Desde o curso pasado estamos tentando mellorar o patio da nosa escola:
- Incluímos un taboleiro de xiz e elementos de madeira que fomentan o xogo simbólico entre os máis cativos.
- Equipamos a pista polideportiva exterior con dúas canastras de minibaloncesto.
- Mercamos tres mesas de picnic para poder merendar, debuxar e xogar.
- Realizamos préstamo de material deportivo para usar durante os recreos: cordas, balóns, raquetas, conos, etc...
Aínda que a chegada da pandemia limitou a nosa forma de organizarnos para xogar e movernos polos espazos do patio, seguiremos traballando para seguir pasándoo así de ben.
Tedes unha mostra de todas estas melloras nas Galerías.