2018/2019

CANTAMOS? (23/5/2019)

   Hoxe tivemos na biblioteca do colexio a Celtia Figueiras, actriz, dramaturga e autora dos textos do libro Cantamos?.
 
   A través desta sesión escoitamos contos tradicionais narrados en lingua galega pero tamén cantados coa música de Luis Valecillo: Rosi, Os tres porquiños, O parrulo feo e O gato con botas foron os protagonistas desta sesión.
 
    Tamén tivemos tempo de bailar co conto cantado de Xan sen medo
 
    Para saber máis sobre este libro podedes premer no seguinte enlace Cantamos? e para gozar da súa música e das súas historias non dubidedes en collelo prestado na biblioteca que ademais agora, está dedicado por Celtia.

 

O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA

      Os alumnos de 5º de primaria estiveron a estudar a Idade Moderna
 
 
     Un feito importante desta época foi o descubrimento de América en 1492 por  Cristobal Colón.
 
Imaxe: vinilo decorativo Mapa Mundi Infantil
 
 
 
      Ao mesmo tempo, os alumnos de Infantil A fixeron un proxecto sobre Colón, no que aprenderon moito sobre
 
esta viaxe e o importante que foi, posto que de alí se trouxeron moitos dos alimentos que temos hoxe en día.
 
 
 
     Por iso, decidimos facer unha posta en común na que ámbolos dous cursos intercambiaron o aprendido.
 
 
 
     Para rematar, os alumnos e alumnas gravaron este conto tomando como base as imaxes do libro El huevo de
 
Colón de Violeta Monreal (Ed. Bruño) que resume aquela viaxe feita nas tres carabelas. 
 
 
 
Esperamos que vos guste!!
 
 

LETRAS GALEGAS. O TRAXE REXIONAL GALEGO (15/5/2019)

   Antonio Fraguas foi o impulsor da creación da "Asociación do traxe galego" para investigalo e difundilo. 
 
    Desde o centro quixemos poñer tamén o noso gran de area para que o alumnado coñecese de primeira man o noso traxe rexional.

   Para iso contamos coa colaboración especial de Mara, Gareth, Libertad e Yanira que lles ensinaraon aos compañeiros os seus traxes ademais de preparar un Power Paint con información sobre el.

 

    Tamén nos ensinaron uns puntos básicos para bailar, comenzando por como colocar ben os brazos.

      As ensinanzas continuaron polo corredor porque a biblioteca se nos fixo un pouco pequena...

 
 
 Mirade que bos aprendices foron!!
 
 
 
MOITAS  GRAZAS  A  MARA, GARETH, LIBERTAD  E  YANIRA
POR  ESTA  CLASE  MAXISTRAL!!

E  AS  SÚAS  FAMILIAS  POLA  SÚA  COBORACIÓN!!

 
 

LETRAS GALEGAS. COÑECENDO A ANTONIO FRAGUAS (15/5/2019)

    Son varias as actividades que fixemos este ano para conmemorar o Día das Letras Galegas adicado a Antonio Fraguas: programas radiofónicos, participación na II Escaleira Literaria, lecturas compartidas na Residencia Virxe do Carme, achegamento aos monumentos do noso Concello...
Imaxe RAG
 
   Pero para coñecer mellor a este autor, lemos o libro As miñas primeiras Letras Galegas. Antonio Fraguas de Os Bolechasda que se encargaron os biblioaxudantes Adrián e Pablo e na que nos enteramos de moitos contos de cobras que parece que Antonio Fraguas oíu de pequeno: cobras que rodan, cobras que hipnotizan, cobras que matan... 
 
   Ademais o libro inclúe unha pequena biografía do autor co que coñecemos moitos máis detalles da súa vida.
 
 
 

LECTURAS COMPARTIDAS COA RESIDENCIA VIRXE DO CARME (13/5/2019)

    Como Antonio Fraguas, quixemos achegarnos á nosa cultura e á nosa tradición; por iso, o alumnado de 5º e 6º de Primaria fixo un traballo de recompilación de lendas da nosa zona e compartiunas cos anciáns da Residencia Virxe do Carme de Sober; pasando así con eles un ratiño de lecer.
 

