Educación física

XOGADE: CAMPIONATO PROVINCIAL (10/2/2018)

   Este sábado, un grupo de 5 atletas do noso colexio participaron na fase provincil de Campo a través organizada por Xogade; despois de clasificarse na proba do día 21.

Noraboa a todos, sodes uns campións!!

XOGADE (3/12/2017)

    O domingo día 3, un equipo de nenos e nenas do noso colexio participaron nas preparatorias de Campo a través organizadas por Xogade (Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar).  

     Desde o centro queremos dar a noraboa a todos os participantes xa que fixeron un gran esforzo e foron capaces de terminar as súas correspondentes probas.

    Tamén damos as grazas ás familias que nos obsequiaron con chocolate quente que, co frío que facía, axudou a entrar en calor!!

GALERÍA  DE  IMAXES

EDUCACIÓN VIAL

    Este ano iniciamos no colexio o programa de Educación Vial co obxectivo de traballar as principais normas de tráfico sobre vehículos con rodas: bicicletas, patinetes, triciclos...
 
 
    Todo foi rodado e dende os máis pequenos ata os alumnos de 5º e 6º desfrutaron moito dos circuitos de habilidade e axilidade e das saídas extraescolares como a ruta con bicicleta ao carón do río Cabe en Monforte de Lemos.
 

 

Sen duda repetiremos o próximo ano!

GALERÍA  DE  IMAXES:

EDUCACIÓN VIAL

CIRCUITO DE HABILIDADE

RUTA POR MONFORTE

EXCURSIÓN SAUDABLE (16/5/2017)

   Comezamos o día facendo a compra para un almorzo saúdable por equipos. Cada equipo contaba cun presuposto de 4 € cos que tiñan que mercar alimentos que englobasen os catro tipos de nutrientes.

  Despois desprazámonos ata o Parque dos Condes en Monforte desde onde comezamos a ruta en bicicleta pola beira do río Cabe ata chegar á ponte de Piñeira.

    

    A continuación paramos na zona do circuíto vial para tomar o almorzo e coller forzas para a seguinte actividade que foi facer o percorrido coas sinais de tráfico e xogar un partido de ringo-red.

 

 

Desde o centro, queremos dar as grazas a Ana Pérez e a Adely, pola súa colaboración na realización das actividades.

GALERÍA  DE  IMAXES

DÍA DA SAÚDE (7/4/2017)

Hoxe é o Día da Saúde e para manternos sans....que mellor que un pouco de deporte?

Nas seguintes imaxes, podedes ver ao alumnado de infantil B, 5º e 6º facendo exercicio.

VER  TODAS  AS  IMAXES

LANZAMENTOS DE PRECISIÓN

    O alumnado de 1º e 2º de Primaria estivo traballando lanzamentos de precisión na clase de Educación Física e para rematar a Unidade Didáctica fixeron un circuito de puntería no patio do colexio.

QUE  BEN  O  PASAMOS!!

 

 

 

GALERÍA  DE  IMAXES

 

CAMPIONATO PROVINCIAL CAMPO A TRAVÉS - XOGADE (19/2/2017)

    Os alumnos e alumnas clasificados na proba de Campo a través do 22 de Xaneiro en Lugo, participaron este domingo no campionato provincial Xogade que tivo lugar en Lorenzana.

    Desde o centro queremos felicitalos a todos polo seu gran esforzo e pola boa competición realizada!!

 

XOGADE - Clasificatorias Campo a través. RESEÑA NA PRENSA 26/01/2017

     O domingo día 22, un equipo de 10 nenos e nenas participaron nas clasificatorias de Campo a través organizadas por Xogade (Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar). 

     Aquí podedes ver a reseña de prensa que o recolle; no xornal El progreso (26/01/2017)

XOGADE: CLASIFICATORIAS CAMPO A TRAVÉS (22/01/2017)

    O domingo día 22, un equipo de 11 nenos e nenas participaron nas clasificatorias de Campo a través organizadas por Xogade (Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar).

 

   Desta xornada clasificatoria, viñémonos con dous podios: Pablo Pérez Freire (Campión Benxamín Masculino) e Marco, Herbert, Manuel e José Ángel (Equipo Subcampión Infantil Masculino)

 

    Desde o centro, queremos felicitar tamén aos demais atletas participantes xa que todos eles fixeron un gran esforzo nestas probas e conseguiron rematar as súas carreiras a pesar do frío que facía.

    No seguinte vídeo podedes ver un resumo da xornada.

 

CAMPO A TRAVÉS - XOGADE (18/12/2016)

    O domingo día 18, un equipo de 10 nenos e nenas participaron nas preparatorias de Campo a través organizadas por Xogade (Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar).

    Desta xornada víñemonos cunha medalla de plata da man de Pablo Pérez Freire (Categoría Benxamín Masculino).

 

   Desde o centro, queremos felicitalo a el e tamén aos demais atletas xa que todos eles fixeron un gran esforzo nestas probas.

No seguinte vídeo podedes ver, un pequeno resumo desta xornada.

Distribuir contido