Brigada Ecoloxista
O HORTO ECOLÓXICO: presentación do proxecto
O lema deste ano Sementa ideas, recolle futuro, é un bo punto de partida para que os rapaces e rapazas investiguedes sobre a agricultura: tipos de cultivos, produtos ecolóxicos, pesticidas químicos e naturais...
Esta investigación realizarase a través de tres miniquest que vos presentamos a continuación:
Coa primeira miniquest averiguaredes cales son os produtos que cultivamos no noso horto buscando resposta as seguintes preguntas:
Que é unha verdura?
Que é unha hortaliza?
Cal é a diferenza entre elas?
Coa segunda miniquest investigaremos sobre os produtos ecolóxicos:
Cales son as súas vantaxes?
E os inconvintes?
Na última miniquest averiguaremos moitas cousas sobre os pesticidas:
SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR
Enviado por floragrande o Ven, 05/12/2014 - 14:20DÍAS MUNDIAIS DA ÁRBORE E DA AUGA
Para commemorar os Días mundiais da Árbore e da Auga, no centro participamos nas actividades propostas pola Deputación de Lugo a través da historia O tesouro das Terras do Miño.
Aínda que non puidemos plantalo o día previsto porque chovía moito; aquí tedes as fotos do momento da plantación do noso looureiro, que desde ese momento pasou a chamarse Loureano.
Agora que xa está plantado esperamos que medre forte e se converta nunha fermosa árbore!
XORNADA MICOLÓXICA 2013
Como cada ano nesta época, os nenos e nenas de Primaria saímos polos arredores do centro para recoller todo tipo de cogumelos de cantas especies atopamos e así intentar coñecelos mellor.
O chegar ao centro fixemos unha pequena exposición con tódolos cogumelos atopados; pero este ano o micólogo que nos ía acompañar encontrouse mal e non puido vir a explicarnos todo o que queriamos saber, así que esta charla queda pendente para outro día.
Se queres ver tódalas fotos desta excursión preme aquí.
TAMÉN É OUTONO PARA OS MÁIS PEQUENOS
Cada estación ten uns froitos típicos desa época...
Cales son os froitos de outono?
Aquí podedes ver aos nenos e nenas de Ed. Infantil recollendo os froitos de outono que hai no noso centro
E aquí está a súa exposición con mazás, uvas, granadas, noces, castañas...
A que lles quedou ben bonita?
PREVENCIÓN DE INCENDIOS
Desde a Consellería de Medio Rural e do Mar, os técnicos e axentes do Distrito VIII: Terra de Lemos; viñeron de xeito voluntario a falar cos nosos alumnos e alumnas sobre o perigo dos incendios e da importancia de coidar os nosos bosques.
Ademais durante a charla os nenos poideron aprender moito sobre as plantas e os animais dos nosos bosques, dalgúns deles, os técnicos da brigada traían uns bonitos bonecos que reproducían as súas cores e os seus sons:
Pero mentres estabamos aprendendo tantas cousas, surxiu un problema: chamaron aos axentes forestais pola emisora que tiñan para que fosen rápidamente a apagar un incendio que se producira nos montes de Sober.
Menos mal que o bombeiro viña reparado! Empezou a vestirse adecuadamente: un mono, botas, gorro, mascarilla para respirar, gafas, luvas...todo o necesario para apagar un incendio sen peligro!!
Cando saíu para subirse ao camión, resultou que todo fora unha confusión e que non había tal incendio. Así que os bombeiros non tiñan presa por marchar e os nenos e nenas puideron vesirse como eles, subirse ao camión e tocala serea, falar pola emisora e tamén facer practicas coa mangueira.
Para rematar, os membros desta brigada repartíronnos uns piñeiros negros de montaña para que plantaramos nas nosas casas axudando así a protexer a natureza.
Se queres ver tódalas fotos desta actividade pincha aquí.
SEPAREMOS BEN. RECICLAREMOS MELLOR.
Baixo o lema Separemos ben, reciclaremos mellor a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e ECOEMBES puxo en marcha unha campaña dirixida a sensibilizar sobre a importancia de correcta xestión de residuos urbanos; sobre todo informando do material que debe depositarse en cada colector.
Para participar nesta campaña os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo, achegáronse a carpa instalada na praza do Concello na que se lles informou das distintas formas de reciclaxe e das actividades que poden poñer en marcha cada día para actuar dunha forma máis repetuosa co medio ambiente.
Algúns dos consellos que lles deron foron os seguintes:
- COLECTORES AMARELOS: envases de plástico (envoltorios de galletas, iogures, xeles de baño...), metálicos (latas de conserva, botes de bebidas, aerosois...) e briks. Nembargantes hai que ter coidado con residuos que aínda que poderíamos pensar que son deste colector, non o son: xoguetes, cubos ou cepillos de dentes.
- IGLÚS VERDES: estes iglús son os do vidro pero non hai que depositar as tapas nin os vasos que son de cristal, non de vidro.
- COLECTOR AZUL: o colector azul é para o papel e os cartóns pero sempre que non teñan restos de comida, tampouco servilletas nin panos usados xa que estes restos non son aptos para o reciclado.
CHARLA DOS AXENTES DO SEPRONA
Ata o nose cole achegáronse dous axentes da Guardia Civil do Seprona (Servicio de Protección da Natureza) que colaboran con Voz Natura para levar a cabo unha sesión informativa.
Estes axentes faláronlles aos alumnos dos incendios forestais, explicáronlles como traballan e déronlles consellos e suxerencias tanto para evitalos como para poder escapar do lume se se atopan preto dun incendio.
Algúns dos consellos que lles deron se se chegan a ver nesta situación son: correr en contra do vento, situarse nunha zona que xa ardera, non escapar nunca hacia unha zona elevada...
AFORRAR AUGA E ENERXÍA
A partir da reflexión cos nenos do 3º ciclo sobre a situación actual do medio ambiente, elaboramos uns murais con consellos para aforrar auga e enerxía no noso centro. A brigada ecoloxista será a encargada de velar para que estes consellos se respeten.
AFORRO DE ENERXÍA
1. Acende só as luces que necesites e apágaas cando deixes de necesitalas.
2. Abre as persianas e aproveita a luz natural
3. Evita consumos innecesarios de aparatos eléctricos apagándoos cando non os necesites: ordenadores, impresoras, fotocopiadora...
4. Pechas as portas e ventás cando funcione a calefacción
5. Pensa antes de tirar algo ao lixo: pódese reutilizar? Pódese reparar? Pódese reciclar?
AFORRO DE AUGA
1. Non uses o inodoro como papeleira
2. Pecha o grifo mentres lavas os dentes ou frotas as mans
3. Avisa con urxencia se detectas averías de grifos, cañerías, radiadores...
4. Rega as prantas pola mañá, a mediodía evapórase o 30% da auga que utilizas.
5. Cando enchas un botellín ou un vaso para beber, pensa ben a sede que tes.
Ademais do mural, con estes consellos elaboramos uns folletos para enviar as casas, para a biblioteca e para a casa do concello. Así todo o mundo poderá seguilos: