Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E VÍDEO: QUE É PARA TI A COSTA DA MORTE?

O Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte que agrupa 17 concellos (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas) convoca a primeira edición do concurso de fotografía e clips de vídeo online #MarcaCostadaMorte para fomentar entre o alumnado á posta en valor das paisaxes, patrimonio, mar, agro, industria... que dan identidade ao territorio

As persoas participantes deberán publicar unha fotografía/clip en Instagram desde o perfil de usuario/a da aplicación. A foto/clip deberá conter unha imaxe ou escena localizada no territorio do GDR Costa da Morte: paisaxes, persoas, produtos, etc, xa sexa en interior ou en exterior.

O prazo de publicación de imaxes ao concurso e as votacións das persoas participantes establécese dende o 1 ao 31 de xullo de 2020.

BASES DO CONCURSO

CONSENTIMENTO DE MENORES.

REVISTA DE FIN DE CURSO

Publícase a revista deste curso 2019-2020.

Desexamos que vos guste!!!

8º CONTO PARA OS NENOS/AS DE 1º.

Deixo o 8º vídeo e os links á historia escrita e actividades.

Hitoria escrita.       Actividades.

7º CONTO PARA O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA.

Deixo o 7º vídeo e os links á historia escrita e actividades.

Hitoria escrita.       Actividades. 

EDUCACIÓN FÍSICA E MEDIO AMBIENTE

5 de Xuño: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE


Aproveitando este día propóñovos, desde a área de Educación Física, uns cantos xogos con material de refugallo.

Existen moitos, anímovos a que poñades en funcionamento a vosa imaxinación... que outros xogos podedes inventar?

- Birlos con botellas de plástico recheas dun pouco de area ou auga... e  con unha bóla ou pelota pequena tentar derrubalos desde diferentes distancias.(a pelota tamén se pode facer con papel de periódico e celo).

- A Encestar!: lanzar bolas de papel de periódico desde diferentes distancias e intentar encestalas nun cubo ou cesto que teñamos pola casa. Cada vez que acertemos un lanzamento temos que dar un paso atrás para afastarnos. Se fallamos un paso adiante para acercarnos. Quen o consegue facer desde máis lonxe?

- A esquivar!: facemos unha fila con varias botellas de plástico e temos que pasar entre elas en zig-zag de diferentes maneiras: correndo cara adiante, de costas, con patinete ou patíns... intentando non derrubar ningunha. Quen é capaz?

- Saltando illas: Necesitamos varias follas de xornal polo chan separadas a diferentes distancias. O xogo consiste en desprazarse ata a meta, pisando só sobre elas tentando non caer a auga porque hai crocodilos! Hai que ter equilibrio! Se o conseguimos podemos repetir pero dobrando a metade cada folla... e así ata que sexa imposible manter o equilibrio!

- Reto: con só dúas follas de periódico hai que conseguir chegar dunha habitación da casa a outra pisando só enriba dos papeis, pero ollo! non se pode arrastralos cos pés. Quen o consegue?

Tamén se pode construír material moi divertido sen gastar diñeiro e axudando a coidar o medio ambiente:

- Fai tempo colguei na web un docuemento para facer un iogurcesto, é moi fácil e rápido de facer. E tamén moi divertido xogar con el. Asique se ainda non o fixeches podes aproveitar a ocasión. Clic aquí

- Outra opción é construir un Suavicesto, con un bote de suavizante que teña asa para logo ser capaz de recoller unha pelota con el. Atréveste?

Aquí podedes ver o vídeo para construír un. Como hai que usar unha serra ou un cúter, tédelo que facer con un adulto. https://www.youtube.com/watch?v=HMI343fzE40

- Tragón de tapas: se reciclades as tapas das botellas podedes facer algo parecido ao da imaxe. Que vos parece? Hai que ter puntería!

Si vos animades a facer algo non dubidedes en mandarme unha fotiño ou vídeo para vervos! ;)

Un saúdo!

 

Sonia Paz

Distribuir contido


by Dr. Radut