Complementarias
CLUB DE LECTURA - VISITA Á FUNDACIÓN BELARMINO FERNÁNDEZ IGLESIAS (2-06-22)
O novo libro que estamos lendo para rematar o curso é Aventuras y desventuras de los alimentos que cambiaron el mundo, escrito por Teresa Benéitez e editado por A fin de cuentas; un libro informativo que fala de alimentos moi coñecidos que forman parte da dieta de todos nós pero que, aínda que pareza mentira, non sempre se cultivaron en todo o mundo: trigo, arroz, pementos, café , tomate...
A cada alimento dedícanselle catro páxinas nas que aprenderemos sobre a súa orixe, zonas de cultivo, perigos que lles afectan, receitas, citas de autores, datos científicos... e o que nós fixemos para esta sesión foi repartir en parellas os alimentos que forman a primeira parte do libro: alimentos levados a América; para que cada grupo fixese unha pequena exposición ao resto de membros do club e así aprender sobre todos estes ingredientes.
Despois servimos máis granadina e zume ao gusto; pero sempre botando por riba do xeo para que non se mesturen os dous líquidos.
Para rematar, adornamos con cítricos.
Antes de marchar, quixemos deixarlle aos mestres e xs alumnxs que nos acompañaron un agasallo por ternos dedicado este ratiño do seu tempo. Entregámoslles un exemplar do libro que nos levou ata aquí e un recordo da nosa biblioteca con Lectuvín como protagonista.
NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPAZO (20-04-2022)
A través da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), hoxe tivemos no noso centro unha sesión do Plan Navega con Rumbo a cargo de Rodrigo Álvarez.
Este Plan está destinado a que o alumnado aprenda a nevegar pola rede de xeito seguro, evitando estafas, ciberacoso, virus...
A charla estivo centrada en 6 puntos diferentes que se recollen nas seguintes diapositivas:
PASCUA (8-04-2022)
Como actividade final antes das vacacións, quixemos realizar cos nenos e nenas do colexio unhas coloridas cestas que despois enchemos con varios ovos de pascua de chocolate para endulzar estes días.
APRENDER A ESTUDIAR e COMPRENDO O QUE LEO (24-03-2022)
Nesta nova sesión da actividade Aprender a estudiar e Comprendo o que leo organizada pola ANPA, o alumnado segue a practicar con textos para aprender a subliñar e elaborar diferentes tipos de esquemas a partir da información obtida.
O alumnado de 1º e 2º de Primaria, estivo traballando conceptos como nome común e nome propio, campo semántico, campo léxico...
FUMATAS: PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO TABAQUISMO (23 e 24-03-2022)
Un ano máis a Educadora Social do servizo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte, Luisa Astray; estivo no noso colexio co programa "FUMATAS" no que un dos obxectivos principais é que os nenos e nenas desenvolvan hábitos e actitudes saudables centrándose na prevención do tabaquismo.
Nestas sesións o alumnado recibiu información sobre esta substancia e realizou experimentos cos que observaron como o feito de fumar perxudica gravemente a nosa saúde.
Tamén fórmulas para rexeitar os ofrecementos de tabaco e invitóuselles a que no futuro sexan uns bos axentes de saúde para non comezar a fumar e para animar aos adultos fumadores que teñan ao seu carón a que deixen de fumar.
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (3/12/2021)
A Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1992 proclamou o 3 de decembro como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co fin de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade e concienciar sobre a súa situación.
Esta finalidade recóllese tamén nos obxectivos da Axenda 2030: Obxectivo 10: Redución das desigualdades.
PLAN DIRECTOR (1-12-2021)
Hoxe tivemos na biblioteca a Ramón Peña, membro da Garda Civil experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais que veu a darlle unha charla ao alumnado de 5º e 6º de Primaria a través do Plan Director.
Nesta sesión abordáronse temas de actualidade moi axeitados á realidade do noso alumnado pois, aínda que sabemos que non teñen idade para abrir perfís de redes sociais, a maioría deles teñen acceso a elas. Whatsapp, instagram, tiktok, xogos en rede... forman parte da súa realidade e, polo tanto, é necesario que aprendan e coñezan perigos que poden atopar en internet: grooming, estafas, roubo de datos persoais...
