2018/2019

APADRIÑAMENTOS LECTORES

    Para conmemorar o Día do Libro outra das actividades que vimos facendo desde fai varios anos e que ademais é unha preferidas do noso alumnado, é a dos apadriñamentos lectores.
      
       Nesta actividade, os biblioaxudantes organízanse en cinco grupos que se reparten polo colexio con candanseu libro para lerlles ao resto do alumnado que tamén dividido en 5 grupos, vai percorrendo a senda dos libros:
 
    Na biblioteca estaban Laura G, Laura R. e Pablo contando O sastriño valente dos Irmáns Grimm (Ed. Sieteleguas); unha historia que nos fala de que a astucia e da intelixencia poden derrotar á calquer forzudo.

  No corredor de infantil, esperábannos Mara e Loïc para lernos Tomás o bromista de Jorge Rico (Ed. Kalandraka); un neno que sempre están gastando bromas que non lle fan graza a ninguén ata que un día o que leva un bo susto e el!!

   Ao chegar ao Salón de actos, Francesca e Xoán tíñan preparada a historia dunha eiruga moi lista e tan intelixente que consegue salvarse de ser comida por varios paxaros: Paso a paso de Leo Lionni (Ed. Kalandraka)

    No comedor Uxía e Gisela emocionáronnos co libro Un neno na emigración, que ten que emigrar coa súa familia a Nova Iork pero que segue estando moi orgulloso da nosa Galicia de Francisco Álvarez (Ed. Fervenza)

  E para rematar, no noso xardín do corredor principal Aitana, Adrián e Jorge esperaban para contarnos A horta de Simón de Rocío Alejandro (Ed. Kalandraka); unha horta na que ao principio só había cenorias pero ao final acabou habendo de todo.

VIAXE AO FONDO DAS PALABRAS

    Para conmemorar o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor desde a Consellería de Educación, cada ano editan un díptico cun texto dunha persoa referente da literatura galega actual.
 
   Nesta ocasión o texto ao que lle poñen voz os nosos biblioaxudantes Mara e Loïc, é de Marilar Aleixandre unha escritora, narradora, mestra e membro da Real Academia Galega que escribiu o poema Viaxe ao fondo das preguntas no que nos quere facer reflexionar sobre o papel da lectura como estimuladora da imaxinación, e da curiosidade e como instrumento para facernos pensar e reflexionar.
 

XINCANA DE PASCUA (12/4/2019)

      Para irnos de vacacións de Semana Santa con bo sabor de boca, organizamos unha xincana na que todos os nosos alumnos e alumnas repartidos en equipos debían superar varias probas organizadas polo Equipo de Biblioteca e pola mestra de Educación Física.
 
   ESCORNABOTS  EN  INGLÉS: nesta proba a teacher preparou varias tarxetas de vocabulario con imaxes e palabras xa traballadas na aula que estaban realacionadas con estas datas .
 
   Con estas tarxetas de vocabulario colocadas no taboleiro, ela foilles facendo preguntas e dándolles definicións para que o alumnado adiviñara a qué casilla do taboleiro debían dirixir o escornabot.
 
 
 
    OBRADOIRO  DE  POESÍA: neste obradoiro os grupos atopaban varias palabras coas que debían facer escribir unha poesía.

    Despois de darlles unhas cantas voltas, saíron poesías ben rimadiñas!!

 
 
 
 
   CARREIRA DE OVOS DE  PASCUA: este xogo tradicional consiste en levar os ovos de pascua nunha culler que se suxeita coa boca... diversión asegurada!!
 
 
 
  XOGANDO  CON  TANGRANS: os grupos de alumnos tiñan que enfrontarse a dous tipos de tangrans: o tangran clásico co que debían construír os coellos propostos e un tangran oval impreso na nosa impresora 3D que representaba o ovo de Pascua.
 
    RUGIDOS  Y  OREJAS (Chih-Yuan Chen): para superar esta proba os nenos e nenas tiñan que estar moi atentos á lectura deste conto no que coñeceron a Orejas que é unha coelliña á que desde pequena lle ensinan a buscar comida nos prados e a escapar dos leóns e a Rugidos que é un león ao que lle ensinan a cazar coellos; pero... que pasará cando os dous se encontran unha tarde chuviosa? 
 
 
 
    PONLLE  A  COLA  AO  COELLO: un xogo xa coñecido no que por quendas, un membro do equipo debe poñerlle a cola ao coello seguindo as indicacións dos seus compañeiros.
 
 
 CARREIRAS  CON  GLOBOS: para superar a pobra das carreiras con globos, debían correr por parellas suxeitando o globo coas partes do corpo propostas sen usar as mans.
 
 
   Por cada proba superada, o grupo conseguía un par de pezas dun quebracabezas e sendo capaces de montalo, encontraban o reto final que os levaría ao tesouro de ovos  de Pascua.
 