   Pero as lecturas e coñecemento foron en ambas direccións porque tamén os residentes nos contaron historias a nós.

 

   Despois desta pequena convivencia, eles agasalláronnos cunhas pulseiras feitas nos obradoirto que realizan e nós levámoslles uns chaveiros do colexio deseñados na clase de INEIN.
 

 

 Unha experiencia diferente que esperamos repetir en vindeiras ocasións!!
 

QUE É A DENSIDADE? (9/5/2019)

    Dentro da materia de Ciencias da Natureza, o noso alumnado traballa os conceptos de masa, volume e densidade
 
    Para clarificar estes conceptos e traballalos de xeito práctico, o alumnado de 5º de Primaria na zona de argallar da nosa biblioteca; realizou unha práctica con obxectos diferentes e logo unha columna de densidades da que podedes ver o proceso e o resultado máis a explicación correspondente no seguinte vídeo.

CONVIVENCIA A GÁNDARA - MONSTRO ROSA (7/6/19)

   Cando estiveron de visita dos nenos de Infantil do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos, deixáronnos en préstamo o libro Monstro Rosa de Olga de Dios e a mascota da súa aula que é, precisamente, este monstro rosa.
   Este libro conta a historia dun mostro rosa que vive nun mundo onde toooooodo é branco. 
 
     O noso monstro é diferente desde que era un ovo: é moi grande, redondo, rosa, positivo e alegre e, aínda que intenta adaptarse aos demais e ao mundo no que naceu, chega un momento no que decide emprender viaxe buscando un lugar no que sentirse mellor.
 
    Por sorte, acaba encontrando un lugar cheo de cores, onde todos son de formas diferentes e fará novos amigos máis parecidos a el.
 
   Hoxe fomos a devolverlles a visita, e quixemos facer un traballo con este libro que lles puideramos levar de agasallo. Comezamos facendo papel reciclado que, por suposto, tinguimos de rosa para o noso monstro.
 
   Despois os alumnos pasaron polos estudos de Radiuvín para poñer voz a esta historia e polo croma para formar parte das páxinas do conto.

 

E  ASÍ  FIXERON  ESTE  MARABILLOSO  VÍDEO
QUE  PODEDES  VER  DÁNDOLLE AO  PLAY!!

 

 

   E con estos agasallos preparados, fómonos de excursión ao seu colexio para pasar unha xornada de convivencia na que eles nos tiñan preparado un obradoio de xabón.
  Por suposto, tamén houbo tempo para xogar e como non, para compartir mesa e mantel!!
 
MOITAS  GRAZAS  POR  ACOLLERNOS  NO  VOSO  COLEXIO!!

VOLUNTARIADO DE LECTURA - A (Centros seleccionados)

ESTAMOS  DE  NORABOA!!
 
   Acábase de publicar a resolución de 7 de maio da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos referida ao VOLUNTARIADO DE LECTURA - A na que se seleccionan 10 centros galegos aos que se lle recoñece o traballo de colaboración que veñen desempeñando os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria nas bibliotecas escolares de forma voluntaria en actividades de xestión, organización e lecturas compartidas dentro do centro, durante o curso 2018/2019 e...
 
 O NOSO  CENTRO  É  UN  DOS  10  SELECCIONADOS!!!!
NORABOA  AOS  NOSOS  BIBLIOAXUDANTES  
E  AO  RESTO  DE  CENTROS  SELECCIONADOS!

MAPAS, DRONS E OPEN STREET MAP (3/5/2019)

      O pasado venres 3 de maio, o alumnado de 3º a 6º de primaria, puido disfrutar da experiencia da xeolocalización da man de Pablo Sanxiao, das Asociacións Ghandalf e Xeoinquedos en colaboración con Rocío e Elías; papás da nosa compañeira Antía.
 
      A actividade deu comezo, facéndonos pensar en como poderíamos representar Sober nun papel, e aínda que ao principio todos ou case todos comezaron a escribir unha redacción ou facer un debuxo dalgún elemento característico de Sober, ao final foron deseñando os seus propios mapas.
 