Ademais Ramón Peña tamén nos deu consellos de ciberseguridade como activar a dobre autenticación nas aplicacións que utilicemos pois aínda unha contrasinal segura que inclúa maiúsculas, minúsculas ou caracteres, se pode hackear. Para rematar, abriuse unha quenda de preguntas onde o noso alumnado puido resolver as súas dúbidas.
Se queredes saber máis de todo o que falamos hoxe, podedes escoitar a entrevista que lle fixeron Gareth e Valeria en Radiuvín; onde tamén nos deixou unhas verbas no libro de visitas.
Para rematar queremos dar as grazas a Ramón Peña e a este plan da Garda Civil que tan necesario nos parece e ante calquera problema que teñades, falade cun adulto ou pedide axuda chamando ao teléfono de axuda en ciberseguridade 017 ou por whastapp ao número 900116117.
VISITA DIDÁCTICA ÁS ESCAVACIÓNS DE PROENDOS (28 - 9 - 2021)
Fai un ratiño @s alumn@s de 3º a 6º de Primaria fomos a visitar as escavacións arqueolóxicas que se están realizando en Proendos para seguir investigando os restos romanos da antiga Proentia.
Alí estaba esperándonos Fran Alonso, director das escavacións, para explicarnos os achados realizados nestas sondaxes.
Comezamos a visita pola nova edificación descuberta este ano, unha edificación de planta circular ao lado da rectoral con muros moi anchos o que, según nos explicou Fran, podería indicar que tería moita altura.
Despois achegámonos á segunda escavación realizada que amplia a estrutura do hórreo descuberto o ano pasado. Con esta ampliación pódese intuír que o hórreo estaría formado por 7 muros paralelos cun oco entre eles sobre os que se colocarían táboas de madeira para utilizalo como celeiro ou depósito de cereais.
Aínda que non se sabe a anchura do hórreo xa que os muros non están escavados ata o final, dedúcese que era un hórreo moi grande polo que podería ser que en Proentia se cultivansen e gardasen cereais para comerciar no resto do imperio romano.
Así que podemos dicir que foi unha visita moi interesante e didáctica na que aprendemos moito sobre a importancia destes vestixios e a propia época romana grazas a Fran Alonso que ademáis se achegou ata as nosas instalacións de radio para que Pau e Pilar falaran con el sobre todo o achado ata agora. Escoitade atentos!!
OBRADOIRO DE RITMO - ANPA (22/06/2021)
Grazas á ANPA do colexio a través da FAPACEL (Federación de ANPAs de Lugo), tivemos unha actividade moi divertida para rematar o curso na que Branca Villares, mestra de música, ensinou ao alumnado de infantil e primaria cancións tradicionais acompañadas de danzas e ritmos.
Un obradoiro moi participativo no que os nenos e nenas o pasaron moi ben.
MOITAS GRAZAS A ANPA E A FAPACEL POLA ORGANIZACIÓN DESTA ACTIVIDADE,
PODEMOS REPETIR CANDO QUEIRADES!!!
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (5-06-2021)
O 5 de Xuño foi proclamado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 1972 o Día Mundial do Medio Ambiente coa finalidade de sensibilizar á poboación mundial sobre a importancia de coidar a natureza, de respectar os ecosistemas e de fomentar o respecto ao medio ambiente; obxectivos que tamén forman parte de Axenda 2030.
Nós quixemos destacar a importancia da regla das 3R: Reducir, reciclar e reutilizar facendo entre todo o alumnado do centro unhas fermosas bolboretas con materias de refugallo: rollos de cartón, botes de vidro e botellas de plástico.
MIRADE QUE FERMOSAS QUEDARON!
PARA SABER MÁIS NON VOS OLVIDEDES DE PASAR
POLO PUNTO DE INTERESE DA BIBLIOTECA!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »