Fin de curso
FESTIVAL FIN DE CURSO 2015 - 16
Remata o curso e coma sempre para despedirnos celebramos o noso festival de fin de curso coas actuacións dos nosos alumnos e alumnas.
Nos seguintes enlaces poderedes ver estas actuacións:
INFANTIL: foron os primeiros en actuar e coreografiaron a canción "El baile de la ranita"
1º e 2º PRIMARIA: "La estatua" (Euloxio R. Ruibal)
3º PRIMARIA: "La foto" (Adaptación "El pequeño Nicolás")
3º e 4º PRIMARIA: "Amoriños collín" (Adaptación para frautas e percusión escolar)
4º PRIMARIA: "Un encuentro afortunado" (Adapatación do conto popular)
5º e 6º PRIMARIA: "Os esqueletos bailóns" de Michael Berg. Instrumentación para frautas doces e percusión escolar
5º E 6º PRIMARIA: "Madre Tierra" - Chayanne (Coreografía)
ACTIVIDADES DEPORTIVAS ANPA - FIN DE CURSO 2016
A ANPA organizou para despedir este curso, unhas actividades deportivas moi divertidas.
Nas seguintes imaxes podedes ver o ben que o pasaron.
EXCURSIÓN FIN DE CURSO - A CORUÑA (17/06/2016)
Este ano na excursión de fin de curso fomos A Coruña e aínda que o tempo non nos acompañou como para ir á praia; puidemos facer moitas cousiñas interesantes.
O primeiro unha parada para coller forzas tras a longa viaxe en autobús
Despois visitamos o Museo de Ciencia Y Tecnología (MUNCYT) onde nos recibiron uns robots e onde puidemos ver moitos inventos abraiantes: o primeiro ordenador que houbo en España, a lámpada do faro da Torre de Hércules, unha locomotora a vapor, un jumbo de Iberia...
Tras xantar; a seguinte parada foi o Aquarium Finisterrae. Alí aprendemos moito cunhas guías que nos foron explicando todas as especies e curiosidades deste acuario; incluso que entre todos os nenos e nenas que fomos non chegamos a ser tan grandes como o bebé balea representado con luces de neón.
Para rematar a excursión, unha merenda ao pé da Torre de Hércules
FESTIVAL FIN DE CURSO 2014/15
Enviado por floragrande o Xov, 25/06/2015 - 12:01
INICIO: 14:15
LUGAR: SALÓN DE ACTOS DO COLEXIO
FESTIVAL FIN DE CURSO 2014/15
Remata o curso 2014/15 e para despedilo como se merece, fixemos un festival por todo o alto: actuacións musicais, bailes, contos, chistes, teatro, ximnasia rítmica...
Moitas grazas a todos os que vos esforzastes para que saíse tan ben e unha aperta moi grande para o alumnado de 6º que nos deixa para comezar unha nova aventura educativa.
Para ver todas as imaxes do festival segue o seguinte enlace:
FESTIVAL FIN DE CURSO 2013 / 14
Este ano o festival de fin de curso foi especial porque cumprimos o 40 aniversario do colexio.
Para celebralo, neste festival estiveron tamén os alumnos da Escola de Música Municipal de Sober, e a Banda Xuvenil.
Ademais, a continuación do festival, o Concello invitou aos nenos e nenas a disfrutar dunha merenda saúdable e da Festa da Espuma.
Podedes ver todas as imaxes no seguinte enlace:
FESTIVAL FIN DE CURSO 2012/13
Chegou o verán e o fin de curso pero antes de despedilo celebramos o noso festival no Salón de Actos do colexio onde tiveron lugar as actuacións preparadas: teatro, música, ximnasia rítmica...
ESPERAMOS QUE VOS GUSTASEN!!
FIN DE CURSO 2011/2012
Hoxe é 22 de xuño e é o último día deste curso.
Queremos rematar con ledicia, celebrando o noso festival coas nosas pequenas representacións teatrais e actuacións musicais; para as que estivemos ensaiando moito tempo con moita ilusión.
Esperamos que vos gusten moito e que si é así nos aplaudades con moita ansia.
FELICES VACACIÓNS E BO VERÁN PARA TODOS!!
FIN DE CURSO 2010/2011
Xa remata outro curso; despois de moito traballar e estudar e de moitas cousas aprendidas é o momento de descansar.
Nembargantes, antes de marchar aínda temos que celebrar o noso festival de fin de curso para o que estivemos ensaiando moito tempo. Esperamos que vos gusten as actuacións e que pasedes un bo verán
FESTIVAL CURSO 2008/09
O final do curso xa chegou.
Agora é o momento de demostrar que bos artistas somos: teatro, actuacións musicais...
E aínda que estamos moi contentos pola chegada do verán, tamén estamos un pouco tristes polos alumnos que se van, os nosos compañeiros de 6º.
BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS!