O 30 de novembro os nenos e nenas de 3º, 4º e 5º de primaria inscritos participaron na carreira campo a través que tivo lugar na praia fluvial de Liñares. Alí estiveron tamén os CEIP de Oca, Codeseda, Figueiroa, Pérez Viondi e Lourdes; o IES Nº 1 e o CPI Aurelio Marcelino de Cuntis. Foron arredor de seiscentos os participantes, que se distribuíron en catro categorías: benxamín, alevín, infantil e cadete.