Radio

DESPEDIDA ALUMNADO 6º (22-06-2021)

Cada etapa ten un principio e un fin e hoxe é o final da etapa de César, Brais, Zaira, Jorge e Paula no noso colexio.

Danos moita mágoa que marchedes pero non hai remedio porque os nenos e nenas tedes o costume de crecer! 

Que pequenos erades cando chegastedes a infantil e vos encontrastedes por primeira vez co cole e cun montón de compañeiros!

E a vós, os que fostedes vindo despois ao longo de primaria...

foron menos anos pero non por iso vos imos a estrañar menos que aos demais agora que marchades!

   Eso si, desexámosvos MOITO ÉXITO na nova andaina que empezaredes en setembro no instituto e esperamos que LEMBREDES  SEMPRE  QUE  ESTE  É  O  VOSO  COLE  E  QUE  NOS  TEREDES  AQUÍ  PARA  O  QUE  PRECISEDES!!

ATA  SEMPRE!!

HÉROES DE PRIMAVERA (21-06-2021)

   Fai algúns días, unha nai de dous rapaces do cole agasallounos con varios exemplares do libro Héroes de primavera de Patricia Sanmigel Couso; unha autora compostelana con familia en Sober.

    Neste libro, narra a experiencia do confinamento e da volta ás aulas dos nenos e nenas desde o seu punto de vista dándolle a importancia que merecen despois de afrontar tantos meses e tantos cambios sen queixarse prácticamente de nada; COMO VERDADEIROS HEROES!

    Ademais o libro está ilustrado polos alumnado de 2º de Primaria do CEIP Quiroga Palacios de Santiago, compañeiros dunha das súas fillas.

  Nós tivemos a sorte de poder facerlle unha entrevista para que resolvese todas as curiosidades que lle xurdiu ao alumnado de 3º e 4º de Primaria do colexio: por que os nenos e nenas da historia non teñen nome propio? de onde vén o título Heroes de Primavera? como se lle ocurriu a idea de escribir este libro?

  Para saber a resposta a todas estas preguntas, podedes escoitar o podcast coa entrevista que Carlota, Diego, Germán, Cristian e Javier lle fixeron a Patricia.

 MOITAS  GRAZAS, PATRICIA!!

LETRAS GALEGAS 2021: PROGRAMA DE RADIO

   Varixs alumnxs de diferentes cursos de primaria participaron na redacción e gravación deste programa sobre Xela Arias no que poderedes coñecer os seus datos biográficos máis importantes e escoitar algúns exemplos da súa obra: un poema do libro Darío a diario e un capítulo do libro inédito Non te amola! (Música: banco sonidos Ministerio de Educación e bensound.com)

Escoitade atentos!

COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS: RÍOS E REGATOS DE SOBER

    Xa fai algún tempo que tiñamos pendente contestarlle aos nosos amigos e amigas do colexio de A Pobra do Brollón pero... este ano é tan estraño!

   No seu último programa radiofónico, xs nenxs de A Pobra falábannos dos ríos que pasan polo seu concello e preguntábannos polos que pasaban polo noso.

    Para preparar o programa, primeiro estivemos investigando un pouco sobre os nosos regatos e ríos a través da rede e dos libros sobre o noso concello que temos na biblioteca e despois falamos coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil que nos proporcionou un mapa da rede fluvial de Sober e nos dirixiu á cartografía da súa páxina web (se queredes acceder, clickade aquí ou na imaxe e despois poñede Sober no buscador).

   Cando xa tiñamos toda a información, quixemos esperar un pouco para ver se a situación sanitaria nos permitía facer unha saída e coñecer os ríos e os regatos de primeira man pero xa sabedes que os protocolos seguen máis ou menos igual así que de momento a excursión quedará en espera.

   O que si que podemos facer é compartir imaxes dos nosos ríos e regatos para que cando escoitedes o programa vos fagades unha idea do que vos estamos falando:

Miradoiro de Santiorxo

Miradoiro do Xábrega

Fervenza de Os Chancís

Embarcadoiro de Os Chancís

Desembocadura do Cabe no Sil

Ruta Muíños do Xábrega

  Agora xa podedes escoitar o noso programa para aprender moitas cousiñas sobre a rede fluvial de Sober e a importancia que ten para o noso Concello.

Esperamos que esta emisión vos parecese tan interesante como a nós.

Agardamos escoitar a vosa próxima emisión para saber das festas e celebracións do voso Concello!

