Reciclaxe e reutilización

A HORTA DO COLEXIO

  Hoxe foi o día grande do entroido no colexio.

   Dentro do tema do entroido COIDA A TÚA SAÚDE, hoxe tocoulle o turno á comida saudable.  Por iso, nos disfrazamos de hortalizas e agricultores para potenciar o consumo de verduras.

   Ademais dentro do proxecto Voz Natura, como este ano está adicado a horta; quixemos resaltar o seu tema:

   Os nenos e nenas do PAI e os de Educación Infantil foron os agricultores encargados de sementar a horta:

   E os de Primaria eran as riquísimas hortalizas que deu a nosa horta; remolachas foi a colleita do 1º ciclo, cenorias os pouquiños que estaban de 2º ciclo e patacas os maiores de 3º ciclo. Os disfraces están pintados sobre sacos de papel de fariña e pienso xa que o papel é mais ecolóxico que as bolsas de plástico. Ademais o papel; ao ser de cor marrón semella a terra na que están sementadas as hortalizas.

    Para animar e reforzar a idea da importancia do consumo de verduras; cantamos a canción A comer verdura do grupo Cantando aprendo a hablar

 

 

    Pero un día é un día; e hoxe como estamos de festa, Dunia representando ao Concello, repartiulles unhas bolsas de chuches e papelillos.

No seguinte vídeo podedes ver como disfrutaron os alumnos da festa que houbo a continuación

   Pola tarde cada neno, puido disfrazarse do que quixo. Así encontramos polo centro princesas, superheroes, rockeras, animadoras, médicos, ninjas...

 

 

   Podedes ver todas as imaxes deste día con todolos nenos disfrazados; na galería de imaxes.

GALERÍA DE IMAXES

MÁIS DEPORTE

    Seguimos equipándonos para facer deporte: hoxe os nenos viñeron con pantalóns curtos e as nenas con leggins e calentadores.

     A equipación deportiva xa vai collendo forma!!

   Aquí podedes ver dous nenos entregados ao deporte lucindo pantalóns cortos sen importarlles o frío. Iso sí, teñen os pelos das pernas como escarpias.

 

ENTROIDO 2015: COIDA A TÚA SAÚDE

    Este ano o tema do entroido é COIDA  A  TÚA  SAÚDE.

   Por unha banda, adicamos o día grande do entroido a concienciar ao noso alumnado da importancia de comer de forma saudable e por outra banda, pola semana tratamos de fomentar o deporte no noso alumnado.

    Por iso, hoxe empezamos traendo unhas cintas deportivas que recollan a suor da nosa fronte.

   

    Ademais, coma sempre; intentamos que esta época de festa tamén nos axude a crear conciencia da importancia de coidar o medio ambiente e así podedes ver como moitas destas cintas están feitas ou adornadas con material de refugallo e obxectos cotidiáns: calcetíns, botóns, restos de papeis, cordóns de zapatillas deportivas...

 

PREMIOS CERTAME DE POSTAIS DE NADAL

    O venres dia 9 de xaneiro, na Biblioteca Pública Municipal, o alcalde Luis Fernández Guitián; entregoulles aos nenos e nenas do centro os premios pola súa participación no Certame de postais de Nadal 2014.

    Neste acto, houbo dous tipos de premios: os premios colectivos cos que a biblioteca agasallou aos cursos que participaron no certame e os premios individuais para os nenos que ademais do traballo en grupo fixeron postais individuais. Podedes consultar os premiados no seguinte enlace: http://www.concellodesober.com/amplia.php?id=349

 

   Recordamos que estas postais foron elaboradas dentro do programa Voz Natura con materiais de refugallo aproveitando os cartóns de caixas de galletas, cereais... como base para a realización das postais - marcapáxinas.

    A continuación podedes ver algunhas fotos do acto:

 

    

  

  

  

  

 

 

POSTAIS DE NADAL

  Chega o Nadal e como sabemos; o Nadal e época de felicitacións e bos desexos e que mellor maneira de plasmalos que nunha postal?

 

    As postais que fixemos este ano; están feitas con material de refugallo a partir de cartóns de caixas de galletas, cereais... O primeiro foi darlles algo de cor e despois decoralos con restos de papeis, cartolinas, periódicos...

   

   E ademais como este ano, estamos celebrando a nosa entrada no PLAMBE, as postais teñen forma de marcapáxinas que animen á lectura. Mirade que bonitas quedaron:

 

  

 

SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR

    Como cada ano; recibimos no colexio a campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor" da Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Sogama, Ecoembres e os SIG de pilas.

   Con esta campaña aprendemos e recordamos cousas moi importantes para o medio ambiente como a regra das 3 R: Reduce, Reutiliza e Recicla; e os residuos que se deben depositar en cada colector:

- COLECTORES AMARELOS: envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas, aerosois...) e briks. Nembargantes hai que ter coidado con residuos que aínda que poderíamos pensar que son deste colector, non o son: xoguetes, cubos ou cepillos de dentes.

- IGLÚS VERDES: estes iglús son os do vidro pero non hai que depositar as tapas nin os vasos que son de cristal, non de vidro.

- COLECTOR AZUL: o colector azul é para o papel e os cartóns pero sempre que non teñan restos de comida, tampouco servilletas nin panos usados xa que estes restos non son aptos para o reciclado.

Separemos ben...   Separemos ben...

A ÁRBORE DE NADAL

    Este ano estamos de noraboa na nosa biblioteca porque acabamos de entrar no PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) por iso, quixemos adicarlle a nosa árbore de Nadal á Biblioteca, e de forma representativa, fixemos esta fermosa árbore de Nadal de Letras.

    Iso sí, sen olvidarnos da importancia que ten a reciclaxe polo que as letras están feitas cos cartóns de caixas de galletas, cereais... que trouxeron os nenos e nenas das súas casas.

  

OS MADRUGADORES E O SAMAÍN

   Os madrugadores do colexio fixeron uns monstros terroríficos para conmemorar o Samaín / Halloween reutilizando botes de vidro.

 

PORTA - FOTOS

    Coas cápsulas de café das cafeteiras expresso, un arame e un pouco de imaxinación os nenos fixeron con Dunia un porta fotos no que aproveitaron para dedicarlle unha mensaxe a súa nai no seu día.

Portafotos

BOLBORETAS

Coa chegada da primavera, chegan tamén insectos como as bolboretas que nos alegran coas súas cores.

     Nos fixemos unhas fermosas bolboretas aproveitando os tapóns de plástico de envases como as botellas de auga, os briks de leite…

     Mirade que ben quedaron!!

Tapones  Bolboretas

Distribuir contido