2019/2020

DÍA DO LIBRO INFANTIL (2/04/2020)

 Ilustrado por Damijan Stepancic
 
 
     Cada 2 de abril o IBBY (International board on books for young people) propón a celebración do DÍA DO LIBRO INFANTIL co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
 
    Este é unha conmemoración especial porque estamos nunha situación especial; aínda así queremos propoñervos varias opcións:
 
    Como este día foi elexido como tal porque foi é o día no que naceu Hans Christian Andersen que escribiu contos que moitos/as coñecedes: El patito feo, La sirenita, El soldadito de plomo, El sastrecillo valiente,La reina de las nieves, La vendedora de fósforos... A primeira opción son varios vídeocontos deste autor:
 
 
 
 
 
  
    A segunda opción son os  CONTOS CONTADOS (Kalandraka TV) neste enlace encontraredes moitos libros en galego que xa coñecedes e outros que non, contados por contacontos.
 
http://kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33

 

     Rematamos con outras dúas recomendacións:
 
Biblioteca online onde podedes ler diferentes contos de forma dixital 
http://www.digital.pintar-pintar.com/bookcase/combj
 
- PLATAFORMA “Galicia le” na qe podedes acceder ao préstamo de libros electrónicos sen necesidade de carné.
https://www.galiciale.gal/
 

 

DÍA DA POESÍA VIRTUAL V (24/3/2020)

Rematamos este recital virtual cos últimos catro poemas!!
 
VALERIA: Outono de autor descoñecido
 
 
 CANDELA, LAURA  E  MENCÍA: Os cinco embaixadores de Sober
 
 
NAYARA:  fragmento de Adiós ríos, Adiós fontes (Rosalía de Castro)
 
 
MESTRAS: Espranza  (Celso Emilio Ferreiro) 
 
 
 
MOITÍSIMAS  GRAZAS  A  TODOS  OS  PARTICIPANTES
 
E  TAMÉN  AOS   QUE   PASASTES  UN  RATIÑO  ESCOITÁNDOOS!!
 
 

DÍA DA POESÍA VIRUTAL (IV) (23/3/2020)

Comezamos  a  semana  con  novos  poemas!!
 
IRIA  E  A  SÚA  NAI  MARÍA: Labores cotiás do libro Nas esquinas do frío (Ramón Sandoval)
 
 
HUGO  E  PABLO: Que será, será? do libro A casa de había unha vez (Ana María Fernández)
 
 
A  MESTRA  INÉS: Aloumiños (Antonio García Teijeiro)
 
 
LAURA  E  LUCAS: A Lúa e o Sol do libro Vagalume de Versos (María Canosa)
 

ATA  MAÑÁ!!!

DÍA DA POESÍA VIRTUAL (III) (22/3/2020)

Aquí vos deixamos catro novos poemas para a tarde do domingo!!
 
BRAIS  E  XIANAO barco do libros Os soños na gaiola (Manuel María)
 
 
HÉCTOR  E  DARÍO: A araña tece (Anisia Miranda)
 
 
LAURA  E  A  SÚA  NAI: Ti onte, mañán eu do libro Follas Novas (Rosalía de Castro)
 
 
 
MARCOS E A SÚA PARELLA: Irmaus do libro Longa noite de pedra (Celso Emilio Ferreiro) 
 
 
RECORDADE... MAÑÁ  MÁIS!!
 

DÍA DA POESÍA VIRTUAL (II) (21/3/2020)

Seguimos con poemas do noso alumnado e a súa familia!!
 
PILAR  E  A  SÚA  NAIA Lúa e o Sol do libro Vagalume de Versos (María Canosa)
 
 
ADA, TEO, A SÚA NAI  E  O  SEU  PAI: Caracol do libro Os soños na gaiola (Manuel María)
 
 
CARLOTA: Parece unha rosa (Rosalía de Castro)
 
 
 
CÉSAR  E  A SÚA  NAI: Rosalía de Castro
 
 
MOITAS  GRAZAS  A  TODAS
MAÑÁ  MÁIS!!!
 

DÍA DA POESÍA VIRTUAL (I) (21/3/2020)

Xa temos os primeiros vídeos de poesía para o noso recital virtual!
 
Esperamos que disfrutedes  deles!!
 
LUCÍA  E  LAURA: O caracol do libro Os soños na gaiola (Manuel María)
 
 
CECILIA E  LEONOR: Bonito do libro O Xardín de Irene (Xosé Neira Vilas)
 
 
DANIELA, ALEXIA E  O  SEU  PAI: A primavera (A. Martínez)
 
 
GABRIEL, CRISTIAN, A SÚA NAI  E  A  SÚA  AVOA: Pra Habana (Rosalía de Castro)
 
 
 
MOITAS  GRAZAS  POR  PARTICIPAR
 
E  ESTADE  ATENTOS  ÁS  SEGUINTES  PUBLICACIÓNS!!

DÍA DA POESÍA VIRUTAL. PARTICIPADES?? (19/3/2020)

   O sábado día 21 de marzo, conmemórase o DÍA  DA  POESÍA. Unha proposta da Unesco coa finalidade promover a súa ensinanza, crear unha imaxe atractiva dela e fomentar a expresión e tradición oral.

 

   Dendo o Equipo de Biblioteca pensabamos organizar un recital poético para a próxima semana pero como non se pode, decidimos trasladalo ás vosas casas.