ATA  PRONTO!!!!

FONTES:

FERNÁNDEZ PULPEIRO, J.C. Sober. Lugo. Ed. Deputación Provincial de Lugo (1996)

COÑECENDO OS NOSOS CONCELLOS: RÍOS E REGATOS DE SOBER (7-05-2021)

DÍA MUNDIAL DA RADIO (13-01-2021)

 Preséntasnos a radio do teu centro?

 A proposta que recibimos da Asociación Cultural e Pedagóxica  Ponte... nas ondas!   para conmemorar o  Día Mundial da Radio  foi presentar a radio da nosa biblioteca: Como se chama? Onde está? Que fai? Que medios ten? Envíanos a túa saúda para o Día Mundial da Radio!

   E , por suposto, aceptamos participar nesta conmemoración presentando a  Radiouvín  a outras radios escolares galegas. No seguinte enlace podedes escoitar a nosa presentación feita por Diego e Germán de 3º de Primaria:

FELIZ  DÍA  MUNDIAL  DA  RADIO!!

CURIOSIDADES DE NADAL (22/12/2020)

   As biblioaxudantes Lucía, Laura e Zaira son as locutoras deste programa especial de Nadal no que nos contan moitas curiosidades sobre estas datas baseándose no libro Los preguntones lo quieren saber todo sobre la Navidad (Ed. VOX).

 Desde cando se celebra o Nadal?

 Por que se desexan Felices Festas? e Felices Pascuas? 

Cando se inventaron as panxoliñas?

   Para saber as respostas destas preguntas e moitas outras máis, escoitade o programa especial de Nadal seguro que vos sorprenderes!!

OBRADOIRO DE RADIO: TEATRO LIDO CON CHARO PITA

     Grazas a participación da nosa biblioteca no Proxecto Radio na biblio, temos un orzamento específico para a formación do alumnado. 

     Este ano o obradoiro de formación foi impartido pola autora e narradora Charo Pita e realizouse respectanto todas as medidas sanitarias derivadas do Covid polo que tivemos que repartir ao alumnado en varios grupos.

        A formación estivo dedicada a técnicas de teatro lido traballadas de xeito lúdico favorecendo a lectura comunicativa e divertida a través de textos axeitados para a súa representación lectora.

   Os alumnos e alumnas traballaron diferentes contidos: a correcta posición do corpo e do texto, o ritmo na lectura, a importancia das pausas e dos silencios, como contar unha historia, como construír un personaxe coa voz, a transmisión de emocións  e coñeceron algúns instrumentos para crear efectos especiais.

  Para rematar este día o alumnado tamén puido disfrutar das narracións de Charo Pita comprobando como se poñen en práctica todos os consellos e  todas as pautas que  lles  deu  nos  obradoiros  de  formación.

SAMAÍN 2020 (CERTAME DE RELATOS TERRORÍFICOS III)

    Esta é a última publicación de relatos terroríficos do   Certame  de  contos  de  medo  de  Samaín   que lle propuxemos  ao noso alumnado.

     Recordámosvos que este ano os libros nos que se basearon estes relatos foron   Pápote a bicos  de Carmen Gil para 3º e 4º de Primaria e  Mortiña e o amigo pantasma  de Barbara Cantini para 5º e 6º de Primaria:  

     Nesta ocasión imos a escoitar os relatos de Gareth, Gissela, Iria, Yanira e Libertad de 4º de Primaria e a historia de Pilarde 5º de Primaria. 

  CON  ESTA  PUBLICACIÓN  DAMOS  POR  REMATADO

O  SAMAÍN 2020!!  ATA O 2021!!!

SAMAÍN 2020 (CERTAME DE RELATOS TERRORÍFICOS II)

   Xa temos listos novos relatos terroríficos do   Certame  de  contos  de  medo  de  Samaín   que lle propuxemos  ao noso alumnado.

     Recordámosvos que este ano os libros nos que se basean estes relatos foron   Pápote a bicos  de Carmen Gil para 3º e 4º de Primaria e  Mortiña e o amigo pantasma  de Barbara Cantini para 5º e 6º de Primaria: 

     Nesta ocasión imos a escoitar os relatos de Valeria, Mencía e Cristian de 4º de Primaria e a historia de Zaira e Brais de 6º de Primaria. 

  ESPERAMOS  QUE  NON  VOS  ASUSTEDES  DEMASIADO!!!

Distribuir contido