Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade acaba de publicar a ORDE pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

a.    Non presentará solicitude:
O alumnado que resultou beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021-2022.

b.    Presentará solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que:
•    Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €
•    Alumnado matriculado en educación especial
•    Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
•    Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

  As persoas que cumpran estes requisitos poderán presentar a solicitude ata o 26 de novembro.
•    As solicitudes presentaranse no centro (solicitando cita) utilizando os anexos, que poden recoller en conserxería.
•   Tamén deberán aportar libro de familia ou volante de convivencia (excepcionalmente), anexo II, sentenza xudicial ou convenio regulador (en caso de separación ou divorcio), certificado do grao de discapacidade e documentación xustificativa de violencia de xénero (se é o caso). Toda a documentación reflectirá a situación familiar, persoal e económica a 31 de decembro de 2019.

 



page | by Dr. Radut