     Esta primeira actividade serviunos para reflexionar acerca dos diferentes tipos de mapas, dos elementos que podemos atopar neles e como representalos.
 
        Ademáis, puidemos coñecer outras curiosidades como:
- Os mapas sempre deben estar orientados cara o Norte.
- Nalgúns países como Chile, hai algunhas propostas para poñer os mapas "ao revés" e que o seu país quede na parte superior do mesmo.
- Ou repasar contidos xa traballados na escola como: a escala, as lendas...
 
      Esta pequena reflexión, deu paso á actividade estrela: "demostración de voo cun Dron". Todos xuntos saímos á entrada da escola e Pablo nos ensinou como funciona o Dron e como o hai que programalo para que poida percorrer o terreo seleccionado e ir sacando fotografías que despois pasamos ao ordenador.
 
 
    Pero...xa que o Dron andaba pola escola...quixemos tamén aproveitar para ensinarllo aos máis peques do cole e sacar unha fotografía conxunta dende as alturas.

 
    Coa axuda do programa OpenStreetMap, o noso alumnado empregou as imaxes que o dron fixera previamente para ter unha capa actualizada dese mesmo día e así situar os puntos da nosa contorna correctamente; xeorreferenciaron a nosa escola, o Centro de Saúde, o Concello, as farmacias da nosa vila, o banco... 
 
    De maneira colaborativa e coa axuda de Pablo, Rocío e Elías, puideron ir completando os puntos de referencia do noso Concello.
 
   Para rematar, Pablo pasou polos estudos de Radiuvín nos que lle fixemos unha entrevista para saber máis sobre el e sobre todos estes programas.
 


 
Foi unha experiencia incríble que seguro que os nosos cativos non esquecerán fácilmente!

E para que Pablo tampouco se esqueza de nós, quixemos entregarlle uns agasallos:
un recordo de alfarería de Gundivós e un lote de libros local.

 GRAZAS,  PABLO,  POR  ADICARNOS  ESTA  MAÑÁ!!

E  GRAZAS  A  ELÍAS  ROCÍO, POLA  SÚA  ORGANIZACIÓN!!

GALERÍA  DE  FOTOS

ENLACE  Á  PUBLICACIÓN  DA  ACTIVIDADE  EN  GHANDALF

 

DÍA MUNDIAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (2/5/2019)

    O 2 de maio é o Día Internacional contra o Acoso Escolar.  
 
   Esta data ten como finalidade concienciar sobre un problema que afecta a escolares de todo o mundo: ciberacoso, bloqueo social, coaccións, agresións, insultos... 
 
   É para loitar contra esta lacra e contra actitudes que non queremos no noso centro, as biblioaxudantes Uxía e Gisela léronnos o libro ROJO o por qué el bulling no es divertido de Jan de Kinder.
 
     Este libro comeza cando Tomás se pon colorado e entre os seus compañeiros comenzan tamén as bromas, as risas e os murmurios que van aumentando ata que a situación deixa de ser graciosa para todos menos para un dos nenos que continúa ridiculizándoo e agredíndoo.
 
    Cando a mestra pregunta se alguén sabe o acontecido, os alumnos non saben se confesalo ou non: queren facelo e deben facelo, pero teñen medo. Ata que unha man se levanta e detrás desa outra e outra porque xa non queren calar e forman un frente común contra o acosador que queda aislado.
 
   É un libro que presenta o acoso escolar desde a perspectiva de aqueles que involutariamente son cómplices porque polo propio medo a ser eles os acosados, non se enfrontan ao acosador: que pasa polas súas cabezas? deben facer o correcto ou mirar cara outro lado? o risco de ser eles os acosados é máis forte que defender ao acosado?
   

    Se queredes coñecer esta historia e o que as nosas biblioaxudantes teñen que dicir, podedes escoitar a seguinte emisión de Radiuvín:

   Esperamos que o noso alumnado aprendese que aínda que non somos responsables dos actos doutras persoas, si somos responables da nosa actitude ante eles.
 

 

 
 
Distribuir contido