Skip to Content

CEIP Virxe da Barca - Rúa Enfesto, 13, 15124 Muxía  (A Coruña) - 881880794

PROCEDEMENTO PARA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS EN EDUCACIÓN PRIMARIA.

Facilitamos información sobre a  Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
 Poderá optar as máscaras:

  1. O alumnado que fora beneficiario da  axuda de material escolar no curso 2020-2021 e xa non deberán presentar nada máis.
  2. O alumnado non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións debera cubrir a solicitude mediante o ANEXO I (que poden descargar ou solicitar no centro):

•    Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
•    Alumnado matriculado en educación especial.
•    Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
•    Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

A solicitude poderase entregar no centro previa cita xunto co libro de familia e o ANEXO II ata o 27 de novembro.



page | by Dr. Radut