Día das Letras Galegas

Día das Letras Galegas

CERTAME INVESTIGACIÓN LETRAS GALEGAS 2022

    Cada ano convocamos un certame de investigación en torno ao autor/a ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

 

   Para iso, elaboramos cuestionarios adecuados ás idades do noso alumnado partindo dos materiais publicados polo Seminario Galán e eles teñen un par de días para cumprimentalos buscando información nos carteis enviados pola Xunta de Galicia, nos fondos da biblioteca ou investigando en internet.

 

    Despois valoramos os cuestionarios e entregamos os premios aos mellores investigadores, aqueles que non tiveron nin un erro!!   

   Pero tamén a todos e todas os que participaron xa que esforzarse e investigar sempre ten que ter recompensa aínda que non quedase perfecto.

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2022 - INFANTIL B: Dores do Agro

   O alumnado de Infantil B, pasou polos estudos de Radiuvín para poñerlle voz ao poema Dores do Agro, do autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas: Florencio Manuel Delgado Gurriarán.

 

 DORES  DO  AGRO

Fortes brazos de silveira

o camiño apadumaron;

anda a laiarse o silenzo

da puñelada dos carros

que lle fendeu as entranas;

pola forca dun arame

o parreiral enforcado

bota a lingua para afora, 

o probe corpo estordega,

e remela os verdes ollos

nas ánseas da morte fera.

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021: PREMIOS CERTAME

 Desde a biblioteca facemos cada ano un certame de investigación entre o alumnado de Primaria sobre o escritor/a ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas.

  Pero este ano tivemos unha novidade, o certame foi a través da aula virtual de xeito que cada alumnx que quería participar tiña que entrar na aula virtual e resolver as probas correspondentes.

 

 

 NORABOA  A  TODXS  XS  PARTICIPANTES!!

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021: PROGRAMA DE RADIO

 

   Varixs alumnxs de diferentes cursos de primaria participaron na redacción e gravación deste programa sobre Xela Arias no que poderedes coñecer os seus datos biográficos máis importantes e escoitar algúns exemplos da súa obra: un poema do libro Darío a diario e un capítulo do libro inédito Non te amola! (Música: banco sonidos Ministerio de Educación e bensound.com)

Escoitade atentos!

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021: ACTIVIDADES MANIPULATIVAS

  Para rematar a Semana das Letras Galegas propuxémoslle ao alumnado un par de actividades manipulativas.

  A primeira opción era crear un mini libro que recolle os principiais datos da biografía de Xela Arias elaborado por @amestracris e publicado no seu blog (se queredes facelo, podedes descargalo do enlace)

 

 

  Outra opción era un comecocos con preguntas sobre Xela Arias, este comecocos foi publicado na páxina do Seminario Galán:

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2021: DARÍO A DIARIO

   Seguimos traballando a figura da poeta  Xela Arias  á que se lle adica o  Día das Letras Galegas 2021

   Hoxe achegámonos á súa obra a través de 3 poemas do seu libro  Darío a diario , un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece a súa visión da maternidade.

   Le atentamente o poema que eleximos para a túa clase e despois proba a facer a proba do concurso de hoxe:

 

1º  E  2º  PRIMARIA
 

 

 
3º  E  4º  PRIMARIA

 

 

5º E  6º  PRIMARIA

 

   Para rematar a publicación de hoxe queremos compartir o vídeo musical Hasme oír do grupo A banda da loba no que se cantan varios versos de diferentes poemas desta obra.

 
 

LETRAS GALEGAS 2021: BIOGRAFÍA XELA ARIAS

 

    Este ano o  Día das Letras Galegas  dedícase a  Xela Arias ; para coñecela mellor, durante esta semana faremos diferentes actividades arredor da súa biografía e a súa obra.

   Comezamos por un genially elaborado polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega de diversos coles a través do que coñeceremos os principais datos da súa biografía.

Que vos pareceu a súa biografía?  

Agora para ver se aprendéstedes moito, ide ao seguinte enlace da aula virtual para comezar co noso

 Concurso das Letras Galegas 2021 .

 

 E se non lembras algo, sempre podes volver a ver o genially para atopar a resposta...

 

1º E 2º PRIMARIA

3º E 4º PRIMARIA

5º E 6º PRIMARIA

 MOITA  SORTE!! 

 

AS PITAS BAIXO A CHOIVA - LETRAS GALEGAS 2020

   Despois de varios días falando desta data... HOXE  É  O  DÍA  DAS  LETRAS  GALEGAS!!

 
  Desde o colexio non queriamos perder a oportunidade de facer algo propio para esta conmemoración pese á situación actual na que nos encontramos; por iso, decidimos pedirlle ao noso alumnado un debuxo ou unha foto para a nosa versión do conto As pitas baixo a choiva.
 
 
  Este conto narra un feito anecdótico da infancia do autor que un día descobre desde a fiestra da súa casa que as pitas estanse mollando pola choiva e decide saír e facelas entrar ao galiñeiro para que non se acatarren; pero... ao final... todos os membros da familia acaban mollados como pitos!!
 
 
   O vídeo elaborado coa voces en off de tres alumnos voluntarios de 6º de Primaria (Senén, Pablo e Laura) e coas  ilustracións e fotografías dos alumnos e alumnas que quixeron participar pero tamén coas ilustracións do libro orixinal xa que a editorial Émbora compartiu o conto a través do seu Proxecto Educativo. 
 
     Esperamos que disfrutarades moito deste vídeo-conto e coma sempre, dar as grazas a todo o alumnado que participou e as súas familias por responder a esta iniciativa.
 
    Para rematar, deixámosvos dous puntos de lectura que fixemos a partir das caricaturas dispoñibles no Seminario Galán por se queredes imprimilos e colorealos.
 
 
FELIZ  DÍA  DAS  LETRAS  GALEGAS!!

LETRAS GALEGAS 2020 - RICARDO CARVALHO CALERO

    Hoxe compartimos dous recursos para seguir traballando sobre o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas.
 
   Para o alumnado de infantil e 1º e 2º de Primaria, deixámosvos o libro de Os Bolechas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
 
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20772.pdf
 
 
   Para os cursos máis altos compartimos este quizizz elaborado pola profe Montse. MOITA  SORTE!
 
https://quizizz.com/join/pre-game/running/U2FsdGVkX19NuLqJke7VrVlQ7g5hDGbDyVBYdDW%252F5GDAvo8K1z1YaLuNKuEUp5JQ6b76JIkYf%252Bn%252Buy9HfMXJ8g%253D%253D/start
 

LETRAS GALEGAS 2020 - RICARDO CARVALHO CALERO

    Hoxe queremos compartir con vós un par de xogos interactivos (scape rooms) elaborados por Alba Carril do CPI de Vedra:
 
INFANTIL, 1º  E  2º  DE  PRIMARIA

 

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20
 
 
3º, 4º, 5º  E  6º  DE  PRIMARIA
 
https://view.genial.ly/5ea84324637c610dbf867ff2/game-breakout-letras-galegas-2020?fbclid=IwAR3Dt84FalOZv-jz_lrAic2K_QOFIZ9d8vDt8J5EcK1eEbNG42aDEfhqrZE
 
Distribuir contido