 

 

    PROPOÑÉMOSVOS  QUE  GRAVEDES  UN  VÍDEO RECITANDO, LENDO, CANTANDO... UNHA POESÍA ADECUADA  Á  IDADE  DOS  VOSOS  FILLOS/AS (PREFERIBLEMENTE EN  GALEGO) CON ALGUÉN DA VOSA FAMILIA E  NOLA  MANDEDES  AO @  DA BIBLIOTECA (biblioteca.virxedocarme@gmail.com) PARA  FACER  UN  RECITAL  VIRTUAL.
 
       Se a poesía non é popular, recordade incluír no vídeo o título e o autor do poema.
 
 
ANIMÁDESVOS??
 
ESPERAMOS  OS  VOSOS  VÍDEOS!!
 

GAMIFICACIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR (5/3/2020)

    A gamificación é unha estratexia lúdica que introduce elementos típicos dos xogos en contextos diferentes para mellorar valores como a motivación, a participación, a concentración...
 
     Esta estratexia parécenos moi interesante para reforzar no noso alumnado a alfabetización múltiple e por iso realizamos dúas actividades no centro con Ana Ordás especialista en gamificación que se define a si mesma como "exploradora de mundos que aplicar a las bibliotecas para darles visibilidad y fomentar la participación".
 
 A primeira foi o obradoiro "El coleccionista y los devoradores de libros" cos nenos e nenas de Primaria.

 

   Neste obradoiro o alumnado repartido en grupos tiña que atrapar ao coleccionista e aos seus esbirros que estaban agochados na nosa biblio:
 
 " [...] Los que se adentrarán en esa maraña que los humanos llaman internet y acabarán con todo rastro de los libros que allí moran. Sí, sí. Sus seis lacayos más imponentes y terribles. Los mira, uno por uno, con sus pequeños ojos y, por una vez, lamenta que ellos no puedan ver su expresión, porque es la verdadera imagen del triunfo. Todo está pensado y planificado. No solo acabarán con los libros virtuales, también con sus autores, sus cuentas personales y cualquier sistema de búsqueda. 
 
Devorarán todo y ya solo quedará la oscuridad, y entonces, llegará la veradadera oportunidad de los devoradores de abalanzarse sobre lo que quede de la realidad. [...] "
  
 O obradoiro comezou co deseño dos seus propios monstros partindo do xogo Monster Kit.
 
 

 

  Cos monstros xa deseñados... COMEZAMOS  A  CAZA!! 
 
  Primeiro había que atopalos na biblioteca e despois deducir se vivían no catálogo on-line da nosa biblioteca ou no catálogo de e-biblio para poder acceder ao catálogo correcto e atopar a clave que nos permitía cazalos seguindo o qr do seu candado dixital.
 

 

     Cos seis esbirros cazados, o alumnado xa tiña todas as pistas para completar a clave oculta e... atrapar ao COLECCIONISTA!
 

  Unha actividade lúdica e moi divertida que nos permitiu reforzar a alfabetización múltiple do alumnado de Primaria: a creatividade, o uso de tablets e outros dispositivos móbiles, candados dixitais, códigos qr ou navegación polos catálogos on-line das bibliotecas foron só algúns dos elementos traballados.

    Pola tarde foi o momento dos mestres para formarnos e poder deseñar actividades propias e específicas a desenvolver co noso alumnado.

UN  PRACER  CONTAR  CON  ANA  ORDÁS  NA  NOSA  BIBLIOTECA!!
 
ESPERAMOS  APROVEITAR  BEN  AS  SÚAS  ENSINANZAS!!
 
 
 

DÍA DE ROSALÍA (24/02/2020)

   Este ano coincide o Entroido co Día de Rosalía que se conmemora o 24 de febreiro por ser a data do seu nacemento; por iso quixemos facer unha actividade que xuntase estas dúas conmemoracións e a proposta da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) que propoñía traballar o tema das migracións actuais baixo o lema #ErrantesPoloMundo_rdc_20
 
 
   E se hai un poema que reflicte a migración en todos os seus aspectos, sobre todo, a morriña de quen se vai é Adiós ríos, adiós fontes; así que escollemos este poema para que o noso alumnado tomase conciencia deste problema; non só como algo que pasou fai tempo senón como algo que segue a acontecer.
 
 
Queremos dar as grazas ás familias que voluntariamente se disfrazaron e participaron neste vídeo!
 
 
(Enlace ás imaxes do meco e das familias)

DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA (11/02/2020)

     O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia
 
 
   Con este día, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas pretende visibilizar "o labor das científicas, promover a realización de actividades e fomentar vocacións científicas que axuden a pechar a brecha de xénero na ciencia".
 
   Desde o colexio quixemos sumarnos a esta iniciativa e por iso estivo con nós Tamara Arias Sáez, ex-alumna do centro e médica no hospital de Ourense.
 
    Ela falounos da medicina que é a ciencia dedicada ao estudo da vida, da saúde, das enfermidades e da morte do ser humano.
 
   Tamén nos falou do método científico, explicándonos que as investigacións xorden cunha pregunta que nos facemos sobre unha inquedanza e a partir de ahí a través da observación, medición, probas, experimentos... podemos chegar ou non á solución da pregunta.
 
   Ademais contounos o conto "El sueño mágico de Shaman" co que quixo facer fincapé na  orixe dos medicamentos e a importancia da investigación para o seu descubremento: de onde xurden? por que sabemos que curan? como chegan á nosa casa?
  
  Para rematar, Tamara pasou polos nosos estudos de radio onde Pilar, Lucía e Xoán lle fixeron unha entrevista que podedes escoitar a continuación para saber moitas máis cousas sobre ela e a súa profesión.
 
 

 
   MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  COMPARTIR
CON  NÓS  ESTE  DÍA!!


GALERÍA  DE  IMAXES

 
Distribuir contido