Reciclaxe e reutilización
SUPERLECTORES!!
Calquera epoca do ano é boa para fomentar a lectura; e o entroido non ía a ser unha excepción.
CERTAME DE POSTAIS DE NADAL - 2015
Como cada ano, participamos no certame de postais da Biblioteca Pública Municipal do noso Concello.
A NOSA RIBEIRA SACRA (decembro 2015)
Un dos valores que traballamos moito no noso centro é o respecto á Natureza o que inclúe a regra das 3 R:
Reducir, Reciclar e Reutilizar.
Neste caso, a través de materiais de refugallo quixemos construír unha maqueta da Riberia Sacra que recollese os aspectos importantes dela e, por tanto, do noso concello: Os cañóns do Sil, a viticultura heorica, os miradores, o catamarán, os mosteiros...
Aquí deixamos o resumo deste traballo:
1) CONSTRUÍNDO AS MURAS
2) A TERRA E O RÍO
3) A VIÑA XA ESTÁ PLANTADA
4) ELABORANDO OS COMPLEMENTOS
5) OS DETALLES:
o catamarán feito dunha garrafa de 5 litros,
os miradores de ramas secas,
a área recreativa co santuario de Cadeiras e o seu merendeiro á sombra dos carballos nun día de Sol
e a avioneta co título da obra.
6) ORGULLOSOS DO RESULTADO
A NOSA ÁRBORE DE NADAL - 2015
Chega o Nadal e como cada ano queremos adornar a nosa árbore con adornos feitos por nós mesmos con materiais de refugallo. Este ano empregamos páxinas de xornais.
O primeiro foi facer uns ruliños con cada páxina, despois trenzalos entre eles e a continuación darlles forma alongada ou circular.
Unha vez que temos os adornos feitos, só queda darlles un pouco de cor e colgalos.
REUTILIZANDO... Outono 2015
Dentro do Proxecto Voz Natura,temos moi presentes a regla das 3 R: Reducir, Reciclar e Reutilizar.
Nestes días os nenos e nenas de Infantil adicáronse a reutilizar para facer uns fermosos animais: de tubos de cartón fixeron uns bufos e con follas de outono uns ourizos.
Cal destes animais vos gusta máis?
TEMPO DE CASTAÑAS (29 - 09 - 2015)
Chega o outono e as castañas; pero aínda é cedo para os magostos... así que mentres se achega o magosto do cole ímoslle dando outro uso as castañas do noso castiñeiro.
Cun pouco de maxín, unhas castañas, uns escarvadentes e un punzón os alumnos van dándolle vida a estes froitos de outono: persoas, animais, persoas a cabalo...
E aínda que son os maiores do cole, disfrutan como ananos!!
FLOREIROS
De novo, os nenos e nenas máis madrugadores do cole sorpréndennos con esta actividade de reciclaxe.
Colorearon uns tubos de papel hixiénico que pegados a un cartón pelado fan de floreiro.
As talos das flores foron feitas reutilizando follas de papel enroscado e as flores con restos de papeis de cores e de regalo.
APRENDENDO A ATAR OS CORDÓNS
Atar os cordóns é algo moi difícil para os nenos e nenas máis pequenos; por iso na clase de 1º e 2º fixemos unhas zapatillas preciosas para practicar.
Como uns dos valores que traballamos moito no centro a través do Programa Voz Natura son a reciclaxe e reutilización, para facelos debuxamos as zapatillas empregando como soporte cartóns de caixas que o alumnado trouxo da súa casa:
Unha vez que as zapatillas están feitas, temos que aprender a atalas e para iso empregamos unha poesía que nos facilita a aprendizaxe:
COLLE OS DOUS CORDÓNS
UNHA CRUZ TES QUE FORMAR
PASA UN DELES POLA COVA
E DESPOIS A ESTIRAR
AGORA CON DOUS LAZOS
OUTRA CRUZ TES QUE FORMAR
PASA UN DELES POLA COVA
E DESPOIS A ESTIRAR.
E tras aprender a retahíla e moito practicar, aquí tedes as zapatillas ben atadiñas:
No seguinte enlace podes acceder á páxina de Mr. Iglú, onde te esperan unha chea de sorpresas e xogos.
AS ESTACIÓNS DOS MADRUGADORES
Os alumnos e alumnas máis madrugadores do colexio, reflexan na súa árbore da biblioteca o paso das estacións.
Primeiro pintaron follas das caídas en outono con moitas das súas cores; para facer a súa árbore e uns paxariños moi bonitos:
Despois a árbore reflexou as folerpas de neve que caeron no inverno. Que friaxe da vela!
Agora é unha fermosa e florida árbore primaveral que nos alegra o día cada vez que entramos na biblioteca:
O NOSO ENTROIDO NA PRENSA
Na seguinte imaxe podedes ler a reseña de prensa publicada por El Progreso no seu suplemento Ribeira Sacra do día 27 de febreiro de 2015; na que adican toda unha páxina ao noso entroido.
En Común, 2ª Quincena de Febreiro 2015