En Melilla hai tres,
en Madrid ningunha
e en Castela e Galicia unha.
Que é?
 

 

 

CIENCIA EN MOVEMENTO (10/4/2019)

  A través dos Contratos programa achegouse ata o cento o Museo Científico  Ciencia en Movemento  para instalarse na nosa biblioteca baixo o lema "prohibido non tocar".

 

    Un científico e a súa axudante foron os encargados de explicarnos de maneira moi amena e divertida todos os sorprendentes obxectos científicos que este museo traía nas diferentes áreas: movemento de corpos, electricidade e magnetimso, natureza, minerais, efectos ópticos, fractais, propiedade dos líquidos e dos gases, medicións, motores, enxeño, informática....
 
   Con esta actividade achegamos ao noso alumnado ás matemáticas e ás ciencias dunha maneira diferente e fascinante intentando fomentar a súa curiosidade científica: que forma fan as abellas no seu panal? cal é a proporción do corpo humano?
 
 
   Ademais os científicos facían preguntas para que os nosos alumnos formularan hipóteses e posteriormente puideran verificalas ou rectificalas facendo os pertinentes experimentos para acadar a resposta correcta e aprender que os erros poden levarnos á solución adecuada.
 
 
   Para mostra deixámosvos un vídeo no que desde ciencia en movemento nos explican un dos obxectos que máis lles chamou a atención: un paxaro equilibrista que nunca caía!!
 

COÑECENDO O NOSO PATRIMONIO (5/4/2019)

   Na procura dos tesouros de Sober foi unha excursión organizada polo Concello de Sober para que o noso alumnado puidese coñecer algúns dos monumentos máis importantes da localidade.

   Estivo organizada como unha busca do tesouro polo que os nenos e nenas tiñan que estar moi atentos ás explicacións da nosa guía e completar un caderno coa información máis relevante para atopar os tesouros agochados en cada igrexa.
 
   Acompañados por Mari Fé, encargada da Oficina Municipal de turismo, e de Julia, a nosa bibliotecaria, achegámonos en primeiro lugar a Santa María de Proendos, unha igrexa do século XII situada na antiga Proentia.
 
  
    Observamos a parte exterior fixándonos nas súas formas e no material co que está construída e entramos para coñecela tamén por dentro: buscamos prantas e flores nos capiteis, un debuxo axedrezado no arco principal e fixámonos nas súas pinturas e nas historias que nos contan: "A adoración dos Reis Magos", "A adoración dos pastores" e "A fuxida de Exipto" na que puidemos ver como o neno Xesús pide comida a unha palma e obtén unha castaña.
 
 
 
  Unha vez resolta a parte do caderno relacionada con esta igrexa, atopamos o primeiro dos tesouros: unhas chapas de detectives!
 
 
   A seguinte parada foi San Vicente de Pinol. De principios do século XII e cun estilo artístico similar, na fachada desta igrexa podemos ver un arco lixeiramente apuntado e un rosetón con forma de estrela.
 
   Xa dentro observamos a planta de cruz de latina, restos das súas pinturas, uns capiteis curiosos (un deles parece que representa a Adán e Eva) e ata coñecemos a lenda da Mosteiro de Cadeiras.
 

   Unha vez recollidos os datos desta igrexa no noso caderno de investigadores, atopamos un novo tesouro: uns marcapáxinas conmemorativos desta actividade.

 
 
   A última parada desta excurisón foi en Lobios. Alí comezamos polo seu cruceiro no que podemos atopar elementos da paixón de Cristo: un látigo, tres clavos dentro dunha coroa de espiñas, un martelo, unha escada... e unha serpe que está relacionada cunha lenda que vimos despois. Na parte superior do cruceiro atopamos a Cristo crucificado e á Dolorosa.
 
 
   A Capela da Raíña dos Anxos está preto do cruceiro. É unha capela de forma rectangular construída con pedra irregular sen labrar. 
 
    Conta a lenda que en tempos de mouros unha moza de Lobios  lle roubou unha cadea de ouro a unha moura quen para recuperar a cadea, transformouse en serpe e comezou a perseguila.
 
    A moza escapando pasou por diante desta capela e pediu axuda á Raíña dos Anxos, entón a serpe transformouse outra vez en muller pola intercesión da Virxe e a moza de Lobios puido escapar coa cadea.
 
 
         Hoxe en día, na porta desta capela, atópanse dous buratos polos que podemos mirar para ver a Raíña dos Anxos toda vestida de branco.
 
 
    A última visita foi a San Xulián de Lobios, unha igrexa do románico tardío con planta rectangular. na súa fachada atópanse debuxos de flores no seu arco e varios animais nos capiteis da entrada principal.
 
   No interior destacan a bóveda de crucería, restos de pinturas e as catro figuras animais que representan aos catro evanxelistas: o boi de San Lucas, a aguia de San xoán, o león de San Marcos e o anxo de San Mateo.
 
