Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 23/24

Admisión 2021-2022 | Colegio Mª Inmaculada

O vindeiro mércores, 1 de marzo, comezará o proceso de admisión de alumnado para o curso 23/24. dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil e Primaria que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.

Unha vez admitido o alumnado no centro docente, queda garantida a súa permanencia nel ata a finalización da etapa de primaria, sen prexuízo do dereito das familias a que soliciten a admisión noutro centro. Polo tanto, a variación de curso ou etapa non require novo procedemento de admisión.

Sen prexuízo da garantía de permanencia, os nais/pais/titores legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo na forma e prazos establecidos e deberán remitir ao noso centro copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.

O horario de atención ás familias para tramitar o procedemento de admisión é o horario de secretaría que figura na barra lateral dereita desta páxina web: de luns a venres, de 10:50 a 11:45 h.

- Anexo II (solicitude de admisión)

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo de 2023.

Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2023.

  • Presentación de solicitudes xunto coa fotocopia cotexada do libro de familia ou do DNI do neno/a.
  • A solicitude será única segundo o modelo ANEXO II, que poderá:

- Recollerse no centro, cubrila e entregala no centro.

- Cumprimentarse on line na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Neste caso, poderase asinar a solicitude na Sede Electrónica ou ben entregala no centro.

- Descargarse e cumprimentarse de forma manual. Neste caso, a instancia deberá entregarse no centro no prazo indicado.

INFORMACIÓN NO PORTAL EDUCATIVO

Normativa de aplicación: 



story | by Dr. Radut