Skip to Content

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2020-2021

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

PRAZO DAS SOLICITUDES

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

 

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN

De acordo co previsto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, dada a relevancia da documentación requirida no procedemento, as persoas interesadas deberán achegar os documentos orixinais ou copias cotexadas. Cando a documentación se presente no centro docente,achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifiquea súa autenticidade.

ANEXO I E II

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23300466

 

TELEMÁTICA

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

 

PRESENCIAL

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 

 

DEBIDO A SITUACIÓN EXTRAORDINARIA PRODUCIDA POLA COVID-19, PARA A PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN NO CENTRO SERÁ INDISPENSABLE TER CITA PREVIA E TRAER TODA A DOCUMENTACIÓN SOLICITADA.

O CENTRO NON REALIZARÁ FOTOCOPIAS.

PARA MÁIS INFORMACIÓN E CITAS PREVIAS CHAMAR AO NÚMERO 988783082

 

AdxuntoTamaño
23300466.pdf1.63 MB


page | by Dr. Radut