Magosto
MAGOSTO 2015
Enviado por floragrande o Xov, 05/11/2015 - 16:15O MAGOSTO DO COLEXIO SE O TEMPO O PERMITE,
SERÁ O VENRES DÍA 6 DE NOVEMBRO ÁS 14:15 HORAS
MAGOSTO - 2014
Enviado por floragrande o Lun, 17/11/2014 - 16:57Por mor do mal tempo, o magosto trasladouse a hoxe.
Esperemos que o tempo hoxe sí que nos acompañe.
O MAGOSTO - 2014
Por fin, hoxe puidemos celebrar o noso magosto!!!
Os nenos e nenas máis maiores, co profesor de Educación Física; foron os encargados de asar as castañas mentres os demais esperabamos con impaciencia.
A espera mereceu a pena porque as castañas estaban boíííííííííísimas.
Para ver todas as imaxes deste magosto, vai a galería.
Se queres seguir pasándoo ben co magosto, aquí tes varios xogos on-line:
CELEBRAMOS O MAGOSTO (Actividades LIM de Ana Martínez Rey)
O MAGOSTO (Actividades JCLIC de Félix Pimentel e Dolores Iglesias)
O MAGOSTO
Xa chegou o tempo das castañas e do magosto!
E no colexio non podiamos ser menos, así que como cada ano nós tamén fixemos o noso magosto. Mirade que ben as asamos:
Que ricas e saborosas estaban!
XORNADA MICOLÓXICA E MAGOSTO
Enviado por floragrande o Lun, 04/11/2013 - 16:04Como cada ano saíremos ao campo a buscar cogumelos cos nenos e nenas de Primaria.
Pola tarde, celebraremos o magosto.
MAGOSTO 2012
O pasado venres, día 9 de novembro pola tarde, celebramos no noso centro o Magosto.
Este ano cambiamos de ubicación e celebrámolo nun dos laterais do cole, onde os nenos puideron poñerse a sombra para comer as súas castañas, pois aínda que estamos en outono o sol quentou bastante para que puideramos disfrutar desta actividade.
MAGOSTO 2011
A quen non lle gustan unhas boas castañas asadas?
Ou unhas riquísimas rosquillas de As Lampazas?
MAGOSTO 2010
Estamos en novembro, a época por excelencia dos magostos; e como a nós tamén nos gustan moito as castañas organizamos un bo magosto con moitos xogos por equipos.
MAGOSTO 2009
Como todos os anos no mes de novembro celebramos o magosto no colexio. Despois de comer organizamos moitos xogos mentres os profes asan as castañas.
¡Qué boas están!