Skip to Content

A prensa do Deza

FOTOGRAFANDO RUTA DOS CRUCEIROS

O venres 28 realizamos a ruta dos cruceiros.

Partindo dun libro elaborado por antigo alumnado do colexio que fora dirixido por Olimpio Arca (editado pola A.C. Vagalumes), creamos o noso propio libriño de actividades, centrándonos só nos cruceiros máis próximos ao colexio, o cruceiro de Cora, o da Gándara e o de Santa Cristina.

Á súa vez quixemos resaltar tamén o noso pratrimonio máis enxebre, tanto material como inmaterial. Polo que nos propuxemos fotografar todo o que iamos atopando polo camiño e consideramos que nos é propio, vernáculo e que nos representa como pobo.

 

 

- Faro de Vigo.

Día do Libro

DÍA DO LIBRO

Este domingo 23 de abril, conmemórase o día do libro.

Nós comezamos celebrandoo cun apadriñamento e amadriñamento lector, creamos un carnés e elaboramos uns marcapáxinas.

 

Esta semana os máis grandes do colexio escolleron un libro para contarllo aos seus afillados e hoxe despois do recreo tivo lugar ese tempo de lectura onde grandes e pequenos disfrutan.

- Galería de fotos.

- Faro de Vigo.

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

Mens sana in corpore sano

O noso alumnado de 5º e 6º de primaria, xunto con máis de 400 escolares da zona, tomarán as rúas do casco urbano da Estrada o vindeiro martes 25 de abril co gallo da celebración do Día da Educación Física na Rúa, unha iniciativa que naceu co fin de expoñerlle á sociedade os beneficios desta materia, dándolle visibilidade nos espazos públicos.

A proposta parte da Agrupación Deportiva Escola da Estrada, contando co apoio de todos os centros escolares do municipio, tanto de primaria como de secundaria.


A xornada comezará ás 11.00 e estenderase ata as 13.00 h.
Os centros escolares dividiranse por zonas, ocupando a praza do Concello, os xardíns municipais, a rúa Serafín Pazo e a rúa Calvo Sotelo, nas cales os escolares realizarán diferentes actividades deportivas.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

XORNADA DE PIRAGÜISMO

IMG-20230417-WA0008.jpg

O alumnado de 6º de primaria gozou hoxe, 17 de abril, dunha xornada de familiarización co piragüismo no encoro de Verducido (Pontevedra).

Navegaron en dragóns, embarcacións de vinte prazas cun tambor e un timonel que axudan a dirixir e coordinar o ritmo das paladas.

Esta actividade enmárcase no Plan de Vida Activa e Deportiva (PVAD) na modalidade de Xogade.

Botádelle un ollo ás fotos nas Galerías.

-Faro de Vigo.

-La Voz de Galicia.

TEATRO E PASEO POR SANTIAGO

IMG-20230413-WA0016.jpg

Onte, 12 de abril, o alumnado de infantil e de 1º, 2º e 3º de primaria viaxou a Santiago de Compostela para asistir no auditorio Abanca ao espectáculo de Caramuxo Teatro Feo!, inspirado en O patiño feo de Hans Christian Andersen.

Unha pequena fábrica de parrulos de goma  produce todos os días centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, pero un día sae un diferente... Ao final, démonos conta de que todos os patiños de todas as cores son bonitos e válidos.

Feo! é un canto á diversidade e á esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia. Tamén obtivo o Premio María Casares 2017 ao mellor espectáculo infantil.

Despois do teatro, tocou merendar na praza de Mazarelos e xogar na alameda de Santiago.

Mirase as fotos nas Galerías.

- FARO DE VIGO.

- VOZ DE GALICIA.

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo celebramos o día da poesía no colexio.

A poesía esperta os sentidos mediante as palabras.

Escoitala fainos SENTIR!!

Por iso nos reunimos para recitar e escoitar poemas.

Cada aula escolleu poemas, tanto de poetas coñecidos/as coma de elaboración propia. E fómolos recitando desde os máis pequechos/as ata os maiores.

- Faro de Vigo.

NINA NINETTE

IMG-20230322-WA0002.jpg

Este mércores, 22 de marzo, o alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria asistiu a un espectáculo de danza moderna titulado Nina Ninette no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Tamén visitaron a Cidade da Cultura.

Tedes fotos da saída nas Galerías.

- Faro de Vigo.

SEMANA DA PRENSA

Celebramos a semana da prensa no noso colexio e realizamos diversas actividades. Vimos as partes da noticia e creamos noticias propias. Ademais o alumnado de 5° está dentro do programa Prensa Escola, grazas a este programa recibimos xornais todo o ano e traballase a actualidade e a prensa a cotío.

 

 

- Faro de Vigo.

SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA E Á CIDADE DA CULTURA

IMG-20230302-WA0012.jpg

Onte, 2 de marzo, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria viaxou a Santiago para asistir no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela ao concerto Minimozart, da Real Filharmonía de Galicia, e para visitar a Cidade da Cultura.

Pasaron un día xenial!

- Fotos.

- Faro de Vigo.

- La Voz de Galicia.

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro é o día de Rosalía. O noso colexio non quixo que pasara desapercibido este día e sumámonos á iniciativa FLORES PARA ROSALÍA, cada neno e nena elaborou unha flor e xunto cunha tarxetiña levárona para a súas casas. 

Tamén quixémoslle dar visivilidade e colocamos o seu rostro nuhga ventá da fachada do colexio. 

Polo serán fomos ao Teatro Principal de A Estrada ao acto de Rosalía, na que tamén participan os outros colexios da Estrada. Marcos, Esther e Celia recitaron dúas poesías do libro Cantares Gallegos.

  - Faro de Vigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut