Skip to Content

Educación Física

PATIOS EN ACCIÓN

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
A finais de novembro deron comezo os campionatos de brilé (organizados pola especialista de Educación Física) nos recreos dos martes e dos venres para os cursos de educación primaria. Rematarán a mediados de xaneiro.

PROBA ESCOLAR DE CROSS EN LIÑARES

O xoves 5 de decembro celebrouse na praia fluvial de Liñares o campionato zonal de campo a través, coa participación de case 900 escolares de centros da Estrada, Cuntis e Moraña. O noso cole conseguíu un diploma e unha medalla, grazas a dúas campioas: Sara Neira López (de 2º de primaria) e Celia Castaño Pazos (de 3º de primaria). Noraboa a elas e a todos os participantes polo seu esforzo e a súa deportividade. E grazas ás familias pola súa colaboración.

-Horarios e percorrido.

- Galería de fotos.

- La Voz de Galicia.

- Resultados competición 5 de decembro.

ADMITIDOS NO PLAN PROXECTA

Resultado de imagen de plan proxecta

O noso centro foi seleccionado para participar, durante o curso 2019/2020, no programa PDC (proxecto deportivo de centro) - CENTROS ACTIVOS E SAUDABLES do Plan Proxecta.

JUDO NO COLE

Resultado de imagen de judo  gif

O xoves, 3 de outubro, todo o alumnado de infantil e primaria asistíu a unha sesión de Iniciación aos deportes de loita: judo, polo que deberon vir ao colexio con roupa deportiva.

Proximamente colgaremos fotos do evento.

cuento motor glogster

CAMPIONATO LOCAL DE BÁDMINTON

Os días 26, 27 e 28 de abril parte do alumnado das aulas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, tivo a oportunidade de participar no Campionato Local de Bádminton de A Estrada que se celebrou no pavillón polideportivo Manuel Coto Ferreiro. A actividade ubicase dentro do proxecto Xogade no que participa o centro. Tendes unha pequena mostra de imaxes nas Galerías.

FOTOS CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

Nas Galerías de fotos da nosa páxina podedes acceder á colección de imaxes tomadas durante o desenvolvemento da actividade de Campo a Través o 30 de novembro na que participaron alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º curso de Educación Primaria

PÉS, PARA QUE VOS QUERO?

CARTEL campo a traves2016

O 30 de novembro os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de primaria inscritos participaron na carreira campo a través que tivo lugar na praia fluvial de Liñares. Alí estiveron tamén os CEIP de Oca, Codeseda, Figueiroa, Pérez Viondi e Lourdes; o IES Nº 1 e o CPI Aurelio Marcelino de Cuntis. Foron arredor de seiscentos os participantes, que se distribuíron en catro categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.

- Descargar circuíto. 

- Ver fotos.

TORNEO DE BÁDMINTON

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Os días 26, 27 e 28 de abril, parte do alumnado de 3º, 4º e 6º de primaria participou na Estrada nun torneo de bádminton, que se enmarca no Programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar), organizado pola Secretaría Xeral para o Deporte en colaboración coas agrupacións deportivas e federacións galegas. 

Fotos da actividade

ACTIVIDADES TICs EDUCACIÓN FÍSICA

Distribuir contido


by Dr. Radut