Este xoves, 15 de xuño, todo o alumnado do centro viaxou á Coruña para visitar os museos científicos interactivos: Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.
O obxectivo foi ofrecerlles aos nenos e nenas, ademais dunha xornada de convivencia, estímulos e recursos para incorporaren a ciencia á súa cultura e para comprenderen mellor o mundo no que vivimos.