Estas axudas teñen por obxecto apoiar económicamente ás unidades de convivencia empadronadas no Concello de Ourense para a compra de libros e material escolar e comedores escolares.
Son destinatarios desta convocatoria as unidades de convivencia en desvantaxe social e con menor poder adquisitivo residentes no Concello de Ourense que, na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes cumpran os requisitos do citado artigo, entre outros:
- Estar empadroados no Concello de Ourense, con tres meses mínimo de antigüidade, todos os membros da unidade de convivencia.
- Que a capacidade económica anual non exceda de 4.000 euros por membro da unidade de convivencia (renta per cápita) para as axudas de libros e material escolar, e de 3.700 euros por membro da unidade familiar, para as axudas de comedor.
Máis información, no seguinte enlace: https://sede.ourense.gob.es/public/catalog-detail/axudas_libros_comedor