 
    Para rematar, os nenos e nenas conseguiron atopar o último tesouro, o máis doce: un montón de moedas de chocolate!!
 
MOITAS  GRAZAS ao Concello e a Mari Fé por esta excursión
tan didáctica que nos permitiu coñecer e valorar o noso patrimonio!!
 

PLAN DIRECTOR (4/4/2019)

     Dentro do PLAN  DIRECTOR  PARA  A  CONVIVENCIA  E  A MELLORA  DE  SEGURIDADE  NOS  CENTROS  EDUCATIVOS  E  NOS  SEUS  CONTORNOS, contamos no centro coa presenza de Ramón Peña, membro da Garda Civil experto nos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.
 
 
   Os temas abordados nesta sesión foron moi interesantes, actuais e axeitados ás inquedanzas do noso alumnado. Algúns deles foron cyberbulling, grooming, roubo de datos persoais, xogos en rede como o Fornite e sobre todo a importancia de manter a seguridade das nosas contas cun bo contrasinal e o uso da dobre autentificación: redordade o método da frase clave!!
 

    Para que todos poidades escoitar parte dos seus consellos, Ramón Peña pasou polos nosos estudos de radio onde o entrevistaron Loïc e Adrián.


   E ante calquera problema, xa sabedes: falade cos vosos pais, coas vosas profes ou chamade aos teléfono de axuda:

062
900.116.117

DÍA DO LIBRO INFANTIL. Concurso GALIX (3/4/2019)

  Como cada ano a OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) organiza un concurso polo Día do Libro Infantil.

   Este ano a proposta consistía en facerse un selfie recreando un personaxe ou unha escena dun libro  de literatura infantil ou xuvenil.

    Os selfies que este ano representarán ao noso centro son os seguintes:

PRIMEIROS  LECTORES
 

 

LECTORES  AVANZADOS
 

 

 
 
MOITAS  GRAZAS  A  TODOS  OS  QUE  PARTICIPASTES

MEL DE GALICIA (3/04/2019)

   Hoxe tivemos na biblioteca do centro a Beatriz Ríos que veu desde o Consello Regulador Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, para achegarnos ao mundo das abellas e do mel!!
  Explicounos os tipos de abellas que existen e de que se encarga cada unha, as partes dunha colmea e o seu funcionamento, que flores son as que máis utilizan en Galicia, o traballo do apicultor e como debe protexerse, e o proceso de extracción do mel desde a colmea ata o envasado, os perigos aos que están expostos as abellas hoxe en día...
 
 

  E repartiunos un boteciño de mel para cada un, un dossier informativo e un globo para os cativos.

 
 
 

   Se vos queredes saber todas estas cousas e máis, podedes esocitar a entrevista que Mara e Gisela lle fixeron nos nosos estudos de radio.

 
   E para coñecer mellor ás abellas e a súa vida na colmea podedes ler os libros A colmea de Petra Bartíková e La miel de Teresa Sabaté que tedes na biblioteca

 

DÍA DO LIBRO INFANTIL (2/04/2019): ¿De qué color es un beso?

  O 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY propón a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
 
 
       Este ano o autor seleccionado para escribir unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, foi o ilustrador e escritor lituano Kestius Kasparavicius baixo o título Os libros fannos acougar. No seguinte audio podedes escoitar o seu manifesto nas voces de Senén, Uxía, Aitana, Pablo e Loïc.
  
 
 
   Desde a biblioteca traballamos o libro ¿De qué color es un beso? de Rocío Bonilla. Un libro que trata sobre os sentimentos que nos producen os bicos e nos axuda a descubrir a variedade de sensacións que podemos experimentar con eles.

  Para achegarllo ao noso alumnado, os nenos e nenas de Educación Infantil de 3 e 4 anos, elaboraron este vídeo no que ademais de poñerlle voz ao texto axudados por Jorge, pasan a formar parte das súas páxinas. Mirade atentos!!

  

  

 

  Despois do visionado na biblioteca, fixemos un traballo de reflexión sobre o libro e cada un dos nenos e nenas do colexio, fixo un corazón representando e explicando cal sería a cor dos seus bicos.
 
 

BRAULIOTUBER E O SECTOR TERCIARIO (29/3/2019)

    Lembrádesvos de que en outubro tivemos unha visita especial na biblioteca?
 
    Era Braulio da familia dos Bolechas que veu a gravar un dos seus programas BraulioTuber, para a Televisión Galega.
 
     Este programa que estivo dedicado ao sector terciario e tivo como como protagonistas aos nosos alumnos e alumnas de 6º de infantil e 1º de Primaria,  acada de ser publicado.
 
   Mirade que ben o pasaron clickando na imaxe!!
 
http://www.crtvg.es/infantil/programas/braulio-tuber/braulio-tuber-ii-27-4072346
 
 
Para recordar as imaxes da gravación, seguide o enlace:
 
 
Distribuir contido