Hoxe celebramos o magosto no colexio.
Durante a semana estivemos facendo manualidades, tamén fixemos "cucuruchos" para gardar as castañas ben quentiñas.
E hoxe, tivemos un obradoiro de manualidades con María Castaña de protagonista, muller que reclamaba dereitos e que se rebelou contra o clero no medievo.
Tamén asamos e degustamos castañas.
E por quendas tivemos uns xogos populares un tanto estranos posto que eran medievais.
Pasámolo xenial! e houbo algún que se fartou e fartou de castañas!