2021/2022
CERTAME INVESTIGACIÓN LETRAS GALEGAS 2022
Cada ano convocamos un certame de investigación en torno ao autor/a ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
Para iso, elaboramos cuestionarios adecuados ás idades do noso alumnado partindo dos materiais publicados polo Seminario Galán e eles teñen un par de días para cumprimentalos buscando información nos carteis enviados pola Xunta de Galicia, nos fondos da biblioteca ou investigando en internet.
Despois valoramos os cuestionarios e entregamos os premios aos mellores investigadores, aqueles que non tiveron nin un erro!!
Pero tamén a todos e todas os que participaron xa que esforzarse e investigar sempre ten que ter recompensa aínda que non quedase perfecto.
LETRAS GALEGAS 2022 - INFANTIL B: Dores do Agro
O alumnado de Infantil B, pasou polos estudos de Radiuvín para poñerlle voz ao poema Dores do Agro, do autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas: Florencio Manuel Delgado Gurriarán.
DORES DO AGRO
Fortes brazos de silveira
o camiño apadumaron;
anda a laiarse o silenzo
da puñelada dos carros
que lle fendeu as entranas;
pola forca dun arame
o parreiral enforcado
bota a lingua para afora,
o probe corpo estordega,
e remela os verdes ollos
nas ánseas da morte fera.
APRENDER A ESTUDAR e COMPRENDO O QUE LEO (5-5-2022)
Moitas veces o noso alumnado non lle dá a suficiente importancia ao silencio á hora de concentrarse para realizar unha tarefa ou estudar; por iso, moitos deles fan as tarefas en ambientes máis ruidosos, coa televisión, con música...
Coas actividades de atención de hoxe, comprenderon a importancia do silencio xa que tiñan o tempo xusto para realizar cada reto e eles mesmos déronse conta de que se alguén falaba ou facía ruído, se desconcentraban.
Nas seguintes imaxes podedes velos concentrados mentres descifraban un código, memorizaban unha asociación imaxe - palabra ou completaban un debuxo dado.
REALIDADE AUMENTADA: Biblioteca Creativa (28 - 4 - 2022)
Como a nosa biblioteca pertence ao Proxecto Biblioteca Creativa, cada ano recibimos un orzamento específico para poder realizar obradoiros para o alumnado. Este ano, ademais, os obradoiros estiveron abertos ás familias que quixeron participar.
Queriamos que a protagonista das actividades fora a realidade aumentada e por iso, achegáronse ao centro varias monitoras de Vermislab que nos axudaron a resolver moitas dúbidas:
Que é a realidade aumentada?
As gafas 3D son realidade aumentada?
Onde podemos atopar exemplos desta realidade?
Podemos nós crear a nosa propia realidade aumentada?
A continuación, dependendo da idade do alumnado, fixemos diferentes actividades para poñer en práctica o aprendido. O alumnado de 1º e 2º utilizou fichas quivervision para colorear debuxos que despois, ao enfocalos coa tablet, cobraban vida: un dinosauro que se podía mover e facer ruídos, un foguete espacial que despegaba e viaxaba polo espazo...
O alumnado de 3º a 6º de Primaria creou a súa propia realidade aumentada inserindo un vídeo nunha imaxe que facía de marcador co programa Creator.
MOITAS GRAZAS AOS FAMILIARES QUE PUIDERON
COMPARTIR ESTA ACTIVIDADE CON NÓS!
DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTOS LECTORES (22-4-2022)
Desde fai varios anos, para conmemorar o Día do Libro, realizamos unha das actividades preferidas do noso alumnado: os apadriñamentos lectores.
Comezaba a ronda á entrada co colexio, onde Pau, Yanira e Gissela contaban o libro 10 dedos nas mans e 10 dedas nos pés de Mem Fox.
Seguimos o percorrido e chegamos ao fondo do corredor para escoitar a historia que tiñan preparada Lucía, Mencía e Libertad: Un becho estraño de Mon Daporta.
FELIZ DÍA DO LIBRO!!
APRENDER A ESTUDIAR e COMPRENDO O QUE LEO (21-4-2022)
Nesta sesión do obradoiro o alumnado de 1º e 2º de Primaria tivo que ordear un pequeno texto e respostar preguntas sobre el. Tamén xogou a tutti frutti con verbos, adxectivos, nomes propios e comúns...
NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPAZO (20-04-2022)
A través da Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), hoxe tivemos no noso centro unha sesión do Plan Navega con Rumbo a cargo de Rodrigo Álvarez.
Este Plan está destinado a que o alumnado aprenda a nevegar pola rede de xeito seguro, evitando estafas, ciberacoso, virus...
A charla estivo centrada en 6 puntos diferentes que se recollen nas seguintes diapositivas:
DÍA DO LIBRO INFANTIL (03/04/2022)
O 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil con fin de promocionar os libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Seleccionouse esta data xa que é a data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen que foi o creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo: O parrulo feo, Polgariña, O soldadiño de chumbo, a Sereíña...
Cada ano selecciónase un escritor representativo e un ilustrador para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos e nenas do mundo para promover a celebración deste día nas bibliotecas e colexios.
Este ano o autor seleccionado para escribir esta mensaxe foi o canadiense Richard Van Camp que o fixo baixo o título "As historias no ás que nos axudan a remontar o voo cada día" e a encargada do cartel foi a ilustradora Julie Flett.
A continuación podedes escoitar o programa de radio gravado por Carlota, Diego, Germán e Javier para coñecer máis datos sobre esta conmemoración, escoitar o texto de Richard Van Camp traducido ao galego por Mercedes PAcheco e un anado dun dos seus contos infantís: O soldadiño de chumbo.
FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL!!
CLUB DE LECTURA VIAXANDO POLAS LETRAS - 11ª sesión (01/04/2022)
Seguimos coa obra teatral As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares, autor homenaxeado o Día Das Letras Galegas 2017.
Hoxe, coa lectura rematada, estivemos falando de diferentes aspectos da trama:
ten sentido o que pasa?
por que o autor escribiría unha obra con esta temática?
Resúltanos graciosa ou liosa?
Tamén reflexionamos sobre o respecto aos demais e ás direfenzas, partindo do mote dun dos veciños: Toneladitas. Que nos parecen os motes ou apodos? É correcto o seu uso? Utilizamos nós algún?
Vémonos o próximo venres e para a sesión final deste libro que virá con algunha sorpresiña...
APRENDO A ESTUDIAR E COMPRENDO O QUE LEO (31-03-2022)
Rematamos marzo cunha nova sesión destes obradoiros subvencionados pola ANPA.
O alumnado de 1º e 2º seguiu traballando cos tipos de palabras que son importantes para obter información dun texto; se na sesión pasada os protagonistas eran os nomes, nesta ocasión os protagonistas foron os verbos.
Os nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria seguiron praticando para elaborar diferentes tipos de esquemas: lineais, de desenvolvemento numérico, mapas concpetuais...
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »