Recuperación de espazos degradados

SOPORTAL ENTRADA

     O ano pasado recuperamos parte da entrada do colexio:

arreglamos as xardineiras e fixemos un mosaico de pedras pintadas

xardineira entrada  Mosaico rematado

Este ano queremos darlle unha man de pintura ás columnas do soportal.

Como este traballo é máis difícil porque hai que lixar o óxido da pintura e subirse a uns andamios improvisados; contamos cunhas axudantes especiais que son as nais dos nosos alumnos e alumnas:

arrincando maleza  arrincando maleza  arrincando maleza

lixando  pintando  pintando

soportal principal

XARDINEIRAS EXTERIORES

    Comeza un novo curso e temos enerxías renovadas para intentar facer o colexio máis bonito. Unha das zonas que queremos recuperar este ano é o peche exterior e para iso, empezaremos coas xardineiras que se encontran na entrada ao recinto escolar.

    O primeiro que hai que facer é arrincar toda a maleza que medrou nelas, despois plantaremos unhas bonitas prantas e pintarémolas para que queden fermosas.

    Así era como estaban xardineira como estaba e así como quedaron xardinetia entrada

Que bonitas están!! Se queres ver como foi a súa transformación preme aquí.



PECHE EXTERIOR

Este peche tamén necesita un pouco de traballo:

Arrincar as silvas e a maleza que se apoderaron del e da tela metálica.

cierre con maleza

Poñémonos a traballar entre todos, incluída a nosa cociñeira Mari Luz que todas as mans son poucas para tentar arrincar toda esta maleza.

nenos arrincando a malez   nenos arrincando a malez

Aínda que queda traballo por facer, agora xa se pode ver o peche exterior:

peche sin maleza

 

 

MOSAICO DE PEDRAS

O seguinte espazo que queremos recuperar é o terreo lateral que hai arredor da entrada.

Empezamos por arrincar as herbas e rastrillar a terra para quitar as pedras.

Rastrillando     Rastrillando

Unha vez que o terreo está preparado, pintamos os bancos da mesma cor que as xardineiras

pintando

A continuación recollemos pedras da parte traseira do colexio e pintámolas de cores.

recollendo pedras    pintando as pedras

Despois cubrimos o terreo cunha lona de plástico para que non volten a medrar as malas herbas e colocamos as pedras de cores, pedriñas brancas e corteza para facer o noso mosaico.

colocando pedras   facendo o mosaico

Este é o resultado final:

Mosaico rematado

VER MÁIS IMAXES DO PROCESO

XARDINEIRAS

O primerio espazo que queremos recuperar é a entrada ao noso centro e empezamos polas xardineiras.

xardineira  xardineira

Ao principio estaban cheas de malas herbas polo que temos que arrincalas e renovala terra para as novas plantas.

arrincando maleza  renovando a terra

A continuación  pintámolas de color vermello e plantamos unhas bonitas flores de tempada.

pintando  plantamos

Este é agora o aspecto das nosas xardineiras:

jardineras preparadas  jardineras preparadas

VER MÁIS IMAXES

Distribuir contido