Horto escolar
PLANTAMOS NA HORTA
Enviado por floragrande o Mar, 24/03/2015 - 13:06Contaremos coa presenza de Mar Sabater para introducir aos nenos nas boas pácticas á hora de sementar e plantar no noso horto.
ABRIMOS O HORTO
Chegou a hora de abrir o horto para voltar a sementar e plantar hortalizas.
Os primeiros que veñen son os traballadores do concello veu a cavalo para eliminar as malas herbas que creceron durante o outono e o inverno.
Despois empeza o noso traballo:
PREPARAMOS O HORTO PARA O INVERNO
Despois de recoller as últimas hortalizas que quedaban no horto; cubrimos toda a terra con folla seca para mantela ben coidadiña ata que voltemos a abrir o horto alá pola 2ª avaliación.
A pena foi que as hortalizas que quedaron non deron moi boa colleita: ademais de poucas foron un pouco ruíns.
COMEMOS OS NOSOS REPOLAZOS
Estos días estamos a comer no comedor do colexio os repolazos da nosa colleita.
O primeiro día comemos un caldo de repolo ben rico e hoxe comemos un cocido moi saboroso!!
RECOLLIDA TRALAS VACACIÓNS
Comeza un novo curso, pero no noso horto aínda temos que recoller os froitos do traballo do curso pasado; xa que no verán os produtos sementados seguiron medrando.
Hoxe puidemos recoller o resultado deste traballiño que pasamos e recolectamos bastantes allos porros, repolos tan grandes coma os nenos de infantil e cebolas non tan grandes...:
XA TEMOS AMORODOS!!
Xa temos amorodos da nosa colleita!
Aínda que non chegan para todos, si que lle dan un sabor especial ao noso postre!
Ummmmm! Que saborosos!!
O HORTO EN ABRIL
Despois de preparar a terra e sementar, hai que seguir traballando. Para que o horto empece a dar resultados, así é como traballan os nosos alumnos.
Como podedes ver, as nosas hortalizas medran moito.
TRABALLANDO NO HORTO
Enviado por monserodriguez o Ven, 28/03/2014 - 19:42
Hoxe os nosos alumnos tiveron unha idea estupenda.
Recolleron as follas secas polo patio e extendéronas entre as plantas de repolos e leitugas do horto. Desta maneira conseguimos dous obxectivos:
- As malas herbas tardarán mais tempo en saír.
- A terra conservará mellor a humidade e así evitaremos ter que regar con tanta frecuencia.
TRABALLANDO NO HORTO
Coa melloría do tempo, empezamos a traballar o noso horto. Primeiro o persoal do Concello veu a cavalo para eliminar as malas herbas que medraron durante o duro inverno:
Despois cos nenos e nenas do 3º ciclo, plantamos leitugas, cebola, allos porros e repolos. Tamén sementamos cenorias:
Agora a esperar que medren!!
RECOLLIDA TRALO VERÁN
Acaba de comezar un novo curso, pero o noso horto non entende o calendario escolar e nel non houbo vacacións de verán senón que os produtos sementados seguiron medrando.
Grazas a isto, hoxe puidemos recoller o resultado do traballiño que pasamos o ano pasado e colectamos as nosas patacas e as nosas cebolas:
Tamén colectamos uns repolos cos que a nosa cociñeira Mari Luz nos fixo un boísimo caldo