2020/2021
CONTACONTOS POLA IGUALDADE - PEDRO BRANDARIZ (09-03-2021)
O contacontos Pedro Brandariz estivo hoxe no colexio nunha actividade subvencionada polo Concello de Sober para sensibilizar ao noso alumnado na igualdade de xénero e na prevención das violencias machistas.
"Non máis princesas" é un espectáculo no que Pedro Brandariz nos narrou 3 contos de Raquel Díaz Reguera: ¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? no que se desmitifican os roles e os estereotipos de xénero, Cuando las niñas vuelan alto e Las niñas serán lo que quieran ser nos que as nenas acaban acadando os seus obxectivos superando todas as pedras que se encontran no camiño e que se van metendo nos seus zapatos para impedir que voen alto.
MOITAS GRAZAS AO CONCELLO DE SOBER POR ESTA ACTIVIDADE!!
DÍA DA MULLER: EU VOU COMIGO (Adaptación) 8-03-2021
Desde o centro queremos sumarnos á conmemorarión do Día Internacional da Muller e traballar a favor da igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas facendo varias actividades ao longo da semana.
Comezamos coa adaptación do libro Yo voy conmigo de Raquel Díaz Reguera feita polo alumnado de 1º e 2º de Primaria para reflexionar sobre a importancia de ser nós mesmos e a necesidade de non cambiar para agradar aos demais senon de querernos tal e como somos, cos nosos defectos e coas nosas virtudes porque para conmemorar este día hai que comezar por respectarnos e querernos a nós mesmos sen importar se somos do xénero masculino ou feminino.
DÍA DE ROSALÍA: ¡PRA Á HABANA! (24-02-2021)
Rematamos a semana dedicada a Rosalía de Castro co vídeopoema de 3º e 4º de Primaria: ¡Prá á Habana! do libro Follas Novas.
DÍA DE ROSALÍA: 5º E 6º PRIMARIA (24-02-2021)
O alumnado de 5º e 6º de Primaria tamén na conmemoración do Día de Rosalía .
Os nenos e nenas de 5º de Primaria recitan Tecín soia a miña tea e os de 6º recitan Cando penso que te fuches ; ambos poemas do seu libro Follas Novas .
DÍA DE ROSALÍA: A CLASE É UN GALIÑEIRO (24-02-2021)
Para a celebración do Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino a AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) propón a creación dun vídeo curto para coñecer, reinterpretar e difundir a obra de Rosalía.
O lema proposto para as clases de infantil foi A clase é un galiñeiro... sobre unha pequena versión que o grupo The Lelli Kellies fixo dos versos finais do poema Vente rapasa (Cantares Gallegos) de Rosalía:
Aquí vos deixamos a nosa versión dos nenos e nenas de Educación Infantil coas súas fermosas cristas para que pasedes un rato divertido, descarguedes adrenalina e botedes unha gran risotada!!