Skip to Content

INSTRUCCIÓNS RELATIVAS Á 3ª AVALIACIÓN

En relación ao desenvolvemento da terceira avaliación do presente curso escolar 2019/2020 e, tendo en conta as Orientacións provisionais do 17 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso 2019/2020 (Á espera da publicación da normativa estatal correspondente) establecidas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, establécense as seguintes medidas por parte da dirección do centro:

 

1.- A actividade lectiva seguirá a ser non presencial (ata que se estableza o contrario) e continuará ata o venres 19 de xuño de 2020, tal e como se establece na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/2020 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Desde a Consellería de Educación non se descarta, se a situación sanitaria o permite e atendendo tamén a criterios de benestar emocional, un peche de curso presencial que facilite a despedida de alumnado e docentes.

 

Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do alumnado.

 

2.- Para a avaliación final e promoción do alumnado teranse en conta os datos obxectivos dos dous primeiros trimestres e o carácter diagnóstico do terceiro trimestre.

 

A avaliación das aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades lectivas presenciais será continua e acentuará o seu carácter diagnóstico e formativo en todas as etapas, para valorar os avances realizados e os atrasos que se teñan podido producir, con obxecto de planificar as medidas de recuperación que sexan necesarias e programar o vindeiro curso.

 

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas.

 

Emitirase un informe individual valorativo do traballo realizado polo alumnado durante curso, que incluirá os atrasos que puidesen terse producido e un plan de recuperación destes.

 

3.- O intercambio de material didáctico funxible (fichas, documentos…) terá lugar a través de correo electrónico. A tal efecto, establécense unha serie de correos electrónicos por aula, desde os cales os/as mestres/as enviarán o material didáctico ás direccións de correo electrónico facilitadas polas familias ao centro.

 

Son as seguintes:

 

Educación Infantil

infantilcorpinho@gmail.com

1º e 2º de Primaria

primeiroesegundocorpinho@gmail.com

3º e 4º de Primaria

terceiroecuartocorpinho@gmail.com

5º e 6º de Primaria

quintoesextocorpinho@gmail.com

 

Unha vez que os nenos/as realicen o traballo proposto, deberán escanealo e envialo de volta á dirección de correo electrónico que corresponda ao seu curso para a súa revisión por parte dos mestres/as.

 

IMPORTANTE: Aquelas familias que non facilitasen a dirección de correo electrónico ao centro no momento de matriculación dos seus fillos/as ou ben a teñan desactualizada, deberán enviar un correo electrónico á seguinte dirección: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.es comunicando a súa dirección de correo electrónico actual no prazo máximo de 2 días.

 

Aquelas familias que non dispoñan de internet ou medios electrónicos nos seus fogares que permitan a recepción, envío e impresión do material didáctico, deberán comunicalo inmediatamente ao centro, enviando un correo electrónico á seguinte dirección: ceip.virxe.corpinho@edu.xunta.es. Exclusivamente neste caso, o colexio enviará o material ao Concello de Begonte que será o encargado de recepcionalo e imprimilo para que despois efectivos da Garda Civil, Protección Civil ou persoal municipal o leven directamente á dirección familiar que consta nos rexistros do centro.

 

Na páxina web do centro e nos diferentes blogues (infantil, biblioteca…) colgaránse numerosos recursos educativos complementarios para que os nenos/as os poidan empregar durante o que resta de curso.

 

4.- A comunicación directa entre os mestres/as e as familias terá lugar preferentemente a través do servizo de mensaxería da aplicación “Abalar Móvil”. Opcionalmente, as titoras dos diferentes niveis poderán crear se así o consideran, un grupo de Whatsapp coas familias de cada clase de xeito excepcional mentras se manteña a actividade lectiva de carácter non presencial.

 

5.- Asimesmo, a través do servizo de mensaxería de “Abalar Móvil” ou o grupo de whatsapp os mestres/as, se así o estiman oportuno,  poderán acordar a celebración de videoconferencias de carácter grupal co alumnado mediante a plataforma “Cisco Webex” co obxectivo de charlar cos nenos/as, aclarar dúbidas…

 

Pódese consultar o titorial de funcionamento da plataforma premendo AQUÍ.

 

O/A mestre será o encargado/a de abrir a reunión e serán as familias as que terán que unirse á devandita reunión introducindo a contraseña da reunión na plataforma de Cisco Webex.

 

A contraseña da reunión será facilitada por cada mestre/a a través da mensaxería de Abalar Móvil ou grupo de whatsapp no momento de convocar a reunión.

 

6.- Recoméndase consultar habitualmente a web do centro ante posibles novos avisos e comunicacións. Asímesmo, cómpre consultar habitualmente os servizos de mensaxería citados anteriormente para atender as indicacións dos mestres/as respecto do seguemento da actividade lectiva dos seus fillos/as ata o final de curso.

 

Moitas grazas pola voso apoio, comprensión e colaboración. Un cordial saúdo.

 

O Director



story | by Dr. Radut