade na persoa que manda nunha empresa e que está presidindo unha reunión nunha mesa moi longa.

2º) Contestade sendo sinceiros... pensastedes nun xefe ou nunha xefa?

LOITEMOS  CONTRA  OS  ESTEREOTIPOS!! 

DÍA DA MULLER: A PITA XEFA (8/03/2022)

FRACCIÓNS CON CUBOS (4/3/2022)

Na nosa biblioteca podemos atopar numerosos recursos para interiorizar e entender mellor algúns contidos. Neste caso, @s alumn@s de 4º de Educación Primaria estiveron argallando cos cubos MathLink, un material moi útil e e visual para traballar conceptos matemáticos como por exemplo, numeración, operacións básicas, secuencias lóxicas... 

Como podedes observar nas seguintes imaxes, hoxe empregámolos para practicar as fraccións, os seus términos e a súa representación e lectura. 

Pasámolo moi ben mentres repasamos todo o tema
 
Distribuir contido