ENTRADAS E SAÍDAS CURSO 2021-2022
ENTRADAS EDIFICIO COVADONGA
As portas abriranse ás 09.30 horas. A persoa responsable irá chamando ao alumnado por cursos, de maior a menor, que irán facendo filas onde se lles indique, respectando sempre a distancia de seguridade e con máscara obrigatoria. Cada aula subirá con un profe.
SAÍDAS EDIFICIO COVADONGA
A saída do alumnado que non utilice o servizo de comedor será ás 14:25 horas, na mesma orde que se produciron as entradas.
O alumnado de comedor comerá na primeira quenda (14:20 horas), e a súa hora de saída do centro será ás 15:15 horas.
ENTRADAS EDIFICIO EIROÁS
A porta principal abrirase ás 09.30 horas. Por esa porta entrarán, seguindo esta orde, 2º primaria, 1º primaria e despois o alumnado de infantil, que só poderá entrar acompañado dun adulto, con máscara e respectando as normas e distancias de seguridade. A persoa responsable indicará ao alumnado onde se ten que situar ao entrar ao centro.
O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, entrará polo portalón de atrás, que dá acceso ao campo de fútbol sala. Esa porta abrirase ás 09.35 horas. Entrarán por aulas de maior a menor, e a persoa responsable indicaralles o lugar onde se teñen que situar para posteriormente subir ás aulas acompañados polo profesorado responsable.
SAÍDAS EDIFICIO EIROÁS
A saída do alumnado que non utilice servizo de comedor producirase pola mesma porta pola que entrou, e na mesma orde, a partires das 14.25 horas.
O alumnado que utilice o servizo de comedor, que será a 2ª quenda, esperará nas filas no sitio que se lle indique, respectando a distancia de seguridade e con máscara, onde estarán as colaboradoras que os acompañarán ao edificio de Covadonga.
Todos estes procedementos, una vez que estean dentro do edificio do cole, realizaranse en grupos de convivencia estable, procurando que os nenos e nenas da mesma aula estén sempre xuntos e á súa vez, separados do resto de aulas.