Secretaría
RESERVA DE PRAZA PARA OS NOVOS ALUMNOS. CURSO 2015/2016
Enviado por floragrande o Mar, 03/02/2015 - 17:11CALENDARIO DE PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA
O prazo para a tramitación de reserva de praza para os novos alumnos e alumnas é do 1 ao 15 de febreiro na secretaría do centro.
LIBROS DE TEXTO - CURSO 2013 / 14
Nos arquivos adxuntos, están a vosa disposición a lista dos libros de texto para o curso 2013 / 14.
AXUDAS PARA OS LIBROS DE TEXTO (CURSO 2013 - 2014)
AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, curso 2013-2014
PARA OS ALUMNOS DE 1º, 2º, 3º,4º, 5º e 6º CURSOS de E.Primaria
Comunícase aos pais, nais e/ou titores dos alumnos de educación primaria que está aberto ata o día 30 de xuño o prazo de solicitude de axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico complementario destinadas ao alumnado matriculado para o curso 2013-2014, en centros públicos, conforma á Orde do 30 de maio de 2013 (DOG núm. 103, do 31), presentando no centro cuberto o Anexo I e presentando a documentación que se debe adxuntar pora optar ás devanditas axudas.
O contido desta orde e a información complementaria está exposta no Portal Educativo da Consellería no seguinte enderezo: http://www.edu.xunta.es. Aquí teñen unha ligazón (axudas de libros de texto) para descargar en formato pdf o Anexo I (solicitude). Tamén llelo facilitaremos neste colexio a través do alumnado.
De calquera xeito, o centro estará á súa disposición para cubrir o impreso e xerar o vale, sempre que veñan provistos da seguinte DOCUMENTACIÓN:
- D.N.I. de todos os membros da unidade familiar
- Libro de familia.
- No caso de discapacidade dalgún membro, a documentación que a acredite.
- No caso de violencia de xénero, taén a súa acreditación.
- Declaración da renda do ano 2011.
Para saber cales familias teñen dereito a axuda, total ou parcial, deben consultar a citada Orde onde se explica como facer o cálculo, o cal deben traelo xa feito ao centro para axilizar o proceso e podelo meter directamente na aplicación. Un resumo de como se fai o cálculo é o seguinte:
Hai que coller todas as declaracións da renda do ano 2011 dos membros da mesma familia que teñan ingresos e sumar os recadros 455 + 465. O que dea esa suma divídese polo número de membros da Unidade Familiar, resultando o importe solicitado.
UNIDADE FAMILIAR: Componse dos pais ou titores e todos os fillos menores de idade, fillos solteiros menores de 25 anos que viven na mesma casa e non estean emancipados e tamén maiores de idade con discapacidade.
A CONTÍA DAS AXUDAS é a seguinte:
Para Familias Monoparentais:
-Con renda per cápita ata 6.000 € , percibirán 170 €.
-Con renda. de 6.001€ ata 9.000 € , percibirán 90 €
Para resto das familias:
-Con renda per cápita ata 5.400 € , percibirán 170 €
-Con renda de 5.401 € ata 9.000 € , percibirán 90 €.