Como todos os 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas , pero desta vez da maneira máis anómala nun centro educativo, confinados nas nosas casas.  

 

 

A figura relavente como todos e todas sabedes é Ricardo Carvalho Calero. Para facer a nosa pequena homenaxe tanto no Blogue da Biblioteca como no de 4º tedes unha morea de actividades en torno á obra e a figura deste destacado escritor do S XX.

Para aqueles e aquelas máis curiosos deixamos unha recompilación de recursos elaborada por M. Hermida e M. Ponte

https://aulasgalegas.org/especial-letras-galegas-2020-ricardo-carvalho-c...

Para rematar deixámosvos un pequeno video  agasallo da profe Noelia, para que lembremos que unha lingua viva non poder estar soamente nos libros.

Tags: Día das letras Galegas, Taboleiro