O pasado mes de febreiro o alumnado experimentou gran variedade de desprazamentos sobre rodas. Grazas á colaboración das familias que achegaron ao centro diferentes elementos; patíns, patinetes, monpatíns, triciclos, etc… as sesións de Educación Física e Psicomotricidade centráronse na práctica destas Habilidades Motrices ao mesmo tempo que aprenderon normas e simboloxía relacionada coa Educación Vial.
Se queredes velos en acción premede na imaxe.