Radio
RADIO NA BIBLIO: PRIMEIROS PASOS (4/1/2018)
Aínda que estamos en vacacións de Nadal, no colexio non paramos.
Un grupo de pais voluntarios e persoal do Concello estiveron preparándonos o estudio para a nosa radio escolar.
A idea era trasladar un armazón de madeira e cristal desde unha parte inutilizada do colexio a un dos corredores principais.
O traballo comezou á primeira hora da mañá, desmontando este armazón.
Despois trasladouse ao corredor principal onde se ubicará o estudio de radio.
E alí comezou o traballo de volvelo a montar ademais de adaptalo ás medidas do corredor.
Á hora de comer, o traballo xa estaba bastante avanzado.
Pola tarde, os pais remataron esta tarefa.
Agora só quedan pequenos remates e pintar...iso será na seguinte xornada.
MOITAS GRAZAS AOS PAPÁS COLABORADORES E AO CONCELLO POLA
SÚA AXUDA NA POSTA EN MARCHA DA NOSA RADIO!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13